CRÓNICAS (15ª Xda) : “Chuvia de goles para pechar a primeira volta nunha Liga da Costa sen dono”.

LIGA DA COSTA
15ª xornada 
Domingo 18/01/2026

CD Muros 3-3 SD Sofán ” B”

Sporting Zas 3-4 Xallas FC

UD Corcubión 2-3 SD San Lorenzo

SCD Malpica 3-3 CD Baio

Cabana SD 6-2 Ponteceso SD

CF Porteño 6-1 UD Monte Louro

CF Corme 2-5  Soneira SD

Outes FC 3-3 CF Mazaricos

 

 

CRÓNICAS
Xornada con record de goles na Costa: empates imposibles, remontadas e goleadas sen piedade

A Liga da Costa viviu a xornada derradeira xornada da primeira volta e foi máis espectaculares do curso e dos derradeiros anos, cunha auténtica chuvia de goles en practicamente todos os campos. Foron 52 goles marcados e ata sete encontros superaron os cinco goles, confirmando unha categoría viva, sen especulacións e onde ninguén dá un balón por perdido.

CD Muros 3-3 SD Sofán “B”

Empate vibrante e seis goles no Eleuterio Balayo

Partido eléctrico o vivido en Muros, con alternativas constantes no marcador e emoción ata o final. O filial sofanista saíu mellor e adiantouse cedo, pero os muradáns reaccionaron e lograron darlle a volta antes do descanso. Na segunda metade, novo empate nun choque que fixo gozar á bancada.

Goles:
0-1, Dani Calvete, (2’, penalti);
1-1, Juan “O vello”, (16’);
1-2, Mateo, (22’);
2-2, Iván, (24’, en propia porta);
3-2, Dani Fernández, (41’);
3-3, Dani Rodríguez, (65’).

Incidencias:
Expulsado Óscar Ferreiros, no banco do Sofán “B”, no minuto 70.

Sporting Zas 3-4 Xallas FC

Derbi intenso no San Andrés con final de infarto

O Xallas levou os tres puntos dun San Andrés co cartel de derbi, nun encontro marcado pola rivalidade histórica, o bo ambiente e un final absolutamente tolo. Os xalleiros golpearon primeiro e souberon xestionar a vantaxe, aínda que o Zas estivo moi preto de rascar un empate que rozou cos dedos.

Goles:
0-1, Sergio Barbeira, (15’);
1-1, Salah, (17’);
1-2, Bryan, (36’);
1-3, Sergio Doro, (51’);
1-4, Sergio Barbeira, (55’);
2-4, Brais Espasandín, (71’);
3-4, Álvaro Fariña, (86’).

Incidencias:
Expulsado Brais (Sporting Zas) por dobre cartón amarelo no 95’.
Expulsado con vermello directo Manuel Couto, delegado do Xallas, no mesmo minuto.

Rubén Forján (adestrador do Sporting Zas):

“O encontro disputouse nun gran ambiente, marcado pola proximidade entre ambos clubs e pola rivalidade histórica que sempre consegue reunir a moitos afeccionados en San Andrés.

O Xallas comezou mellor asentado e nós non conseguíamos triangular con claridade. Eles achegábanse con perigo, sobre todo a balón parado, e nun balón longo Barbeira baixou a pelota na frontal, xirou e marcou. Ese gol serviunos de despertador e empatamos cunha boa xogada colectiva culminada por Salah.

Tivemos os nosos mellores minutos no 1-1, incluso cun balón ao longueiro, pero antes do descanso Bryan fixo o 1-2 nun córner mal defendido.

Na segunda parte o Xallas saíu máis enchufado e fixo dous goles máis. Cos cambios melloramos, tivemos ocasións claras e chegamos a poñernos 3-4, rozando o empate ata o final. Pola reacción e polo tramo final, creo que merecemos máis”.

UD Corcubión 2-3 SD San Lorenzo

O fútbol castiga ao Corcubión pese a facer un gran partido

Derrota moi cruel para un Corcubión que fixo méritos dabondo para gañar ou puntuar. O San Lorenzo foi letal nos momentos clave e levou os tres puntos nun encontro cheo de ocasións e alternativas.

Goles:
0-1, Iago López, (10’);
0-2, Iago López, (53’);
1-2, César Lojo, (65’, penalti);
2-2, Samuel Rama, (73’);
2-3, Marcos Corral, (76’).

Incidencias:
Expulsado José Ramón (Corcubión) por dobre cartón amarelo no 90’.

Isidro Trillo (adestrador da UD Corcubión):

“Foi un partido moi bonito de ver, con moitos goles, no que creo que non merecemos perder. Tivemos máis ocasións e xogamos mellor, pero eles aproveitaron moi ben as súas.

Puxéronse 0-1 nunha saída e desde o minuto 20 estivemos enriba, entrando por bandas e facendo do porteiro deles o mellor do encontro. Na segunda parte saímos igual, pero collen ao noso porteiro adiantado e fan un golazo desde medio campo.

Tivémolas de todos os cores. César acurtou de penalti, Rama fixo o empate e cando eles xa estaban moi cansos, nun rebote desgraciado chegou o 2-3. Ata o final tivemos ocasións clarísimas, un balón ao pau e unha chea de córners, pero non houbo maneira. Seguimos xogando ben, pero non temos sorte”.

SCD Malpica 3-3 CD Baio

O Baio remonta e rescata un punto en Malpica

Outro empate de tolemia, cun Malpica que se puxo 3-1 pero viu como José Souto, con dous goles, salvou un punto para o Baio nun segundo tempo cheo de tensión.

Goles:
1-0, Aday, (18’);
2-0, Luís, (23’);
2-1, Luís, (36’);
3-1, Saydou, (43’);
3-2, José Souto, (74’);
3-3, José Souto, (78’).

Incidencias:
Expulsado David Baña, adestrador do Malpica, no 45+1.
Expulsado Jonatan (Malpica) por dobre cartón amarelo no 81’.

Cabana SD 6-2 Ponteceso SD

Vendaval do Cabana tras o descanso

O Cabana asinou unha das súas mellores actuacións da tempada cunha segunda metade demoledora, pasando por riba dun Ponteceso que resistiu ata o intermedio.

Goles:
1-0, Simón, (8’);
1-1, Alberto Recarey, (21’);
1-2, Iván, (38’);
2-2, Sergio, (54’);
3-2, Brais, (58’);
4-2, Alejandro, (61’, penalti);
5-2, Blas, (81’);
6-2, Aarón, (93’).

CF Porteño 6-1 UD Monte Louro

O Porteño non tivo piedade

Exhibición ofensiva do Porteño, que deixou o encontro resolto en apenas media hora ante un Monte Louro superado dende o inicio.

Goles:
1-0, Gabriel, (6’);
2-0, Brais Mouzo, (13’);
3-0, Bruno, (21’);
4-0, Bruno, (25’);
5-0, Gabriel, (34’);
5-1, Íker, (73’);
6-1, Juan Martín, (89’).

CF Corme 2-5 Soneira SD

O Soneira impón o seu ritmo en Corme

O Soneira foi superior e levou os tres puntos dun campo sempre complicado, cun Alberto “Vía Rápida” decisivo con dous tantos.

Goles:
1-0, Hugo, (13’);
1-1, Alberto “Vía Rápida”, (16’);
1-2, Mario, (32’);
1-3, Adrián, (41’);
2-3, Israel, (80’);
1-4, Alberto “Vía Rápida”, (85’);
2-5, Xavier, (94’).

Outes FC 3-3 CF Mazaricos

Intercambio de golpes e reparto de puntos

Outro empate de alta voltaxe, cun marcador cambiante, con cada gol dun respostaba co empate o outro o que mantivo a emoción ata o final.

Goles:
1-0, Sergio, (6’);
1-1, Marcos, (8’);
1-2, Kevin, (11’);
2-2, Hugo, (61’);
3-2, Kevin, (64’);
3-3, Sergio, (74’).

Incidencias:
Expulsado Kevin Lariño (Outes FC) con vermello directo no 91’.

.

CLASIFICACIÓN

San Lorenzo : 32
Xallas FC : 29
SCD Malpica : 28
Porteño CF : 24
CD Baio : 24
Ponteceso SD : 24
Cabana SD : 23
Outes FC : 22
UD Corcubión : 19
10º CF Corme : 19
11º CD Muros : 18
12º Soneira SD : 16
13º Sporting Zas : 15
14º SD Sofán “B” : 15
15º UD Monte Louro : 14
16º CF Mazaricos : 14

LIGA DA COSTA
16ª xornada 
Domingo 25/01/2026

Cabana SD  CF Porteño

SCD Malpica – Ponteceso SD

Outes FC – CD Baio

UD Corcubión – CF Mazaricos

Sporting Zas  SD San Lorenzo

CF Corme – Xallas FC

Soneira SD  CD Muros

SD Sofán ” B”  UD Monte Louro

.

-Foto Sporting Zas : Prensa do clube

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comenatrios : propios dos adestradores