CRÓNICAS 16ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN FEMININA G2 : “VITORIA DO CERQUEDA E DERROTAS DO PONTECESO E CORME”.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2

-16ª Xornada-

 

Debido a cantidade de información gráfica e ilustrada, todo gracias a inextimable axuda dos adestradores dos equipos da costa, separamos as crónicas dos dous grupos 2 e 4, da 2ª División Galega Feminina, e así darlle a importanza que merecen por separado a ambos grupos. Cabe dicir que as opinións aquí vertidas sobre a visión dos encontros é totalmente responsabilidade dos que as fan, e piratasdemuxia non recurta nada, dando liberdade aos comentaristas, para verter as suas opinións. Sabemos que hai “entes” aos que non lle gusta que se fagan e se publiquen  certas críticas, pero para nós eso é doutras políticas alonxadas da liberdade de expresión. Tamén dicir que todo aquel clube que non sexa da costa e que queira participar deste típo de crónicas, pode poñerse en contacto connosco, (info@piratasdemuxia.es), e serán tratados da mesma maneira que os que con nosco colaboran.

 

Aviso proxima xornada

A xornada 17ª non se disputa ata a fin de semana do 4-5 de Marzal polo parón do Entruido.

 

SCD Pastoriza 8-0 Corme CF

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “8-0 en contra, pouco se pode decir, un rival superior durante todo o partido e en todos os aspectos do xogo, nun campo de dimensións enormes que non nos axudou moito e no que eu como entrenador tampouco soupen como axudar o meu equipo a correxir a situación, pasar páxina canto antes e enfocarnos na “Nosa liga“.

Corme CF : Belén, Ana, (Aurora), Laura, (Cecilia), Irene, Vero, Cris (Candela), Ana, Carla, Nati, Naroa e María, ( Julia).

Goles : Primeira metade : Sabela, Diana, Candela, e de novo Sabela. Segunda metade : Sabela, (2), Noa e Diana.

Árbitro : Eduardo Rodríguez. Sen amonestacións.

 

As capitanas co colexiado do encontro Roi Rey.

 

Ponteceso SD 0-2 Sporting Cambre

Marcos Curro, (Adestrador do Ponteceso SD) : Comezaba o encontro con moito ritmo por parte dos dous conxuntos con uns minutos de tanteo e sen apenas xerar ocasións perigosas ata o minuto 20′ onde Muiño remataría unha boa xogada colectiva na que o seu tiro sería atallado pola meta visitante en dous tempos .

Seguía o encontro con unha moi boa presión das locais tendo sendas ocasións de novo por parte de Muíño , Andrea e a máis clara tras un saque de córner rematado fora na área pequrna por Lara Fariña. O Cambre apenas era capaz de crear perigo salvo varios balóns colgados a balón parado moi ben despexados polas defensoras do Puenteceso. Chegaría o encontro o tempo de lecer co empate a ceros .

Trala reanudacción seguía a mesma tónica cun Puenteceso dominante pero sen acerto de cara o gol e como ben sendo habitual cando esto sucede a mala fortuna fixo que nun córner favorable o Cambre e sen perigo Myre intentando despexar faría o gol en propia porta. Fixo dano este gol nas rapazas de Curro xa que vían como o Cambre sen apenas tirar a porta se adiantaba, e minutos seguidos de novo unha xogada similar fixo que o balon tras varios rexeites quedara na área pequena solo para que as visitantes puxeran o 0 a 2 no marcador . Non baixarían os brazos ás de Curro , tendo moitísimas ocasións e máns a máns claros por parte de Silvi , Lauriña e ata un gol anulado a Myre, pero nos que non fomos capaces de poder definir. Remataría co 0 a 2 o marcador e no que foi un duro castigo para as Pontecesás xa que o Cambre apenas tirou a porta. 

Comeza agora dúas semanas de parón ligueiro no que nos servirán para cargar de novo as pilas e esperemos que retornar a senda dos puntos”.

 

 

Ponteceso SD : María Lema, Andrea Varela, Eva Carril, Andrea Rodríguez, Myrella, Ainhoa, Lara, Noelia Martínez, Sabrina, Laura Berdeal e Silvia. Tamén xogaron : Miriam García, Laura Ramos, Noelia Blanco, Lucía Vila, e Miriam Pose.

Goles : 0-1, Myrella, (50´ en propia porta); 0-2, Alicia, (71´).

 

 

Felicidade no vestiario do Cerqueda.

 

UD Cerqueda 3-2 Xuventude de Crendes CF

 Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido no que chegabamos con moitas ganas de poder competilo de tu a tu. Como así foi durante todo o encontro. Comezamos moi enchufadas no partido, adiantandonos rápido cun gol de Paula. Non tardou o gol do empate nun erro de marcaxe na frontal, que a xogadora visitante puxo o balón en toda a escadra. O pouco, un xogadón de Mariña por banda, cedelle o balón a Paula marcaría o 2-1 de fermoso disparo. A partir de ahi o partido estivo moi disputado con opcións para ambos conxuntos. Mediada a segunda parte nun balón parado, encaixamos o 2-2. E cando peor o estabamos pasando as xogadoras sacaron o mellor de si mesmas, culminando o partido cun auténtico golazo de Mariña. Enorme o traballo destas rapazas, que pese a ser unha tempada complicada, entrenan de fábula, e deixan todo o que teñen no campo. Temos que seguir mellorando”.

UD Cerqueda :  Valeria, Jimena, Lucía, Mónica, Paula, Tatiana, Irene, Raquel, Tatiana Varela, Vanesa, Inés, e Mariña. Tamén xogaron : Uxía, María Isabel, Lorena e Carla.

Goles : 1-0, Paula Veiga, (8´); 1-1, Paula Boado, (11´); 2-1, Paula Veiga, (22´); 2-2, Paula Boado, (77´); 3-2, Mariña, (90´).

Árbitro : Daniel Chouciño. Sen amonestacións.

 

CLASIFICACIÓN

 

Crónicas da xornada do outro grupo

-2ª División Galega Feminina Grupo 4 : PREME AQUÍ

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

-Foto Cerqueda : Dani García

-Foto Ponteceso : Marcos Curro

-Foto Cerqueda : Dani García

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies