CRÓNICAS 15ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPOS 2 E 4 : “XORNADA NEGATIVA NO GRUPO 2 E PLENO DE VITORIAS NO GRUPO 4, AGÁS NO DERBI MAZARICOS-MIÚDAS, QUE FOI NEGATIVO PARA AS MAZARIQUENSES”.

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA

-15ª Xornada-

 

Grupo 2

 

Corme CF 1-2 UDJ Almeiras

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido moi duro contra o Almeiras, equipo con moitas tablas en canto a todos os aspectos do fútbol, no que o noso equipo saliu a competir como sempre o facemos e en ese sentido dou a cara, quizá sin o protagonismo con balón de outros partidos pero si vendendo moi caro os 3 puntos, como entrenador moi orgulloso da actitude das miñas xogadoras“.

Corme CF : Belén, Ana, (Aurora), Aroa, (Salomé), Laura, Vero, Naroa, Carla, Irene, Cris, Nati, (Cecilia), e María, (Candela)

Goles : 0-1, Ingrid, (50´); 1-1, Naroa, (32´); 1-2, Ingrid, (54´).

 

As capitanas co colexiado do encontro Yannick Juncal.

 

Brexo Lema SD 3-0 Ponteceso SD

Marcos Curro, (Adestrador do Ponteceso SD) : Comezaba o encontro con un Brexo Lema que saía a polo partido dende o pitido inicial e pronto chegaría o seu gol para adiantarse no minuto 5 grazas a aproveitaren un rexeite da porteira María na que a xogadora local non perdonaría o 1 a 0 ramatando a gol na área pequena . Non baixarían os brazos e seguirían ben asentadas no terreo de xogo tratando de sacarlle a posesión a un moi bo Brexo pero sen apenas inquedar a porteira local. Chegaría o segundo gol local grazas a un penalti por mans de Lara Fariña e na que a porteira pontecesá María tocou o disparo pero este acabaría no fondo das redes. Chegaríamos o tempo de lecer co resultado de 2 a 0 .

Na reanudacción faría varios trocos Curro na que lle deu mordente o equipo e sen nada que perder iríanse a polo encontro , tendo claras ocasións de gol por medio de Ainhoa , Myre e Muíño pero onde o balón non entraría. Tamén tería un par de ocasións a contra o Brexo nas que foron moi ben paradas pola meta Colores. Chegaría o definitivo tres a cero xa co Puenteceso volcado en busca do gol grazas a un tiro dende fora da área e moi ben colocado no que Colores solo poido mirar como se coaba no interior da porteria.

Moi boa segunda parte das visitantes , poñéndolle o partido moi complicado a un claro aspirante polo título“.

 

 

Ponteceso SD : María Lema, Andrea Varela, Eva Carril, Andrea Rodríguez, Myrella, Ainhoa, Lara, Noelia Martínez, Miriam, Laura Berdeal e Silvia : Tamén xogaron : Noelia Blanco, Saray, Laura Rodríguez e Sabrina.

Goles : 1-0, Amanda, (5´); 2-0, Mercedes, (35´); 3-0, Leticia, (78´).

 

Sporting Cambre B 4-1 UD Cerqueda

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Primeira parte moi boa das nosas poñóndonos por diante no marcador, e tendo ocasións para ampliar o resultado. Nun desaxuste, empátannos o partido e ímonos o descanso. A segunda parte comezámola ben e con opcións de adiantarnos, pero nunha boa xogada das locais marcan o 2-1. Fomos xustas de efectivos, e 2 lesións deixáronnos sin marxen de manobra. Contra o final, o equipo local ampliou o resultado ata o 4-1 final. Enorme traballo das rapazas, que poñen todo da sua parte para seguir mellorando día a día”.

 

UD Cerqueda : Laura lema, Lucía, Uxía, Paula, Mónica, Tatiana, Irene, Raquel, Vanesa, Inés e Mariña. Tamén xogaron : Jimena, Carla e Sonia.

Goles : 0-1, Paula, (14´); 1-1, Mar, (21´); 2-1, Iiria, (62´); 3-1, Iria, (74´); 4-1, Carla, (74´).

 

CLASIFICACIÓN

 

 

Grupo 4

As dumbriesas celebrando a vitoria nos vestiarios.

 

SD O Pino 0-2 CF Dumbría

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : “Non foi a mellor semana para as nosas en canto o apartado de baixas se refiere, ata 9 aisencias por diferentes motivos provocaron ter que cambiar o olan previsto para o duelo do Domingo, así e todo as costeiras volveron co pelexado premio dos tres puntos pero ampliando o apartado de lesións, polo que non se pode valorar como positivo o partido ante O Pino.

O obxectivo principal cumpliuse con nota, mantendo a portería a cero froito dun gran traballo en equipo, menos sorte de cara a porta rival ainda que non por falta de ocasións e tamén por falta de agudeza visual dun “vello coñecido” que xa nos ten contado que se relaxa un pouco cos partidos femeninos (…)

María das Carisas abreu a lata cun bo disparo tras unha boa xogada de Ainoa e pouco despois Yoli se anticipaba ás defensoras para rematar un rexeite doutra internada da de Outes. A meta local traballou a reo para que o resultado non sufrira máis alteracións nun partido sin ocasións das locales e ben controlado polas dumbriesas. Esperamos recuperar efectivas para os vindeiros duelos contra rivales da zona de promoción“.

CF Dumbría : Lía, Carril, Serena, Noa, Martina, María das Carisas, Kelly, Claudia, Ainoa, Reyes e Yoli.
Entraron: Icía, Paula Rodriguez, Naira, Naiara e Sabela.

Goles : 0-1, María das Carisas, (9´); 0-2, Yoli, (13´).

 

 

SD Dubra 0-3 UC Cee

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee Feminino) : “Encontro sen m oita historia ante un dos debutantes da categoría, que foi cómodo, xa que a media hora gañábamos por 0-3. Tivemos ocasións para que chegasen máis goles pero non estivemos atinadas de cara a portería. A segunda metade moi aburrida e con pouca historia xa que había bastante superioridade pola nosa parte e eso causou relaxación e non marcamos máis goles”.

UC Cee : Noemi, Lucía Facal, Nerea, Lucía Caamaño, Saray, María Lijó, Sharay, Antía, Lucía Martínez, Laura e Ruth. Tamén xogaron : Sabela e Nayara.

 Goles : 0-1, Saray, (10´); 0-2, Lucía Martínez, (24´); 0-3, María Lijó, (27´).

 

 

CF Vista Alegre 0-4 Xallas FC

Rupper, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido onde o Xallas dominou pese a sair demasiado relaxadas o comezo do partido. Na primeira parte o balón atopouse case sempre no lado do Vistalegre onde se intentarou chegar a porteria contraria combinando, pero sen chegar en demasía a posición de perigo. O primeiro gol sairía do pé de Andrea Barbeira, no minuto 19, tras unha falta ao borde da area, lanzada maxistralmente que atopou a escadra. O partido seguiría cun monologo verde ata que no minuto 41 Yasmina, tras unha serie de regates consigue plantarse diante da meta santigaguesa e acada o segundo gol. Un 0-2 o descanso que aínda que curto facía xustiza o visto sobre o Santa Isabel.
A segunda parte empeza con máis intensidade por parte de ambos equipos, tras varios minutos coa pelota en xogo Yasmina volve a marcar, despois dun asistencia de Oli no minuto 69 (0-3). O resultado non aumentou ata que Claudia tras un pase de Valeria no 81′ cerraria o marcador co resultado final de 0-4”.

Xallas FC : Laura, Saskia, Maite, Andrea Otero, Olalla, Andrea Barbeira, Luchy, Yasmina, Mery e Paula Barcia.
Tamén xogaron: Rhany, Nuria, Yaiza, Claudia, e a debutante Valeria.

Goles : 0-1, Andrea Barbeira, (19´); 0-2, Yasmina, (41´); 0-3, Yasmina, (69´); 0-4, Claudia, (82´).

 

-Xogado o sábado-

 

O ED As Miúdas que xogou na Picota.

 

CF Mazaricos Femnino 0-3 ED As Miúdas

Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos Feminino) : ” Partido competido onde as Miúdas levaron o peso da primeira parte. Dominaron o medio campo e pronto conseguirían un gol de xogada ensaiada de córner. Xusto despois deste gol Claudia case marca cun tiro raso, pero a sua porteira estivo moi acertada. Nos seguimos presionando timidamente pero as internadas de Jirra non acababan en perigo. Nun rexeite ao borde da área marcaron o segundo gol dun tiro lonxano. Chegamos ao descanso co 0-2 en contra. Na segunda metade repuxémonos un pouco no medio campo, pero nn foi suficiente, tivemos oportunidades en diversas saídas da súa porteira, pero en ningunha estivemos acertados. As Miúdas marcarían o terceiro tras unha contra, ao rexeite dunha falta na frontal. Mandarlle ánimos a súa xogadora Saray, que saeu lesionada no minuto 19″.

Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Nada, a estas alturas como todos os equipos pois hai moitas baixas e desta tocoulles as máis novas tirar do carro. Destacar que saimos coas tres infantís convocadas coa Selección da Costa Sub 14, (Alba, Ximena e Elba), e foron elas as que levaron o peso e ritmo do partido, marcando un gol Elba, e outro Alba. Empezamos cun gol de corner no minuto 9 de Elba. Despois sobre o 20 outro gol de Alba desde a frontal.
E sobre o 59 marcou Sofía. Un partido no que xogamos bastante acorde o que buscamos destacando a clase das tres infantís que deron un recital. Tamén o Mazaricos puido facernos algo de dano pero a porteira nosa estivo moi acertada. Destacar a importante lesión da nosa Saray que mancou un xeonllo”.

CF Mazaricos : Pedrosa, Claudia, Fátima, Valeria Gascó, Antía, Silvia, Tamara, Lúa, Hermida, Ánxela e Jirra.
Tamén xogaron: Leire, Katia, Buján, Saray e Antelo.

ED As Miúdas : Adriana, Uxía, Elba, Alba, Claudia, Sofía, Saray, Marina, Paula, Marcela e Ximena. Tamén xogaron : Bárbara, Clara, Ana, Carlota e Naiara.

Goles : 0-1, Elba, (9´); 0-2, Alba, (29´); 0-3, Sofía, (54´).

Incidencias : Saeu lesionada nun xeonllo a xogadora do ED As Miúdas, Saray, a cal lle desexamos unha pronta recuperación.

 

CF Mazaricos Feminino que xogou na Picota.

 

CLASIFICACIÓN

 

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

 

-Foto Mazaricos : Borja Busto

-Fotos Ponteceso  : Marcos Curro

-Foto CF Dumbría :  Fran Figueroa

-Texto e montaxes : piratasdemuxia