CRÓNICAS 15ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “O PORTEÑO COMEZA O ANO EN PLAN ABUSÓN”.

 

CF Porteño 9-2 SD Ameixenda 

Comeza o ano o lider metendo medo. Comeuse con patacas ao Ameixenda, que se presentou na Grixa con 13 xogadores e cáseque se puido levar pa casa un gol cada un. Con todo iso, os da parroquia ceense plantaron cara os primeiros minutos, e incluso se puxeron por diante no 19 cun gol de Pablo Trillo. Empatou o equipo de Baña, no 25, cun tanto de Martín, e a partires de aí, xa foron caendo un tras outro, e iso que Lucas Caamaño, o máximo artilleiro de toda a Costa, e das ligas que a preceden, só marcou un. Foi o da remontada, no 32. Lucas, nesta fin de semana co seu nome de moda, trala volta de lucas Pérez o Depor, deixou o terreo de xogo no 55, para deixarlle o sitio ao seu compañeiro Marcos, que tamén marcaría un dos goles porteños. Acabou a primeira metade 4-1, e a segunda xa sobrou. Goleadores : Martín, (2), Álan, (2), Lucas, David, Canosa, Marcos e Ángel, polo Porteño, e Pablo trillo e Damián, polo Ameixenda.

 

Sporting Zas 3-2 CD Nantón

Encontro total das dianteiras e no que se levou os tres puntos, o que máis acertou. Se Adrián poñía por diante aos zacenses aos 17 minutos de xogo. Pastoriza respondía 5 minutos despois para igualar para os nantoneses. Se na segunda metade adiantaba Álvaro aos de Zas, (68´), a resposta chegaba pola banda de Nantón. de parte de Iván redondo, (78´). Xa no treito final, Andrés Bouzas poñía o 3-2, para os locais, (83´), ao aproveitar un rexeite, e a resposta nantonesa desta volta non tivo efecto, pero non por non tentalo, e non merecelo.

 

Atlético Pereiriña FC 0-2 CF Lira

Foi mellor o equipo liracho na primeira metade e adiantaríase por medio de Pablo Leis, a media hora de xogo, e foi mellor o equipo da Feiranova na segunda pero non acertaría a acadar o empate. Na procura do mesmo na segunda metade, unha contra ben levada era finalizada por Rubén, (83´), para sentenzar o choque.

 

Xallas FC “B” 4-1 CF Castrelo

Primeira metade moi igualada na que a diferenza puxérona os goles. Javi Caamaño, (26´) e Martín Bardanca, (40´), deixaban moi encarrilado o encontro. Na segunda chegaba o gol que máis deixaba tocados aos vimianceses, Adrián Forján, batía a Martín ferreiro, nun tanto moi protestado polos visitantes, (51´). Co encontro controlado foron pasando os minutos. O peso do encontro levábano os da parroquia vimiancesa, que acurtarían por medio de Adrián, (62´), pasada a hora de xogo. O definitivo 4-1, chegaba no desconto final, obra de novo de Adrián Forján.

 

SCD Buño 1-2 Sporting Seaia CF

Encontro tremendamente igualado, no que se levou o derbi o equipo máis acertado, pois tiveron ambos ocasións para un marcador maior. Mellor os seaieses na primeira metade, pero sen chegar a batir a Xurxo, pero sí o farían pasada a hora de xogo, cun tanto de Álex Mato, (66´). Veuse arriba o equipo oleiro e conseguía empatar por medio de Eloy, (70´), pouco despois. Puido chegar o segundo dos buñeses, pero foi Sergio Cancela, o que desnivelaba o derbi, (80´), e que sería o marcador final, ainda que o Buño fíxose merecedor a lo menos o empate, con duas boas ocasións ata o pitido final.

 

CD Baiñas 3-1 SD Laxe

Foi mellor o equipo laxense na primeira metade na que se adiantaba cun tanto de Iago Torres, (31´), pero que sufreu a mala sorte dun tanto en propia porta de pombo, xusto antes de irse ao descanso, (44´). Foi deses goles que lle chaman “psicolóxicos”, pois na segunda metade, nada tivo que ver o equipo laxense co da primeira, e o Baiñas, foi o equipo que nos acostuma a ofrecer. Kevin no 53 facía o da remontada e 3 minutos despois Anibal, sentenzaba, e finiquitaba o choque, que levaba trazas de sen máis igualado, visto a a primeira metade.

 

-Xogado o sábado-

A chuvia converteu o campo nunha piscina.

 

SCD Malpica 1-2 SD Camelle

Tal e como vos contábamos o sábado, tratábase do primeiro encontro oficial do fútbol da costa neste 2023, o que se xogaba no Pedra Queimada. Adiantábanse os camelláns aos 4 minutos de xogo por medio de Diego “Chori”, gol que non tardaban en neutralizar os malpicáns, por medio de Kevin, (19´). Con este resultado chegábase ao descanso. A cllimatoloxía adversa facía que o campo malpicán estivese anegado de auga, polo que a circulación do balón era moi complicada en gran parte do campo. “Chori”, a volta de vestiarios facía o segundo na sua conta particular, e do seu equipo, (49´), un golazo por toda a escadra a bote pronto, que a postre sería o da vitoria visitante.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

 

-Foto arquivo : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia