SD Ameixenda 1-3 SCD Buño
Mereceu máis o equipo amexeindés, pero foi mellor o equipo oleiro, en defensa e de cara o gol. A tónica foi mesma en tódolos campos, forte temporal do SW e dificultades para transitar o balón contra él, e balóns longos, e disparos lonxanos, con él a favor. Con todo eso adiantáronse os da parroquia ceense contra vento, por medio de Crístian Caamaño, (11´), pero remontarían os da parroquia malpicana antes do descanso con goles de, Luis, (30´), e Sergio, (45´). Xa na segunda metade e con vento a favor os ceenses, foron mellores e chegaron con moita claridade, como para empatar, pero sería Eloy o que marcaría para os visitantes, (61´).
SD Laxe 0-1 Sporting Zas
Un tanto de Andrés Bouzas aos 7 mintos de xogo deulle o trunfo a un Zas que soubo defenderse cando levou o vento en contra, e ante un Laxe, que como mínimo mereceu o empate, por insistencia e ocasións. O forte vento tamén foi un Handicap, pero neste encontro non propiciou erros defensivos, coma noutros que se xogaron na xornada dominical de temporal.
CF Lira 4-0 SCD Malpica
Encontro igualadona primeira metade na que se adiantaban os lirachos por medio de Manuel Cartamil, (26´), pero merecendo irse o descanso con empate os malpicáns. Xa na segunda metade e tralo gol de Rubén Lado, (56´), o choque foi totalmente dos lirachos, que acabaron goleando, por medio de Pablo Leis, (68´) e Saúl, (88´).
CD Nantón 2-3 Xallads FC “B”
Cuarta derrota consecutiva dun Nantón que non mereceu a derrota, pero ao que os erros defensivos o crucificaron. Tódolos goles chegaron na primeira metade. Barbeira adiantaba aos xalleiros, (8´), que pronto se poñían 0-2, cun novo tanto, desta volta de Javier, (14´). Reaccionaban os nantoneses e acurtaban por medio de Martín, (22´), e de novo Dani Barbeira anotaba, para o 1-2, (34´). Neste intercambio de golpes, Fran Gavín, acurtaba de novo, (40´), deixando todo aberto para unha segunda metade, na que tamén houbo ocasións, pero na que desta volta, sí as defensas foron mellores ca os ataques.
CF Castrelo 1-2 CF Porteño
Non mereceu perder o Castrelo ante o lider, pero a inercia de campeón bastoulle aos da Ponte do Porto para levarse o encontro. Moi complicada a situación polo forte vento e o posicionamento do Municipal de Vimianzo, no que se adiantaban os locais, cun tanto de Rubén aos 2 minutos de xogo, no primeiro acercamento a porta contraria. A resposta foi inmediata e 4 minutos desposi, anotaba Yeray para os porteños. A media hora de xogo Juan “O vello”, facía o 1-2, que non parecía que fose definitivo, pero si que o foi, a pesares de haber ocasiósn para a igualada e para unha ventaxe maior dos visitantes. Dende a Ponte do Porto dinnos que o gol que o clexiado anota Yeray, foi do pichichi da costa, Lucas Caamaño, pero no acta aparece como de Yeray Vieites.
-Xogados o sábado-
Parte dos participantes da cea do Camelle.
SD Camelle 1-2 CD Baiñas
Plantoulle cara o Camelle ao segundo clasificado da liga, que se adiantaba a media hora de xogo por medio de Javier Oreiro, resultado co que se chegaba ao descanso. Os camelláns pediron un penalti por un manotazo na cara, do meta visitante a Carlos de Dido, nun saque de curruncho. Na segunda metade Gabriel empataba para os camelláns, (50´). Co encontro bastante bronco, con moitas faltas e interrupcións, Raúl poñía por diante aos baiñeses, (73´). Un gol moi protestado polos camelláns, xa que Raúl levábase o balón claramente ca man no man a man co meta, Roi. Recoñecido aos xogadores camelláns, polo propio xogador, que pensou que lle anulaba o gol. O final sería expulsado Carlos de Dido polas protestas o colexiado do encontro, o baiés, Manuel Espasandín.
Os camelláns tralo encontro, xa na noite, celebraron a cea do Nadal cos seus xogadores e afeccionados. Preto de un cento de persoas disfrutaron dunha cea e sorteos no “Nosa Nai” de Camelle. Unha celebración que durou ata altas horas da madrugada.
Sporting Seaia CF 1-2 Atlético Pereiriña FC
Encontro xogado de poder a poder, que non se rompeu ata o treito final, cando Sergio adiantaba aos seaieses, (79´). Gol que revolucionaba o encontro, pois a resposta dos da Pereiriña era contundente, cun Carlos Antelo, que se convertía no protagonista do encontro, con dous goles en 3 minutos, para remontar, e acabar levándose a vitoria, (83´e 85´).
CLASIFICACIÓN
-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ
-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.
-Foto arquivo : piratasdemuxia
-Texto : piratasdemuxia