CRÓNICAS 16ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 4 : “O XALLAS GOLEA E SEGUE INTRATABLE NO LIDERATO, CUARTA GOLEADA CONSECUTIVA DO CEE, E DERROTAS DO MIÚDAS, DUMBRÍA E MAZARICOS”.

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 4

-16ª Xornada-

 

Debido a cantidade de información gráfica e ilustrada, todo gracias a inextimable axuda dos adestradores dos equipos da costa, separamos as crónicas dos dous grupos 2 e 4, da 2ª División Galega Feminina, e así darlle a importanza que merecen por separado a ambos grupos. Cabe dicir que as opinións aquí vertidas sobre a visión dos encontros é totalmente responsabilidade dos que as fan, e piratasdemuxia non recurta nada, dando liberdade aos comentaristas, para verter as suas opinións. Sabemos que hai “entes” aos que non lle gusta que se fagan e se publiquen  certas críticas, pero para nós eso é doutras políticas alonxadas da liberdade de expresión. Tamén dicir que todo aquel clube que non sexa da costa e que queira participar deste típo de crónicas, pode poñerse en contacto connosco, (info@piratasdemuxia.es), e serán tratados da mesma maneira que os que con nosco colaboran.

 

Aviso proxima xornada

A xornada 17ª non se disputa ata a fin de semana do 4-5 de Marzal polo parón do Entruido.

 

Cacheiras CF 2-0 CF Dumbría

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : “Fomos a Cacheiras convencidas de poder sacar mellor bote que o que finalmente trouxemos, pero a pesares de disputar o encontro de ti a ti, o acerto en ambas areas deixou o premio para as locales. Na primeira metade partido bastante trabado, con poucas ocasións ainda que con máis presencia en ataque das Costeiras, primeiro con duas boas internadas de Claudia pola dereita que non atoparon rematadora na area e despois un balón que Juliette gaña ás costas da zaga pero o control váiselle longo cando encaraba sola á meta.

Parecía que co empate se chegaría ó descanso pero un balón dividio case no medio do campo cun zapatazo no despeje da medio teense que sorprende a Lía que estaba algo adiantada, premio de máis tralo visto no arranque.
Mesma tónica na segunda parte, ainda que sairon con algo máis de mordiente as locales e perderon as dumbriesas presencia ofensiva, Irena era a que levaba o peso no Cacheiras ainda que atopaba resposta nunha defensa visitante que tapaba calquer intento de ataque. Foi no único despiste da zaga do Dumbría nunha falta lateral que a propia Irena saca rápido e ainda que Lía chega a tocar mon pode evitar que o balón entre acabando co 2-0.

Volvérono intentar a balón parado as locales na sua última ocasión pero o disparo vai afora tras rozar o longueiro.
Así e todo, lonxe de baixar os brazos e tras perder a Sabela e Claudia (tamén con molestias), as nosas acabaron creamdo ocasións e un disparo de Ainoa atopou ben colocada á gardamallas local evitando calquer atisbo de remontada, e deixando ás de Dumbría sin anotar por primeira vez nesta temporada, nun partido con xusta victoria para as terceiras da tabla, ainda que con premio de máis tralo visto no duelo.

Dura derrota, pero sabedoras de que se deixou mostra do traballo do conxunto nunha semana complicada.
A recuperar efectivos no parón para afrontar os derbis con tódalas forzas dispoñibles para seguir medrando
“.

CF Dumbría : Lía, Sabela, Mai, Noa, Martina, Eva, Serena, Claudia, Ainoa, Yoli e Juliette.
Tamén xogaron : Reyes, Naira, Sara, Paula Rodríguez e Naiara.

Goles : 1-0, Judith Pazo, (43´); 2-0, Irena, (66´).

Árbitro : Manuel Ignacio Mosquera. Amonestou a Judith, Diana e Uxía, polas locais, e a Martina polas visitantes.

 

 

UC Cee 5-0 AD Nicrariense

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee Feminino) : “Partido cómodo no que fomos moi superiores dende o inicio. Na primeira metade fomos xa o descanso cun 3-0 con “Hat-trick” de Lucía López, dous deles con pases de bos pases de Andrea, que a deixan soa diante da porteira rival, e define ben, e tivemos algunha ocasión máis. Na segunda metade volvemos a ser bastante superiores e debutou Thalia, unha nena infantil, e xogou tamén a infantil, Sabela Abel, con boa actuación de ambas”.

UC Cee : Noemi, Lucía Facal, Nerea, Lucía Caamaño, Saray, Alba Trillo, Sharay, Andrea, Lucía Martínez, Ruth, e Laura Blanco. Tamén xogaron : Antía, Sabela Corbelle, Nayara, Thalía e Sabela Abel.

Goles : 1-0,Lucía Martínez, (13´); 2-0, Lucía Martínez, (17´); 3-0, Lucía Martínez, (42´); 4-0, Antía, (49´); 5-0, Sharay, (81´).

 

 

Xallas FC 5-0 SD Dubra

Rupper, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido no que o Xallas venceu con comodidade por 5-0 a un débil Dubra no Municipal da Fontenla, e afianzou o seu líderato na clasificación unha semana máis. Yasmina con 3 e Olalla 2 marcaron os goles para o conxunto de Santa Comba, que xogou un bo partido en todas as liñas e quedouse cun trunfo ante un rival que non logra saír dos últimos postos. Todos os goles foron na primeira parte na que saímos moi enchufadas e froito de eso anotamos nos primeiros minutos. Unha segunda parte con máis posesión pero aínda que tivemos chegadas non fomos quen de converter en gol. Salientar o debut de Paula Gándara na parte final do mesmo”.

Xallas FC : Rosio; Nuria, Mayte, Saskia, Paula Barcia; María, Luchy, Andrea Barbeira; Olalla, Yaiza e Yasmina.
Tamén xogaron: Alicia, Andrea Otero, Laura, Rhany e Paula Gándara.

Goles : 1-0, Yasmina, (6´); 2-0, Olalla, (17´); 3-0, Yasmina, (19´); 4-0, Yasmina, (20´); 5-0, Olalla, (34´).

Árbitro : Alfonso Caamaño. Sen amonestacións.

 

-Xogados o sábado-

 

 As Miúdas deron ánimos as compañeiras lesionadas, Saray e Laura.

 

ED As Miúdas 1-2 CF Vista Alegre

Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Un partido no que as rivais defenderon bastante ben e en dous disparos en duas contras marcáronos. Paradoxicamente fixemos un moi xogo, pero nun erro defensivo recibimos o primeiro. Empatamos na segunda parte pero contra o final co equipo arriba outro erro costounos a derrota. Quero recoñecer e admirar o traballo do equipo enteiro, dado que cada día demostrarnos que importa o como e non o resultado, estamos intentando en facer un proxecto a largo plazo, aprender a xogar ben a este deporte e sendo conscientes que supón un recorrido largo e a veces sacrificando o resultado”.

ED As Miúdas : Adriana, Elba, Alba, Bárbara, Patricia, Leticia, Sofía, Marta, Paula, Ximena, e Ana. Tamén xogaron : Marcela, Marina, Noa, Naiara, e Claudia.

Goles : 0-1, Alysson, (30´); 1-1, Leticia, (61´); 1-2, Alysson, (81´).

Árbitro : José Basilio Insua. A mosoulle un cartón amarelo a visitante Alicia.

 

 

Victoria FC C 5-0 CF Mazaricos

Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos Feminino) :Partido no que comezamos durmidas e encaixamos no primeiro minuto, pero logo deste gol pronto nos repuxemos. Tratamos o rival de igual a igual e competimos a primera parte, onde Jirra era un puñal arriba e aprobeitabamos os balóns as contras. Faltounos o de todo o ano, ese gol que nos dá confianza, tivoo Claudia dende a frontal, pero a súa porteira estaba ben colocada.

Na segunda parte o partido cambiou totalmente, elas comezamos con máis intensidade e nun balón á espalda da defensa Pedrosa tapa ben pero tivemos a mala sorte de que o rechace lles favoreceu e meteron o 2-0. Esto desmoralizou ao equipo e baixamos os brazos, e como consecuencia elas meteron o terceiro e o cuarto de seguido. Rematou o partido cun 5-0, que reflexa a segunda parte pero nn o traballo feito na primeira. Toca seguir traballando ata que comecen a sair ad cousas“.

CF Mazaricos : Pedrosa, Claudia, Fátima, Valeria Gascó, Antía, Silvia, Tamara, Buján, Daniela, Ánxela e Jirra.
Tamén xogaron: Leire, Katia, Romay, Saray e Araceli.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 2 : PREME AQUÍ

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

 

-Foto ED Miúdas :  Luis Ferreiro

-Texto e montaxes : piratasdemuxia