CRÓNICAS 15ª Xda DA 1ª GALICIA : “O MAZARICOS GAÑA NO DERBI CO VOLANTES E VITORIA DO SONEIRA, E TORDOIA, EMPATE DO BAIO E DERROTA DO DUMBRÍA”.

O Mazaricos segue escalando a costa do Volantes.

 

CF Mazaricos 3-1 Volantes de Baño CF

Chicho, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido moi igualado que se decideu por fallos nas 2 áreas. No que salimos a aprovechar os espacios entre líneas que deixa o rival. Primeira parte que empeza moi igualada, pero o meu parecer fomos lixeiramente superiores…O gol ven dun saque de banda que executa Mario, e nun fallo deles Vitu ejecuta de cabeza na área pequena. Tivemos algunha contra… Pero sin máis ocasións salientables. Na segunda parte eles meten a Thiago arriba e retrasan a Oliver e empiezan a xenerar peligro desde o sei xogo directo, e 2 balón. Foron moito máis intensos e meteronnos atrás, en parte porque físicamente baixamos algo. Encontran un gol que viñan merecendo no balón parado. Non nos metemos atrás e damos un paso, e sin tempo a nada un chut de Borja desde lexos, e recollido por Viturro para facer o 2-1…un golpe Forte para eles. Cos cambios o equipo mellora e xa acabando Adrián e derribado na área e Vitu fai o 3. Vitoria moi importante que nos distancia da zona de descenso, ante un rival directo na loita pola permanencia”.

José Manuel “Sil”, (Adestrador do Volantes de Baño CF) : “Baixo meu punto de vista creo que foi unha primeira parte igualada e sin apenas ocasións. Sufrimos i gol nunha acción subrealista pero seguimos ben sin perder orden. Na segunda creo que fixemos meritos para por o menos non perder. Tivemos chegadass mui claras e como consecuencia empatamos no 80. E creo qe estaba para nós, pero as dinamicas son asi e na mais sacar de centro fan tiro mui lonxano e o rexeitce do porteiro aproveito viturro. Ainda tivemos o empate nun man a man de Xián e nun tiro de Rachón. Xa na ultima xogada penalty e sentencia. En defenitiva creo que merecemos mais e cimpetimos ben nun campo moi complicado e ante un bo equipo. Hai que seguir…”.

 

SD Soneira 3-2 Piloño SD

Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : “Foi un partido no que non nos encontramos cómodos en ningún momento ante un equipo con moito poderío físico. A primeira metade discurriu sen apenas ocasións polos dous bandos. Na segunda parte sufrimos dous mazazos seguidos cos dous goles do Piloño. Pero en menos de 10 minutos poidemos igualar o resultado por medio de Basti e Leilán. De aí ata o final o equipo encerrou ó Piloño e Javi lograría o gol da victoria no último minuto de desconto”.

 

SD Tordoia 1-0 CD Unión

Danio Calvete, (Adestrador do SD Tordoia) : “Fixemos un partido moi serio e moi completo desde a defensa, ante un moi bo equipo, que incomprensiblemente se encontra na parte baixa da clasificación, o que di a igualdad desta temporada. Denis fixo un bonito gol a pase de Maki, que nos dou unha victoria moi importante”.

 

SD Agolada 2-2 CD Baio

Bruno, (2º Adestrador do CD Baio) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí”.

 

SD Negreira 2-1 CF Dumbría

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Victoria merecida do Negreira, que a piques estivemos de evitar gracias a un gran esforzo. Empezamos bastante ben o partido, controlando ben o xogo e atacando con perigo. Froito deso adiantámonos no marcador por medio de Yuyo tras unha boa xogada colectiva. Pouco despois perdemos a Darío por lesión , e xunto ao bo facer do Negreira, perdemos o control do partido. Ao descanso, conseguimos chegar por diante, a pesar de que o Negreira tivo un penalti para facer o empate, que impediu Anxo. Na segunda metade o Negreira buscou un partido con xogo moi directo e moi físico no que fomos moi inferiores e só podíamos contrarrestar gracias a un gran esforzo individual e a unha gran actuación de Anxo que nos mantía no partido. As nosas opcións pasaban por conseguir elaborar unha boa contra. Tivemos a nosa opción no minuto 85, onde Marcote tras unha gran xogada individual está a piques de facer o segundo. No seguinte minuto, nunha falta lateral, eles facían o empate. O Negreira, como en toda a segunda parte era moi superior, sobre todo no xogo aéreo. Non se conformaron co empate, e 5 minutos despois conseguían a remontada. Merecida victoria dun Negreira, que a piques evitamos porque fixemos un esforzo moi grande. Mal sabor de boca porque estivemos moi cerca polo menos de traer un punto”.

 

CLASIFICACIÓN 

(Equipos costeiros)

SD Soneira : 1º con 33 puntos

CF Dumbría : 4º con 27

CD Baio : 8º con 22

CF Mazaricos : 10º con 20

SD Tordoia : 12º con 19

Volantes de Baño CF : 16º con 11

 

-Foto e Texto : Jorge Villar “Gorrión”/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.