Aquí tes nun só artigo as crónicas dos nosos equipos na Preferente Norte, e 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago. Nunha xornada na que o Sofán vencía a domicilio a un dos colistas, nun choque no que non podía perder e que lle permite escalar posicións e acercarse os postos de arriba, e ademáis sacar o mal gusto da derrota na Supercopa de Galicia do pasado mércores. Eso na Preferente Norte.
Na 1ª Galicia G2, o Baio caía derrotado polo Unión nun hcoque no que houbo maís goles ca fútbol e curta unha xerira de 9 dos derradeiros 12 puntos en xogo. Tamén caía derrotado a Esteirana na sua visita o Municipal de Bertamiráns, e facíao cun tanto en propia porta no desconto final. O San Lorenzo sacaba un punyo ante o falvia nun choquer no que chegou a ir 2-0 perdendo e sobrepúxose, e as vitorias viñan da man do Fisterra e o Dumbría, ambos a domicilio.
PREFERENTE NORTE
-15ª Xornada-
SD Residencia 0-4 SD Sofán
Pablo Torreira, (Adestrador do SD Sofán) : “Saimos moi ben ante a Residencia, que é un equipo sae moi ben dende atrás e a raíz de facer dous roubos nesas saidas de balón conseguimos poñernos con 0-2 no marcador. O primeiro tralo roubo en medio campo apertura a banda e Martín asisteu para que Luca fixese o primeiro. O segundo tralo roubo de Marcos Montero, que xa leva 4 goles, e despois de driblar o defensor e encarar o porteiro para batilo no man a man. A raíz deste segundo gol baixamos o ritmo e o Residencia estivo a piques de reducir distanzas con duas boas o casións cons endos remates a madeira. Na segunda metade fixemos modificacións xa que víñamos do encontro da Supercopa galega de Balaidos e conseguimos facer ocasións e materializar un par delas. A primeira cun testarazo a saida dun saque de curruncho por parte de Taibo e o segundo que viña sendo o cuarto, foi tras unha falta que botou Braian dende o borde do área. Vitoria importante tralo varapau do mércores na Supercopa, e seguir tentando acercarnos pouco a pouco a eses postos de arriba”.
Goles : 0-1, Luca, (9´); 0-2, Marcos, (20´); 0-3, Miguel Taibo, (55´); 0-4, Braian, (80´).
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
CALENDARIO : PREME AQUÍ
1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO
-15ª Xornada-
O cortou unha xeira de 4 encontros sen perder.
CD Baio 0-3 CD Unión
Félix García Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Córtase a racha positiva do Baio ante un dos mellores equipos da categoria, ainda así sendo un resultado abultado para o visto no partido. Primeira metade igualada onde o Baio lle faltou acerto no último pase de cara a xerar ocasións claras, pero salvo algún corner tampouco o Unión era capáz de xerar. Foi na segunda parte onde o equipo visitante foi capáz de adiantarse en acción precedida de desaxuste en defensa, e falta de intensidade no segundo balón para poñer o 0-1. A raíz do gol estiramos para ver se éramos capaces de igualar, e en duas contras no treito final supuxeron o 0-3 final”.
Goles : 0-1, Luis, (53´); 0-2, Néstor, (79´); 0-3, Mauro, (90´).
Flavia SD 2-2 SD San Lorenzo
Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador pasouse a unha segunda na que os padroneses sairon mellor e conseguían poñerse cun claro 2-0, ante o que a resposta dos de Verdillo foi boa, xa que acurtaban pasada a hora de xogo 4 minutos despois de recibir o segundo, un gol de Jairo que era moi importante de cara o deselvolvemento final, xa que no treito final Joaquín facía o do empate e deixaba aberto calquer desenlace ata o pitido final.
Goles : 1-0, Jorge, (49´); 2-0, Damián, (60´); 2-1, Jairo, (69´); 2-2, Joaquín, (84´).
SD Agolada 1-2 SD Fisterra
Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Foi un partido igualado e moi competido ata o final. Puxémonos por diante antes do descanso con un gol de Diego, o que nos dou moita tranquilidade, perdonamos varias ocasións para sentenciar e cerca do final, empatan. Pero un minuto despois Isaac materializa un penalti feito sobre Diego. Victoria moi traballada”.
Goles : 0-1, Diego Estévez, (43´); 1-1, David, (83´); 1-2, Isaac Fábregas, (84´de penalti).
Bertamiráns FC 3-2 SCDR Esteirana
Comezou moi ben o choque para os esteiráns cun tanto de Carlos Rama no primeiro minuto de xogo e a piques de estiveron de irse o descanso ca vitoria pola mínima, pero un tanto de Martín antes de enfilar os vestiarios levaba as táboas o marcador. Non foi ata pasada a hora de xogo cando chegaba o gol da remotada local, pero non lle duraría moito a ledicia aos locais, pois un tanto en propia porta de Julio Díaz, significaba a igualada para os esteiráns, que sufrían tamén un gol en propia porta, pero deste vez deles mesmos, o desvianr o fondo das suas propias mallas Damián, xa cando se podía firmar un punto no difícil campo de Bertaminráns.
Goles : 1-0, Carlos Rama, (1´); 1-1, Martín, (44´); 2-1, José, (61´); 2-2, Julio Díaz, (73´); 3-2, Damián, (descotno).
Praiña Sporting Club 2-3 CF Dumbría
Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “A espera do seu comentario—“.
Goles : 1-0, Javier, (7´); 2-0, Pedro, (12´); 2-1, Miller, (25´); 2-2, Miller, (45´); 2-3, José, (84´).
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
CALENDARIO : PREME AQUÍ
-Foto : Luis González Botas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”