CRÓNICAS 16ª XORNADA DA 3ª DA COSTA: “TAN SÓ BUÑO E CAMELLE GAÑAN OS SEUS ENCONTROS, DOS 8 PRIMEIROS”.

 

Sporting Seaia CF 2-2 CF Porteño

Alejandro Chouziño, (Sporting Seiaia CF) : Tan pronto teñamos o seu comentario colgarémolo aquí. Javi Baña, (CF Porteño) : ” Chegamos con ata 6 baixas, pero cun equipo de garantías. Comezamos floxiños e eles cunha presión moi alta, e non nos estaba a sair ben na primeira metade. Neles notouse as novas fichaxes de Camilo e Mara, e mellorou o equipo, no que se notou tamén a man do entrenador. Camilo marcou os dous goles, e nos tivemos duas boas, pero Lucas que é un seguro de gol, non tivo o seu día e ata fallou un penalti na segunda metade. Si que acertou na segunda cun gran gol, pero fallamos o penalti, e logo perdeuse moito tempo, en especial cos desmallos do seu porteiro. Pero outras cousas coma o de poñer balóns o campo, e eso tamén é fútbol. O árbitro aumentou 10 minutos, que me parecen poucos, pero decir que o árbitro fíxoo ben. No gol noso do empate, o peor foi que o árbitro deunos gol, despois cando se ía a sacr de centro e ante as protestas deles, volveuse atrás, e dixo que como a falta na que se fai o gol era libre indireto, non era gol. Nos protestámos que non podía anular o gol, cando o deu e ía a sacarse de centro, e o final, deu gol, e claro, volveron as protestas deles, e pitou o final do partido. Un empate que nos soubo a vitoria. Decir que o Seaia mellorou moitísimo cas fichaxes. Gustoume moito”. 

Goles : 1-0, Camilo, (40´); 2-0, Camilo, (43´); 2-1, Lucas Caamaño, (47´); 2-2, Juan O Vello, (desconto).

Incidencias : O colexiado Chrístian Grille, expulsou no 60 o adestrador seais, Óscar Mosocoso e no desconto ao porteño, Javi Baña.

 

CD Nantón 2-2 CD Baiñas

Francisco Cerbán, (CD Nantón) : Cando teñamos o seu comentario colgarémolo aquí.

Ángel Insua “Roski”, (CD Baiñas) : “Partido moi igualado donde se puxo por diante o Nantón e conseguimos empatar. Xa na segunda parte moi parecida púxose por diante de novo o equipo nantonés, e conseguimos empatar. Os goles foron de boa xogada do Nantón cun tiro de fora da área, empatou Ruli cun cabezazo da frontal que colle adiantado o porteiro do Nantón. Tivemos un man a man de Anibal para poñernos por diante, e xusto despois un balón deles o pau. Na segunda non tivemos boas o ocasións ningún. Creo que foi xusto o empate para o estado do campo. Non nos adaptamos en ningún momento”.

Goles : 1-0, Pastoriza, (19´), 1-1, Ruli, (33´); 2-1, Pastoriza, (47´); 2-2, Brais, (59´, de penalti).

 

Once inicial do Ameixenda.

 

SD Ameixenda 0-4 Xallas FC B

Fernando, (Delegado SD Ameixenda) : “Tarde complicada para o Ameixenda xa que debido as numerosas ausencias tivo que afrontar o partido con Chapu e Bichinho con molestias (de feito Chapu foi cambiado no descanso). Damián retirouse con unha forte escordadura de nocello e Rivers, substituto de Chapu, tivo unha rotura de cuádriceps polo que o Ameixenda xogou os últimos quince minutos con un xogador menos ao non dispoñer de mais cambios.

Con todo, o partido empezou igualado ainda que o Xallas levaba mais a iniciativa, pero sen ocasións claras aparte dalgún tiro afastado. A peor noticia para o Ameixenda era que Chapu empezaba a resentirse dunhas molestias e Costa tamén se magoaba na íngua ao parar un balón. E para colmo Damián sufría unha escordadura de nocello. Con este panorama o equipo perdeu o sitio no campo e o Xallas aproveitou para marcar o 0-1 no m.43 nun bo remate de volea, e no m.45 o 0-2 nun contragolpe. No segundo tempo daba a impresión de que o terceiro gol do Xallas era cuestión de tempo, non por xogo ou grandes oportunidades (que algunhas tiveron) senon por frescura física. Fixeron os cinco cambios e no Ameixenda entraron dous porteiros (Pikita e Rivers) de xogadores de campo. E Rivers lesiónase no m.75 quedando o equipo con dez. Así o 0-3 chegou no m.69 e o 0-4 no 88. Non se pode pretender gañar, ou polo menos competir se non se levan as convocatorias completas. Con solo 11 ou 12 xogadores é imposible…pero…”.

Goles : 0-1, Jota, (43´); 0-2, Barbeira, (45´); 0-3, Adrián Forján, (69´); 0-4, Adrián Balsa, (descotno).

 

SCD Buño 2-1 Atlético Pereiriña FC

José Antonio Carabel, (SCD Buño) : “Empezamos ben o principio do partido e tuvemos o control e varias situacións peligrosas sobre todo en dúas faltas de Bastón que bateron no largeiro e no pao. Eles esperaban para salir a contra, ainda que sin demasiado peligro. Sacaron un par de corners e nun deles adiantaronse nun bo remate de cabeza de Martín. Cerca do descanso nunha contra Eloy regatea o defensa e no golpeo o porteiro do Pereiriña termina metendo o balón dentro da portería. A segunda mitad foi máis igualada e con ocasions para ambos lados sobre todo con dous mans a mans do Pereiriña nos que Xurxo estuvo moi acertado nun deles e no outro o delantero fallou unha vaselina. Cerca do final, Bastón de falta marcaría o 2-1 no minuto 89“.

