LIGA DA COSTA
“Conguito”, (ezq), fixo un dos goles muxiáns.
-GRUPO 1 A-
Xogado o venres
SD Castríz 4-0 CD Nantón
Encontro que fora adiado o 23 de Xaneiro e que correspondía a 10ª xornada. Vitoria importantísima para os de San Pedro de Castríz, que desbancan ao SD San Lorenzo do posto de promoción e que será o seu rival o vindeiro 19 de Marzál ás 21:15 horas no 2As Pedreiras” de Berdillo, con moito en xogo para ambos, e máis dependendo do que fagan esta fin de semana na 15ª xornada. Os xalleiros derrotaban ao CD Nantón, tras unha estupenda segunda metade na que se adiantaban aos 68 minutos de xogo cun tanto de Juan, un tanto que rompía o bo facer dos nantoneses, que se vía sorprendidos cun novo gol en contra 2 minutos despois, obra de novo de Juna. O gol facía que os de Nantón tiveran que ir a por todoas, para tratar de rascar algo, pero Braulio, no 78 mataba o encontro. Juan completaba un “Hat-trick” e pechaba a goleada no 87.
15ª Xornada
Sábado 5 Marzal 2022
CD Baiñas 2-1 Outes FC
Hora : 17:00
Campo : Municipal de Vimianzo
Colexiado : Pablo Rama Cotelo.
Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador, pasouse a unha segunda na que o choque puido caer de calquer banda e foron os da parroquia vimiancesa os que se adiantaban no marcador, cun tanto de Antelo oas 68 minutos de xogo. Despertou nese intre o letargo do encontro, pois só 4 minutos despois, empataba para os da Serra, Adrián, (72´). Cando parecía que xa non se movería o marcador, Lucas Caamaño facía o gol que lle daba os 3 puntos aos vimianceses, no tempo de desconto. Con esta derrota os outeses perden calquer opción remota de colarse no “Play-Off” de ascenso.
Domingo 6 Marzal 2022
Lira CF 0-2 Camariñas FC
Hora : 17:00
Campo : “Lombáns”, (Carnota)
Colexiado : Marcos Ordóñez Rodríguez.
Importante vitoria camariñana que aproveita o inesperado pinchazo do CD Muros ante o UD Monte Louro, (2-5), para poñerse a falla de 3 xornadas para o remate da liga regular a tan só 1 punto dos muradáns, que marcan, co 3º posto, o límite dos postos de promoción. Encontro que se frafou no derradeiro suspiro, e cando os camariñáns acababan de quedar cun menos por expulsión con vermello direto de Roi, Djibril rompía as táboas no marcador no 87, e V´ctor Bouzas facía o definitivo 2-0 no desconto, tempo no que os liarachos, quedaban tamén cun menos por expulsión con vermello direto de Elvis.
UC Cee 3-4 Muxía CF
Hora : 12:00
Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)
Colexiado : Carlos Señarís Balsas.
Importante vitoria dos muxiáns, que ca derrota do CD Muros, teñen na sua man pechar o segundo posto, e ir a promoción, tras un choque que se lles puxo moi de cara aos da “Vila da Barca”, nada máis comezar a segunda metade, cando se poñían 0-2, pero o resultado e a tensión durou ata o pitido final, gracias a reacción ceense. Adiantábanse os de Muxía aos 17 minutos de xogo cun tanto de Víctor Alcaina. O veterán, “Conguito”, facía o 0-2 na primeira xogada do segundo tempo, (46´), e Bruno acurtaba para os ceenses 10 minutos despois, (56´). Isma Pose voltaba a abrir fenda no marcador, as portas da hora de xogo, (57´), pero como decíamos, os ceenses apretaron os machos de fondo, e conseguían igualar o marcador con tantos de Crístian Caamaño, (61´), e Antón Lestón, (67´). Manu Nogueira apareceu unha vez máis de salvador, e pronto poñía o 3-4 no marcador, (71´), que a postre sería definitivo.
CD Muros 2-5 UD Monte Louro
Hora : 17:00
Campo : “Eleuterio Balayo”, (Muros)
Colexiado : Andrés Ferro Benito.
Gran primeira metade dos de Louro, que se adiantaban aos 8 minutios de xogo, e conseguían que o veciño non lles fixese dano. Nada máis comezar a segunda metade Juan lois, (48´), poñía terra de por medio. Ramón conseguía meter no encontro aos muradáns, pero Iker Lado voltaba a abrir fenda no marcador a favor dos de Louro, (61´). Thiago, voltaba a acurtar para os locais, pero Xian, que fixera o gol inicial dos loureses, voltaba a darlle rendas os visitantes. Juan lois facía o quinto para os loureses no desconto, cando xogaban cun menos por expulsión con vermello direto de Antón Vidal.
Descansa :SCDR Esteirana
CLASIFICACIÓN
-GRUPO 1 B-
14ª Xornada
Domingo 6 Marzal 2022
SCD Buño 1-6 SD Castríz
Hora : 12:30
Campo : “Xaviña”, (Buño)
Colexiado : Iván Vilanova Antelo.
Nin cansanzo por acumulación de encontros, nen unha fisura amoso o SD Castríz, que tras ir xogando os encontros adiados, (quédalle un vital pola promoción o vindeiro día 10, ante o SD San Lorenzo en Berdillo), e deixou o encontro máis que resolto na primeira media hora de encontro con goles de, Juan, (3´), Iván Facal, (22´) e Iván Pastoriza, (32´). A volta de vestiarios Braulio facía o cuarto a favor dos xalleiros, (58´), e Antelo acurtaba distanzas para os oleiros de penalti, (68´), pero quedaban cun menos por expulsión con vermello direto de Eloy. Adrián no 87, e Juan no desconto completaban a goleada.
Cabana SD 5-0 SCD Malpica
Hora : 16:30
Campo : “As Redondas”, (Neaño-Cabana)
Colexiado : Luis M. Insua Lago.
Recuperou sensacións o equipo cabanés, así como o liderato, o descansar o SD Coristanco, e depende de si mesmo nos 3 encontros que quedan, para sair campión deste grupo. Un desconocido Malpica, veuse superado e goleado, por un Cabana que foi un ciclón. Manuel, en duas ocasións, (6´e 16´), e Raúl Fernández, (36´), deixaban o choque sentenzado no primeiro tempo. Na segunda metade Raúl Corzón, (50´) e Simón, (74`), completaban a “manciña”.
SD San Lorenzo 1-0 CD Nantón
Hora : 16:15
Campo : “As Pedreiras”, (Berdillo-Carballo)
Colexiado : Óscar Santos Rodríguez.
Trunfo agónico dos de Berdillo, ante un Nantón que viña de ser goleado polo rival dos berdillenses nun posto da promoción. Brais Cancela no 71 tumbaba a muralla nantonesa para levarse os 3 puntos e seguir na loita pola promoción, a espera do encontro do día 10 no que reciben nas Pedreiras ao SD Castríz, (21:15 horas).
O Cerqueda freou a escalada do Sp Zas.
Sporting Zas 2-6 UD Cerqueda
Hora : 16:30
Campo : “San Andrés”, (Zas)
Colexiado : Esteban Domínguez Lado.
Moito teñen que fallar os de arriba para que o Cerqueda entre na promoción, a 6 puntos, con 9 por xogarse, pero ata o rabo todo e touro. Diante tiñan a un Sporting Zas que nas derradeiras semana sven a máis, e aguantoulles aos cerquedenses ata pasada a hora de xogo, cando se rompeu o encontro. Guillamet facía o primeiro da tarde aos 13 minutos de xogo, e a resposta non chegaba ata a segunda metade. No 66 Darío conseguía o empate, pero a partires de aí o choque foi totalmente visitante. Repetía José Guillamet, en duas ocasións, (70´e 73´, e entremedias Iván tamén marcaba. Tres minutos fatais, que tiraban por terra todo o traballo zacense, ata o gol do empate. Eloy, (84´), e Nico, (desconto), completaban a goeada cerquedense.
Descansa :SD Coristanco
CLASIFICACIÓN
-Foto : piratasdemuxia/Sporting Zas
-Texto : piratasdemuxia