Crónicas 14ª Xornada
Muxía CF 5-1 Corme CF
Levouse o encontro o equipo que mellor soubo xogar co vento, primeiro e favor e logo en contra. Forte temporal na Arliña, coma en toda a costa. O Muxía apretou co vento a favor e así chegaría o primeiro tanto. Un gol en propia porta de Israel, tratando de despexar, (14´). Non era quen de circular o balón contra o vento o equipo cormelán, e pronto chegaría o segundo dos muxiáns, por medio de Fran Moreira, cun forte disparo que se envenenou co vento, (25´). Mauro Romanía facía o terceiro a media hora de xogo, e ainda puideron chegar máis. Na segunda metade era o turno do factor climático para os cormeláns, ante un Muxía, que se defendía ben. Lucas no 71, abría esperanzas no marcador, pero aí saltou o factor do xogar co vento en contra no que os muxiáns desenvolvéronse ben. Xa no desconto Maikel Mouzo facía o 4-1, de penalti, e Javi Toja, completaba a goleada, para arrebatarlle os da Vila da Barca, a segunda posición aos da Vila do Roncudo. Dende o penalti os cormeláns quedaron con dous menos por vermellos diretos a Eloy e Aitor.
UD Cerqueda 1-6 UC Cee
Repaso dun gran Cee a un Cerqueda que se presentaba o encontro con 11 xustos, pero que ainda cas forzas igualadas, xa se ía o descanso ca crara ventaxe dos ceenses de 0-3 con goles de Isaac Fábregas, (20´e 31´), cun dobrete, o primeiro de penalti, é Ezequiel, (45´). Xa na segunda metade e cas forzas e a moral mermadas, caía o cuarto, obra do veetrano, recuperado, Leo Picallo, (59´). Bruno Romero facía o quinto, (80´), Isaac completaba o seu “Hat-trick”, e o seu 13º gol da tempada, (81´), e o gol da honra dos cerquedenses chegaba marcado en propia porta polo ceense, Adrián Canosa.
CD Muros 4-0 SD Oza
Encontro igualado na primeira metade na que Xabier marcaba na única ocasión crara que tiñan os muradáns. Xa na segunda metade e tralo 2-0 de novo de Xabier, (55´), o encontro foi dos muradáns, que fixeron unha gran segunda metade e completaban a goleada con tantos de Alonso, (56´), e Alejandro, (87´).
Ponteceso SD 4-2 Volantes de Baño FC
Soubo xogar mellor co forte vento o equipo de Pablo Mallón e non desaproveitou os erros defensivos visitantes, a pesares de que se adiantaban os de Baño por medio de Yanki, que voltaba aos terreos de xogo, (13´), conseguían empatar os pontecesáns, por medio de Luis, (27´), que repetía antes do descanso para a remontada, (43´). Xa na segunda metade dous goles nun minuto, marcados por Pablo, (54´), e Eloy, (55´), deixaban o choque resolto. O muradán, Kevin Lariño no 84 facía o definitivo 4-2.
O Louro plantoulle cara o lider.
SD San Lorenzo 2-1 UD Monte Louro
Choque que ven puido ter a igualada no marcador, pero o lider exerceu como tal e aproveitou as que tivo. Jonathan a media hora de xogo adiantaba aos de Berdillo, e xusto antes do descanso poñía o 1-1 no marcador, Abel Rey, (44´). Xa na segunda metade, Raúl, facía a hora de xogo, o gol que a postre lles daría os 3 puntos, para seguir destacados no liderato, e agora con 9 puntos do segundo, trala derrota do Corme en Muxía.
Outes FC 1-2 UD Corcubión
Encontro no que ambos equipos mereceron puntuar, polo que un empate sería o máis xusto, pero tras unha primeira metade na que non se movería o marcador, e que os equipos tiñan máis que loitar co vento que antre eles mesmos, pasouse a unha segunda na que se adiantaban os da Serra cun tanto de penalti de Sergio, (47´). Penalti moi discutido polo de Corcubión. César lojo conseguía o empate no 75´, e cos dous equipos máis pendentes de defender que de atacar, e buscando contras, Mario Suárez, no desconto, acadaba o gol da vitoria corcubionesa.
Camariñas FC 4-1 SD Coristanco
Outro encontro que se decideu por quen soubo xogar mellor co temporal de SW. Ainda que levou o vento a favor primeiro o Coristanco, Djibril aparecía para facer o primeiro da tarde, (22´). Buscou pola vía rápida o equipo da Terra da Pataca o empate, e así foi. Tan só un minuto despois, Jonathan, igualaba o marcador, (23´). Xa na segunda metade os camariñáns souberon aproveitar mellor o factor do vento a favor, e de novo Djibril, (70´), voltaba a poñer os camariñáns por diante. Yuyo de penalti non tardaba en poñer terra de por medio, (75´), e xa cos coristanqueses de baixón, ademáis con numerosas baixas, e tendo que xogar o meta suplente, Rubén, de xogador de campo, Martín finiquitaba o choque, (78´), cunha bagaxe de 3 goles en 8 minutos, que desarbolaron totalmente aos visitantes.
SD Castriz 2-5 Cabana SD
Saíu durmido o equipo xalleiro a pesares de levar o vento a favor, e pronto se poñía con 0-2 o equipo cabanés, nunha magnífica saida o campo. Aarón, (5´) e Simón, (8´), deixaban os xalleiros pasmados. Sebas Rial, no 36 poñía os xalleiros no encontro, pero pronto abriría de novo fenda Raúl, (43´), para os de Cabana. Xa na segunda metade Sebas repetía para os do San Pedro, (58´), e poñíaos de novo de cheo na loita polos puntos. Puido chegar o empate, pero as cousas triocaron no desconto final, pois Sergio, sentenzaba o choque, e xa cos locais cos brazos caidos, Miguel Blanco poñía o definitivo 2-4.
CLASIFICACIÓN
-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ
-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.
-Foto : Eduardo Olveira
-Texto : piratasdemuxia