Emilio Corzón, (Atlético Pereiriña FC) : “Partido moi igualado con dous rivais con moito respeto. O 1° tempo o Atlético Pereiriña foi máis dominador do xogo, pero con varias contras do Buño con certo perigo. Xa cara o remate desta metade marcou Martín de cabeza tras o saque dun corner. Xa preto do pitido que daría o descanso empatou o Buño nunha xogada moi escorada á banda e sen aparente perigo. No 2° tempo o Buño dominou máis o partido e o Atlético colleu 3-4 contras moi claras, pero que non conseguiron materializar. Xa case ao carón do pitido final, veu un gol dunha falta moi lateralizada e que co desvío dun xogador ceense despistou ao porteiro”.

Goles : 0-1, Martín, (39´); 1-1, Eloy, (44´); 2-1, Sergio Bastón, (89´).

 

-Xogados o sábado-

O Camelle estreou indumentaria do patrocinador Mantido.

 

SD Camelle 4-1 CF Lira

Non tardaba moito en adiantarse o equipo camellán no marcador. O veterán do equipo, Carlos de Dido aos 8 minutos de xogo facía o primeiro, e pouco despois xa poñía terra de por Stiven dende o punto de penalti, (26´), tras unha mano visitante dentro do área. Antes do descanso Rodri “Crejo”, facía o terceiro, (43´), e deixaba pracicamente resolta a contenda. O Lira tivo un balón a madeira.

Na segunda metade os camelláns repregáronse e buscaron roubar o balón para buscar contras aproveitando a velocidade de Rodri, e o Lira era o que levaba o peso do encontro. Xogo embarullado, pero sen faltas de relevancia. Alexis marcaba no 71 un gol que lle podía abrir as portas aos lirachos a loitar polos puntos, pero a resposta camellana foi inmediata, e Sergio, facía o definitivo 4-1, catro minutos despois do gol dos sureños. Estes 3 puntos poñen aos camelláns na loita por alcanzar a promoción, co empate do Zas en Vimianzo.

 

SD Laxe 0-0 SCD Malpica

Falábamos a pasada semana da mellora no xogo dos malpicáns, cos reforzos chegados estes días datrás, e si xa o fixeron ben a pasada semana ante o Camelle, (1-2), desta volta ante un candidato a loita pola promoción, foron quen de mater a porta a cero, por primeira vez no que vai da tempada, sumar un novo punto, (terceiro empate), e acabar sen perder por terceira vez na campaña. Ademáis ten máis mérito o chegar o encontro con tan só un recambio no banco, que non chegou a xogar, polo que os 11 iniciais loitaroon ata o final, nunha mala tarde, climatoloxicamente, e con forte vento.

Así o viron os adestradores :

Lilo, (SD Laxe) : Partido que xogamos con ritmo baixo, tentando ter a posesión, sin desmarques de ruptura, sen desbordes e pouco perigo creamos, unha ocasión na primeira metade, por medio de Miguel, e outra na segunda, na botas de Gora e pouco máis. Eles tamén crearon pouco perigo, somentes atacar con xogadas de estratexia a balón parado. Foi un partido a verdade sen ritmo, sen vertaicalidade, feo para o espectador” . 

Jorge Calvete, (SCD Malpica) : “Partido marcado polo temporal, moita disputa e poucas chegadas a area. A máis clara, unha que saca Lou de banda rápido e erra Jorge Parga no man a man co porteiro. Eles chegaban sin claridade, algún balón longo que sae Lamas por baixo, sin pasar apuros. Na segunda parte achuchamos e tivemos unha de Baye, que remata alto, e a última é máis clara, unha contra na que Baye saca metros a defensa e erra o centro cando Jorge estaba listo para rematar. Non pasamos apuros e faltounos acerto cara a porteria”.

 

CF Castrelo 1-1 Sporting Zas

Así viron os adestradores o encontro :

José Manuel Ordóñez, (CF Castrelo) : “Partido condicionado polo vento. A primeira parte dominou o Zas co vento a favor pero sin moitas ocasións. Nós apenas conseguimos chegar a diante. Na segunda fomos superiores co vento a favor, creando moitísimas ocasións pero non estivemos finos na definición. Marcaríamos o 1-0 con gol de Guillén e tivemos outras para sentenciar. A partires do minuto 30 apretou o Zas e dominou. No 85 ocasión nosa clara para sentenciar, e do que puido ser o 2-0, fpomos o 1-1, na xogada seguinte. E de ahí o final pouco máis. Quedou o Zas no 89 con 10, o ser expulsado Brais por unha forte entrada.

Martín Vecino, (Sporting Zas) : “Encontro incómodo polo forte vento. Encontrámonos o que prevíamos, un Castrelo repregado e buscando as contras. Tivemos varias ocasións na primeira parte para abrir marcador, pero non puido ser. Na segunda parte tocábanos vento en contra, e encontrámonos cun gol en contra, o cuarto de hora. A partires de aí, maioritaria posesión para nós tentando o gol do empate, e conseguímolo no 80, por medio de Álvaro”.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

-Resultados de todo oFútbol 11 de base da Costa : PREME AQUÍ

 

-Foto Ameixenda : Fernando

-Foto Camelle : Gonzalo Lemus

-Texto : piratasdemuxia