CRÓNICAS 15ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “O SAN LORENZO CAMPIÓN DE INVERNO SEN DAR SÍNTOMAS DE FRAQUEZA”.

Manu Nogueira fixo o primeiro dos muxiáns.

 

Crónicas 15ª Xornada

 

UC Cee 1-2 Muxía CF

Encontro de alto “standing” o que se xogaba no San Paio de Refoxos, e que para comezar xa tivo a lesión do colexiado no quecemento o que demorou o comezo do encontro. Saeu mellor o Muxía e consigueu adiantarse por medio de Manu Nogueira aos 5 minutos de xogo. Puido aumentar a sua renda o equipo muxián na primeira metade, pero foi Bruno Romero o que acadaba o empate para os ceenses, (17´). Coa igualada tamén se compensaron as forzas e o xogo tornou a ser de control e sen deixar opcións. Na segunda metade, máis do mesmo, moito respeto e buscando algún roubo, ou xogadas de balón parado. Aí sacou petroleo o equipo muxián, e como a cousa estaba a ser de veteranos dos equipos, apareceu Michael, un dos poucos mariñeiros que quedan neste fútbol, donde o raro nos equipos costeiros, eran os non mariñeiros. O veterano central, un dos mellores do noso fútbol, certificaba no 76 o trunfo, nesta loita de persecución o San Lorenzo, lider incontestable da competición.

 

Cabana SD 4-2 UD Cerqueda

Debút de Emilio Uzal no banco dos cerquedenses, que de inicio deron outra cara, e a pesares de que o Cabana se adiantaba por medio de Pablo Pose aos 2 minutos de xogo, conseguía remontar con goles de Samuel, (16´), e Alexis, (34´). Na segunda metade e tras encaixar de novo nada máis comezar, cun tanto de Simón, (46´), voltaron as pantasmas pasadas, e o equipo cabanés consigueu golear, con tantos de Manuel Romero, (58´), e Raúl, (desconto).

 

SD Oza 1-3 SD San Lorenzo

Moi ben o Oza no derbi carballés, na primeira metade, na que consigueu meterse por diante, cun gol de Iván Mato, (43´), e agunataron cáseque toda a segunda co resultado a favor, pero sucumbiron no treito final, na que o lider amosou o porqué da sua situación na táboa. Os de Dani Casal, empataban por medio do “Killer”, Iván Rojo, (82´), e cun acto de presión de campións, goleaban no desconto, con tantos de Taibo, e de novo Iván Rojo. Os de Berdillo proclámanse “campións de inverno”, con 9 puntos de diferenza dos seus dous máximos perseguidores, Muxía CF e Corme CF.

 

Volantes de Baño FC 1-3 SD Castriz

Mellor o equipo de Baño na primeira metade pero vía como se lle adiantaban os xalleirios a media hora de xogo por medio de Adrián. No seu tesón os muradáns conseguían empatar no 40 por medio de Pablo, pero de novo os erros defensivos condenábanos, e un disparo a porta de Iván Facal, (44´), petaba nun defensa e colábase na meta de Yi. Xa na segunda metade os bañeses buscaron a igualada, nun treito de encontro con moitos paróns debido as numerosas faltas, que en moitos casos eran sinónimo de balón colgado o área, pero o gol chegaría de novo para os de San Pedro de Castriz, e de novo por parte de Iván Facal, que sentenzaba a contenda.

 

UD Monte Louro 0-3 Camariñas FC

Mal encontro dos loureses que remataban o ano facendo un gran encontro na casa do lider, San Lorenzo, a pesares de perder, (2-1), pero que se vron superados en todo intre por un bo Camariñas, que puido traerse para casa unha goleada moito maior, dada a grande cantidade de ocasións das que dispuxo. Yuyo, aos 23 minutos de xogo abría o marcador, tras ter él mesmo outro par de boas situacións de gol. Xa na segunda metade, Víctor acadaba o segundo, (52´), e pouco despois o local, Abel, recibía dous cartóns seguidos, (68´), e tiña que abandoar po terreo de xogo, no que levaba tan só 6 minutos. Con este semblante as cousas xa se lle puxeron máis doadas os camariñáns, que acababan marcando o terceiro no desconto, e de quen ía a ser…Djibril, que suma a sua 12ª diana do campionato, a unha de Isaac Fábregas, (UC Cee), que lidera a táboa de goleadores desta división.

 

UD Corcubión 0-3 Ponteceso SD

Goleada de eficacia dos pontecesáns, que souberon amarrar o Corcubión e asestar golpes mortais en cada xogada que dispuxeron de gol. Eloy adiantaba aos de Pablo Mallón nada máis comezar o encontro, na primeira que tiñan, e a pesares da insistencia dos corcubioneses, conseguían irse ao descanso coa vitoria parcial. Xa na segunda metade, Hadrián, (65´), facía o segundo, cos locais buscando o empate. A partir deste gol o Ponteceso controlou máis e acadaría o terceiro Por medio de Alberto Recarey, (79´), para sentenzar e levarse os tres puntos.

 

SD Coristanco 5-0 Outes FC

Encontro doado para o Coristanco, ante un Outes que é un espellismo do que foi no primeiro terzo do campionato, e que neste encontro se fixo o “Harakiri”, xa que quedaban con 10 a pouco máis da media hora de xogo, por dobre cartón de Abel Jurado, (34´), e perdendo por 1-0, con gol de Mario, (2´). Na segunda metade o gol de Jona, (48´), aos poucos do reinicio, fixo o resto. Dani Castiñeiras, (74´), e Sergio, (83´), xa deixaron todo máis ca resolto, e a expulsión, tamén por dobre cartón de Martín, (87´), fixo o resto. Jona no desconto completaba a “manciña”. O encontro xogouse no Platas Reinoso de Baio, xa que seguen as obras na Rocheira, que van a pouco ritmo polo continuo mal tempo.

 

Corme CF 2-1 CD Muros

Saiu mellor o equipo cormelán na primeira media hora de xogo, e adiantábase por medio de Borja, (15´), e puido ter algún máis, pero cando chegou o gol de Alejandro, (31´), para os muradáns, foron estes os que estiveron mellor e puideron irse o descanso coa vitoria parcial, ainda, que o máis xusto foi a igualada. Xa na segunda metade volveu a ser o equipo cormelán o que mandaba no encontro, e chegaría o gol de Lucas, (56´), que a postre sería o da vitoria. Destacar que voltaba o Corme, Alejo Cambón, tras varios meses de baixa por lesión, e que participou do xogo do equipo, e tivo un par de boas ocasións.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia