CRÓNICAS 15ª XORNADA 1ª GALICIA G2 : “VITORIAS DE SONEIRA, XALLAS E ESTEIRANA, ESTE ÚLTIMO NO DERBI CO BAIO, E DERROTA DO MAZARICOS”…SUSPENDIDO O DUMBRÍA-CORDEIRO.

 

Xallas FC 4-1 CF Silleda

Vitoria xalleira máis complicada do que di o resultado, pois non foi ata o treito final do choque cando se declinou a balanza da parte xalleira. Álex Blanco adaintaba aos de Adrián Vázquez aos 17 minutos de xogo, resultado que non se movería ata a segunda metade, cando empataba para os visitantes Miguel Núñez, (56´), pouco lles durou a ledicia, pois 10 minutos despois de novo Álex batía a Marxos Taboada. Non foi ata o 83 cando Stefan poñía terra de por medio e sentenzaba o choque, que finiquitaba Rubén Sande un minuto despois, nunha boa reacción xalleira.

 

CF Dumbría Cordeiro CF

Así anunciaba o CF Dumbría a suspensión deste encontro nas suas redes sociais : “O partido de liga na primeira autonómica correspondenta a xornada 15 entre o CF Dumbría e o Cordeiro CF que se tiña que desputar no día de hoxe, queda suspendido”. Pola sua banda dende a RFGF comunican que o encontro foi supendido “por causa de forza maior”.

 

 

CD Lalín 3-1 CF Mazaricos

Con moitas baixas chegou o equipo mazariquense para enfrontarse a un dos cocos da liga, pero a pesares de todo plantou cara e puxo as cousas difíciles aos lalinenses. Vilariño abría o marcador para os locais ao cuarto de hora de xogo, e cando se superaba a media hora, Mario igulaba a contenda. Pouco duraba a ledicia, pois 3 minutos despois Borja Casal voltaba a poñer por diante aos da casa. Buscou a igualada o equipo costeiro, pero quedaría cun menos no 79, por dobre amarelo a Raúl Bouzas, e un minuto despois chegaría o gol da sentenza, de novo obra de Borja Casal, (80´).

 

CD Baio 0-2 SCDR Esteirana

Levouse o derbi costeiro o equipo esteirán, nun choque xogado de poder a poder e con moitas alternativas no xogo, e cun Platas Reinoso cun gran ambente. Godo aos 57 minutos poñía por diante aos sureños, e cos baieses na procura do empate, Tobío facía o segundo, (77´). Non decaeu o choque ata o pitido final, cun Baio volcado e un Esteirana saindo a contra.

 

Soneira SD 1-0 SD Agolada

Importante trunfo dos de Pedro Gómez, para seguir enganchados a loita polos postos altos. Un tanto de Iván Noya aos 29 minutos de xogo deulle os 3 puntos aos vimianceses, que tiveron que sufrir ata o pitido final, pola curta ventaxe.

 

RESTO DE RESULTADOS

SD Tordoia 3-1 Flavia SD

SD Cruces 1-1 Puebla FC

CF Vista Alegre 0-1 Cidade de Ribeira CF

SD Negreira 1-0 SR Calo

 

CLASIFICACIÓN

 

-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

 

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia