CRÓNICAS 16ª Xda PRIMEIRA FUTGAL : “MALA DESPEDIDA DE ANO DOS EQUIPOS COSTEIROS CUN EMPATE E 4 DERROTAS”.

PRIMEIRA FUTGAL G2
16ª Xornada
Domingo 21/12/2025

Os partidos dos equipos da Costa:

CF Muxía 1-1 Racing San Lorenzo

SD Fisterra 0-2 Bertamiráns FC

SCDR Esteirana 0-4 CF Cire de Melide

Praiña SC 2-1 SD Castriz

Camariñas FC 1-3 Bastavales UD

AVISO : Só poñemos os comentarios dos que nolos queiran mandar. O noso whatsapp : 626 72 00 47 está aberto a todo aquel pertencente a un club que nos queira mandar información, fotos, comentarios, vídeos, etc…

As crónicas están abertas e segundo nos cheguen máis comentarios dos colaboradores iremos subíndoas o respectivo encontro.

Crónica xeral 

A 16ª xornada da Primeira Futgal G2 puxo punto e final ao ano 2025 cun balance agridoce para os equipos da Costa. Só o CF Muxía conseguiu puntuar, cun empate na Arliña, mentres que Fisterra, Esteirana, Castriz e Camariñas despediron o ano con derrotas, algunhas delas duras polo marcador e outras pola forma na que se produciron.

Foi unha xornada marcada polo dominio dos equipos da zona alta, con vitorias claras de Bertamiráns e Cire de Melide, que non deron opción aos conxuntos costeiros. O empate do Muxía permítelle seguir enganchado á zona media-alta, mentres que o resto terá que facer borrón e conta nova de cara ao 2026 para reverter unha dinámica que os mantén nas posicións comprometidas da táboa.

Crónicas 

 

CF Muxía 1-1 Racing San Lorenzo

Partido pasado por auga na Arliña, condicionado polo vento e no que o Muxía volveu demostrar carácter. Os locais saíron mellor, presionando arriba e xerando perigo, aínda que co paso dos minutos o encontro foise igualando. Tras adiantarse no marcador, un erro defensivo permitiu o empate visitante antes do descanso. Na segunda metade, ningún dos dous equipos quixo asumir excesivos riscos, aínda que os muxiáns tiveron ocasións claras no treito final para levar os tres puntos.

Sergio “Pataca” (Adestrador do CF Muxía):
“Partido raro na Arliña. Empezamos ben a pesar de estar co vento e a choiva en contra, cunha ocasión clarísima de Fran e chegando en varias ocasións tras presionar ben a saída de balón do rival. Co paso dos minutos igualouse o encontro; teñen un disparo ao pau nunha transición, pero nun fallo do porteiro rival comete penalti. Fran falla, pero no rexeite Manu Nogueira consegue o primeiro.

Segue igualado o partido e nun desafortunado esvarón de Costa o Racing empata. Na segunda parte parecía que ningún equipo quería perder. Desde o banco intentei abanicar o equipo para ir a polo partido; tivemos algunhas ao final, incluso no último córner no que chegamos a rematar ata catro veces, pero desta vez a fortuna non caeu do noso lado. Hai que valorar o punto para seguir enganchados preto do playoff.”

Goles:
1-0, Manu Nogueira (22´)
1-1, Loureiro (41´)

SD Fisterra 0-2 Bertamiráns FC

O Fisterra non puido despedir o ano cun resultado positivo ante o líder da categoría. O encontro estivo moi trabado, especialmente na segunda metade, con moito xogo físico e poucas concesións, sumado o mal tempo reinante. O Bertamiráns adiantouse cedo desde o punto de penalti e sentenciou xa no desconto, aproveitando o desgaste dos locais.

Goles:
0-1, David González, de penalti (16´)
0-2, Mauro Rodríguez (92´)

SCDR Esteirana 0-4 CF Cire de Melide

Dura derrota da Esteirana ante un Cire de Melide moi serio e efectivo. O gol temperán marcou o rumbo do partido e, aínda que os locais intentaron resistir, o paso dos minutos foi abrindo máis fendas nun marcador que acabou sendo demasiado severo para os de Muros.

Goles:
0-1, Adrián López (4´)
0-2, Daniel Pampín (62´)
0-3, Omar (86´)
0-4, Miguel Castrelo, de penalti (91´)

Praiña SC 2-1 SD Castriz

O Castriz volveu quedar sen premio nun encontro moi igualado. O Praiña adiantouse na primeira metade, os visitantes lograron empatar tras o descanso, pero un gol no minuto 90 deixou aos xalleiros sen opcións. O partido rematou ca tensión típica do axustadoi do resultado, e tivo tempo para a expulsión dun xogador xalleiro no tempo engadido.

Goles:
1-0, Marcos Corzón (25´)
1-1, Fabiano Soares (60´)
2-1, Rubén Ferreiro (90´)

Incidencias: No minuto 95 viu o cartón vermello o xogador do Castriz Marcos Mouro.

Camariñas FC 1-3 Bastavales UD

O Camariñas afrontaba o partido tras unha semana convulsa pola polémica arbitral da xornada anterior en Melide e quería despedir o ano cunha vitoria ante a súa afección. Non obstante, o Bastavales mostrouse máis efectivo. Tras o empate inicial, os visitantes puxéronse por diante antes do descanso e sentenciaron no desconto, nun final marcado tamén pola expulsión dun xogador camariñán.

Goles:
0-1, Adán Chenel (4´)
1-1, Mario Suárez (10´)
1-2, Miguel Castro (39´)
1-3, Adam, en propia (98´)

Incidencias: No tramo final do desconto final foi expulsado con vermello directo o xogador do Camariñas David Pasantes.

Clasificación 

1ª Bertamiráns FC: 34
2ª CSD Arzúa: 28
3ª SR Calo: 27
4ª SD Cacheiras: 27
5ª Club do Mar: 26
6ª Vizoño SD: 25
7ª Cire de Melide: 24
8ª Boimorto CF: 24
9ª Praíña Sporting: 24
10ª CF Muxía: 24
11ª Racing San Lorenzo: 23
12ª CCD Queixas: 21
13ª Camariñas FC: 21
14ª SD Tordoia: 19
15ª UD Bastavales: 19
16ª SD Castriz: 15
17ª SD Fisterra: 11
18ª SD Esteirana: 9

PRIMEIRA FUTGAL G2
17ª Xornada
Domingo 11/01/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

SR Calo – CF Muxía

R. San Lorenzo – SD Fisterra

Bastavales UD  SCDR Esteirana

SD Castriz Vizoño SD

SD Cacheiras – Camariñas FC

(Os horarios son oficiosos os definitivos poñerémolos na nosa AXENDA PIRATA da fin de semana)

Os comentarios dos adestradores son propios e intrasferibles dos propios protagonistas polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.

.

-Fotos : Dulce Corcu/Marina Busto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”