CRÓNICAS 16ª XDA : “A 3ª da Costa entra en modo alta tensión”.

3ª DA COSTA

15ª Xornada

Domingo 25/01/2026

CF Lira 1-1 Atlético Pereiriña FC

CF Muxía “B” 0-7 SD Laxe

UC Cee 4-3 SD Camelle

CD Baiñas 0-3 SD Oza

CD Nantón 3-4 SD Coristanco

UD Cerqueda 1-4 Sporting Seaia CF

Inter de Brens 1-3 SCD Buño

Descansou : Volantes de Baño FC

 

 

Pon un problema de saude que me impide estar fronte a unha pantalla hoxe os comentarios van os que me chegaron e a crónica máis escueta.

CRÓNICA

A 15ª xornada da 3ª da Costa deixou emoción, goles comarea e unha loita polo liderado máis viva ca nunca. Coristanco e Oza seguiron sumando de tres e manteñen o pulso na cabeza, mentres por detrás UC Cee consolida a súa terceira praza tras un partido de auténtica tolemia ante o Camelle.

O S.D. Coristanco defendeu o liderado cun triunfo de moito mérito no campo do Nantón (3-4), nun encontro cheo de alternativas e que confirma aos coristanqueses como o equipo máis fiable da categoría. Cos tres puntos chegan aos 40 e manteñen unha mínima renda sobre o Oza.

O S.D. Oza non fallou e aproveitou a vitoria ante o Baíñas para seguir moi de preto ao líder. Os de Oza impuxéronse con autoridade en Baíñas (0-3), demostrando pegada e solidez defensiva, e quedan a un só punto do primeiro posto.

Na loita polo terceiro chanzo, o UC Cee protagonizou un dos partidos da xornada, superando ao Camelle por 4-3 nun duelo aberto, vibrante e cheo de goles. Os ceenses dan un paso adiante e xa suman 32 puntos, abrindo unha pequena fenda co cuarto clasificado.

Pola súa banda, o UD Cerqueda cedeu terreo ao caer na casa fronte a un Sporting Seaia moi efectivo (1-4). Os seaieses dan un salto importante na táboa e colócanse quintos na loita pola promoción mentres o Cerqueda ve como o grupo perseguidor se lle achega perigosamente metendo presión na loita pola promoción.

Na zona media, o Atlético Pereiriña rescatou un punto no campo do Lira (1-1), resultado que frea as aspiracións de ambos e mantén aos da Feira Nova na sexta praza con opcións aa loita polo Play-off. Pola contra, o CF Lira continúa sufrindo as numerosas baixas.

Especial mención merece a contundente vitoria do S.D. Laxe en Muxía (0-7), un golpe enriba da mesa que permite aos laxenses escalar posicións e pasar de ser o colista a estar loitando pola promoción. Fixéronlle moi ben as incorporacións ao de Laxe.

Pecha a xornada o triunfo do S.C.D. Buño no campo do Inter de Brens (1-3), resultado que permite aos oleiros achegarse á zona media con posibilidades de engancharse aos que queren promocionar, mentres o Inter continúa pechando a clasificación, cada vez máis necesitado de puntos.

Con Volantes descansando, a clasificación comprímese especialmente na zona media-baixa, mentres pola cabeza a guerra entre Coristanco e Oza promete máis emocións nas vindeiras semanas. A 3ª da Costa non dá tregua.

Cronicas

CF Lira 1-1 Atlético Pereiriña FC

O Lira compite con orgullo malia as baixas

O CF Lira sumou un punto de mérito ante o Atlético Pereiriña nun encontro marcado polas numerosas ausencias no conxunto local. Os lirachos, con só nove fichas do primeiro equipo dispoñibles e apoio do xuvenil, puxeron sobre o campo unha alta dose de compromiso e traballo colectivo.

O equipo de Óscar Leis adiantouse cun gran gol de Carlos tras un roubo e asistencia de Ramón, culminando unha primeira metade na que o Lira tivo opcións claras, especialmente polas chegadas de Ramón pola banda dereita, que estiveron preto de converter Pablo ou Cibrán. Maikel, porteiro visitante, e a falta de puntería evitaron unha renda maior.

Na segunda parte, o Pereiriña deu un paso adiante cos cambios e apertou con forza, facendo emerxer a figura de Raúl baixo paus. O veterano gardameta, xogando lesionado, realizou varias intervencións de enorme mérito que mantiveron con vida ao Lira ata que, xa no minuto 90, un balón longo sorprendeuno por arriba para establecer o definitivo 1-1.

Ao remate do encontro, o adestrador do CF Lira, Óscar Leis, destacaba o esforzo dos seus:

“Seguimos sufrindo moitas baixas, pero os rapaces, coa axuda do xuvenil, seguen a competir con moita implicación e tratando de lograr unha vitoria que cambie a dinámica. O Pereiriña puxéronos en moitos apuros no tramo final, pero a veteranía de Raúl mantívenos vivos ata o final”.

.

CD Nantón 3-4 SD Coristanco

O Nantón reacciona tarde nun partido marcado polos erros iniciais.

O CD Nantón quedou sen premio tras un partido cheo de alternativas ante o líder, a SD Coristanco. O encontro estivo condicionado por unha primeira parte moi negativa dos locais, na que dous erros graves en defensa permitiron aos visitantes colocarse cun 0-2 moi cedo. Pouco despois chegou o terceiro tanto, que deixou ao Nantón moi tocado antes do descanso.

Tras o paso polos vestiarios, os locais mudaron o debuxo táctico e ofreceron unha imaxe completamente distinta. Jorge recortou distancias, aínda que o Coristanco volveu golpear a balón parado. O Nantón non se rendeu: un gol anulado a Dani Añón por un axustado fóra de xogo puido cambiar o rumbo do choque, e pouco despois Yago anotou o 2-4 desde o punto de penalti.

Co rival xa sufrindo, Alex López asistiu a Yago para o 3-4 definitivo, deixando o Nantón moi preto dun empate que finalmente non chegou.

O técnico local, Adrián Varela, amosouse crítico e frustrado tras o encontro:

“A primeira parte foi nefasta, cometemos erros infantís que nos custaron moi caros. Na segunda o equipo deu unha imaxe totalmente distinta e estivemos moi preto de empatar, pero marchamos cunha sensación de crispación porque o arbitraxe non foi nada neutral. Todas as xogadas polémicas caeron do lado visitante, e así é moi difícil que haxa cambios no liderado”.

CLASIFICACIÓN

SD Coristanco : 40
SD Oza : 39
UC Cee : 32
UD Cerqueda : 26
Sporting Seaia CF : 25
Atlético Pereiriña FC : 23
SD Laxe : 20
Volantes de Baño FC : 19
SCD Buño : 19
10ª CD Baíñas : 17
11ª Camelle SD : 15
12ª CF Lira : 14
13ª CD Nantón : 14
14ª CF Muxía B : 9
15ª Inter de Brens : 7

 

 

3ª DA COSTA

16ª Xornada

Domingo 01/02/2026

Atlético Pereiriña FC  CF Muxía “B”, ás 17:00

CD Baiñas  Volantes de Baño FC, ás 17:0

SD Laxe – UC Cee, ás 16:30

Sporting Seaia CF  CD Nantón, ás 16:30

SD Camelle – UD Cerqueda, ás 16:15

SCD Buño  CF Lira, ás 17:00

SD Oza Inter de Brens, ás 19:15

Descansa : SD Coristanco

.

-Foto : SD Oza

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentarios : Propios e baixo a responsabilidade dos adestradores.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies