CRÓNICAS 15ª XORNADA 2ª DIVISIÓN FEMININA GALEGA G3 : “VITORIAS DE UC CEE E UD CERQUEDA CON GOLEADAS, E DERROTAS DE XALLAS FC E ED AS MIÚDAS”.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3

Unha dúcia fixeron as ceenses en Amio.

 

CF Noia 7-1 ED As Miúdas 

Aguantáronlle as muradanas o lider a primeira metade, que rematou co resultado de 2-0 no marcador, pero na segunda a pesares de que Patri facía o gol muradán, que representaba o 3-1, as da Terra do Berberecho foron unha apisonadora e acabarían cgoleando. Marcaron polas de Noia : Antía, Xulia, Adiana, (2), Julia, Amaia, e Noelia. 

Na vindeira xornada, (16ª), o ED As Miúdas recibe no Eleuterio Balayo ao colista Amio SD, en principio o Domingo 20 de Febreiro. As muradanas seguen na penúltima praza con 2 puntos, 1 máis das amiesas.

 

 Cacheiras SD 2-0 Xallas FC 

Deixou o encontro resolto o Cacheiras na primeira metade con goles de Carla, (37´) e Xiana, (44´), ainda que había moito marxe para tratar de puntuar con toda a segunda metade por diante, as xalleiras non foron quen de poñer un gol que as puxese no encontro.

Na vindeira xornada, (16ª), o Xallas FC recibe o Domingo 20 de Febreiro no “A Fontenla” de Santa Comba ao lider CF Noia. A pesares da derrota as xalleiras continúan na 7ª praza con 13 puntos.

 

Amio SD 0-12 UC Cee

Non tivo piedade o equipo ceense ante o colista e xa se ía o descanso co choque máis ca resolto, cun vraro 0-5 a favor. Na segunda metade ainda chegarían 7 máis. Pódese dicir que foi un encontro “Lucido” do equipo de Cee, pois marcaron as 4 rapazas co nome de Lucía un total de 8 goles : Lucía Martínez, (5), Lucía Canosa, (1), Lucía Rodríguez, (1) e Lucía Barreiro, (1). O resto dos goles foron obra de : Uxía, María Lijó, Marina e Minerva.

Na vindeira xornada, (16ª), o UC Cee recibe o Domingo 20 de Febreiro no “Sampaio de Refoxos” de Xallas, (Cee), ao lider Praiña Sporting Club. Con esta vitoria as ceenses continúan na 3ª praza, agora con 28 puntos a 4 do lider CF Noia e a 1 do segundo, Cacheiras SD.

 

UD Cerqueda 4-0 Victoria CF “C”

O equipo ceense tocoulle descansar nesta xornada e na vindeira, (13ª), visita no “A Cañoteira”, (Cacheiras),  ao Cacheiras SD o Domingo 30 ás 17:00 horas. As cecenses teñen agora tras descansar o lider CF Noia, que goleou o colista Amio SD, (0-12), a 4 puntos, pero cun encontro máis as noiesas.

Na vindeira xornada, (16ª), o UD Cerqueda recibe o Domingo 20 de Febreiro no “Xaviña” de Buño, (Malpica), ao CD Unión. Con esta vitoria as cerquedenses suben a 5ª praza, agora con 25 puntos a 2 do SR Calo, que marca as posicións de promoción de ascenso, a 3 do UC Cee, (3º) e 4 do Cacheiras SD, (2º).

 

OUTROS RESULTADOS

CD Unión  Praiña Sporting Club, (Aprazado por casos COVID-19)

 Descansou : SD Calo. 

 

-Foto : Muchi/UC Cee

-Texto : piratasdemuxia