CRÓNICAS 14ª XORNADA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA : “EMPATE DO CORME E DERROTAS DE PONTECESO E CERQUEDA NO GRUPO 2, E VITORIAS DE XALLAS, NO DERBI CO MAZARICOS E DO DUMBRÍA E CEE, E DERROTA DO MIÚDAS NO GRUPO 4”.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA

-14ª Xornada-

 

Aquí vos traemos as crónicas coas apreciacións dos adestradores de cada equipo. En caso de que algunha non esté, poñerémola tan pronto no la manden. Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

Tamén invitar aos que ainda non se uniron a este sistema de crónicas, que contacten connosco, para compartir as suas, así como fotos e todo o material que queiran achegar.

 

Grupo 2

 

Sporting Burgo 2-2 Corme CF

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido moi igualado, con baixas moi importantes para o noso equipo, pero ainda así, sempre saimos a pola vitoria sin especular e valientes, como acostumamos a facelo, é a identidade deste vestuario. Adiantámosnos por duas veces no marcador, pero nunha concesión o non dar despexado un balón dentro da área, e despois nunha falta direta o rival conseguía empatar. A 5 minutos do final, nun tiro exterior de Carla, a portería sacaría o balón de dentro da portería, moi claramente, pero o árbitro non quixo conceder o gol para non complicarse, privándonos da vitoria.

Quero recalcar a valentía e carácter do grupo, que a pensar de non contar coas compañeiras lesionadas, entre elas as duas capitanas, pezas fundamentais para nós a nivel fútbolistico, pero sobre todo a nivel de grupo e carácter, sairon a polo partido sin complexos“.

Corme CF : Belén, Ana, (Aurora), Laura, Aroa, Vero, Naroa, Irene, Carla, Natalia, Cris, e María, (Julia).

Goles : 0-1, Laura, (50´); 0-2, María, (54´); 1-2, Myrella, (68´).

 

 

O encontro foi dirixido polo baiés , Manuel Espasandín.

 

Ponteceso SD 1-2 SE Abella SDC

Marcos Curro, (Adestrador do Ponteceso SD) : Comezaba o encontro co abellá mandando co balón , pero sen apenas conseguir chegar a porta de Colores grazas a un bo traballo defensivo das rapazas de Curro , de feito serían as pontecesáns as primeiras que poideron abrir a lata cunha boa xogada trenzada dende campo propio e na que a killer Andrea centraría e na que remataría Lauriña e o balón saíria rebotado do pao dereito.

Terían as visitantes as ocasións máis claras a veira do descanso a través dun balón parado na frontal na que tería que lucirse a meta Colores e a través de varios saques de curruncho no que estarían moi atinadas as defensoras do ponteceso despexando o perigo. Chegaríamos o tempo de lecer cun resultado xusto de 0-0 .

Na reanudacción farían varios trocos as visitantes e aproveitarían para subir as liñas de presión e modificar o esquema. Sufrían as locais para poder saír do seu propio terreo de xogo e no que no 50′ un bo pase a espaldas das centrais lle serviría o abellá para poñer o 0 a 1 no marcador . Sen tempo ainda asumir primeiro gol chegaría o 0 a 2 tras varios rexeites de córner no que nada poido facer a meta Colores .

Daríalle Curro entrada a Manti , Virginia e Lucivili para refrescar o equipo e pronto se verían os froitos xa que en unha falta sacada dende tres cuartos de campo por Muíño permitirialle quedar a kaiser Myrella nun man a man ante a meta visitante Alba e que definiría perfectamente a gol poñendo o 1 a 2 no marcador  e con máis de 20′ por diante para intentar lograr o empate . A raíz do gol , o Puenteceso conseguiría embotellar na súa propia área a todo un abellá tendo ocasión moi claras para o empate por medio de Lauriña , Muíño e a capitá Eva e na que as visitantes acababan pedindo a hora para o remate e na que o balón non quixo entrar .

Remataría o encontro cun resultado de  1-2, pero deixando moi boas sensacións e no que as Pontecesáns conseguirían poñer contra as cordas a un dos cocos da liga tendo que pedir a hora ,  e na que siguen cunha mellora espectacular no seu primeiro ano de creacción “.

Ponteceso SD : Noelia Blanco, Laura Ramos, Andrea Varela, Eva, Andrea Rodríguez, Myrella, Ainhoa, Lara, Noelia Martínez, Laura Berdeal e Silvia : Tamén xogaron : Virginia, Lucía Vila e Lucía Martiñán.

Goles : 0-1, Laura, (50´); 0-2, María, (54´); 1-2, Myrella, (68´).

 

Convocatoria do Ponteceso ante o Abella.

 

UD Cerqueda 0-7 SE Abella SDEC

Complicado encontro contra o cuarto equipo da liga, que loita por todo e que ao descanso xa vencía por 0-5. A segunda metade só foi un trámite para as visitantes e minutos para coller experienza para as cerquedenses.

 

 

 

Grupo 4

Convocatoria do Dumbría ante o Nicrariense

 

CF Dumbría 8-0 AD Nicrariense

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría Feminino) : “Nova e contundente victoria das nosas ante un AD Nicrariense que se atopou con unhas locales moi entonadas e con ganas de levar o peso como finalmente demostraron.
A sólida defensa con Mai e Noa de centrales polas diferentes baixas permitiron de novo que a rede local quedase sin que Lía nin Lissette tuvesen traballo.

Os goles foron caendo, Kelly abreu a lata entrando dende o seu carril zurdo definindo polo pau corto, logo Sabela, que se asociou moi ben con Icía pola banda dereita foise en velocidade para definir e dedicarlle o tanto a Yaiza que se mancaba no encontro anterior. María das Carisas puxo o 3-0 tras zafarse das duas centrales antes de ir o descanso. Na reanudación, froito de bonitas xogadas trenzadas por Fandi, Eva e María das Carisas a renda foise ampliando atopando a Kelly para facer un triplete, e con Eva e María movendo o equipo de lado a lado para disfrute da fiel bancada do Conco e con Fandi que desta volta non asinou pero fixo de asistente 3 veces nos 60 minutos que disputou.
Solidez defensiva e puntería que poñen ás de Dumbría como o segundo equipo que máis goles anota solo superadas pola escuadra do Calo”.

CF Dumbría : Lía, Icía, Carril, Noa, Mai, Fandi, Eva, Claudia, Kelly, Sabela e María das Carisas.
Entraron: Lissette, Serena, Juliette, Lucía e Sara.

Goles : 1-0, Kelly, (2´); 2-0, Sabela, (23´); 3-0, María Pérez, (37´); 4-0, Eva Lema, (61´); 5-0, María Pérez, (75´); 6-0, Kelly, (80´); 7-0, Eva Lema, (86´); 8-0, Kelly, (23´); 3-0, María Pérez, (desconto).

 

 

UC Cee 5-0 CF Vista Alegre

Segunda goleada por 5-0 consecutiva das ceenses ante o penúltimo clasificado que se presentaba no San Paio de Refoxos con 12 xogadores e aguantou ben a primeira metade, que acababa 1-0, cun gol antes do pitido de tempo de lecer, obra de Sharay. Xa na segunda metade Lucía Martínez con dous goles consecutivos deixaba zanxada a contenda e Andrea e Ruth completaban a manciña.

 Goles : 1-0, Sharay, (45´); 2-0, Lucía Martínez, (47´); 3-0, Lucía Martínez, (50´); 4-0, Andrea, (61´); 5-0, Ruth, (72´).

 

 

ED As Miúdas 0-5 SR Calo

Resarcise ante as muradanas o Calo da derrota da pasada semana ante o Xallas, que representaba ademáis da primeira derrota das de Teo, a pérdida do liderato en pos das xalleiras, que o manteñen gracias a victoria do pasado sábado ante o Mazaricos no derbi costeiro. Deixaron as visitantes o encontro resolto antre o ecuador da primeira metade e o comezo da segunda, cando se poñían 0-3. Moi costa arriba para as de Muros, que no intento de acutra distanzas sufriron dous goles máis.

Goles : 0-1, Carla, (20´); 0-2, Carla, (34´); 0-3, Violeta, (47´); 0-4, Nerea, (50´); 0-2, Nerea, (73´).

 

 

Foto de familia do CF Mazaricos que tivo dobre derbi en Santa Comba.

 

Xallas FC 4-0 CF Mazaricos

Rupper, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido no que se adiantaron as feminas xalleiras antes do minuto un, por medio de Olalla. O que facilitou o transcurso do partido, o segundo da tarde foi de penalti anotado por Andrea Otero que facía o seu primeiro gol do curso nun penalti sobre Yasmina. O terceiro gol antes da pasada por vestiarios foi de xogada individual de Yasmina. Na segunda parte probamos varias variantes tácticas, e con moitos cambios o Xallas voltou a marcar de esta vez Mery facía o último gol dende fóra da área cunha gran volea. Tres puntiños máis, e que pase o seguinte”.

Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos) : Partido no que comezamos durmidas e aos poucos segundos metennos un gol nun balón á espalda da defensa. Repuxémonos e fomos presionar arriba e desta presión conseguimos unha cesión que non finalizamos ben. O Xallas tiña o dominio buscando constantemente as súas extremas, donde aparecía o perigo e nunha internada de Yasmina facemoslle penalti e chega o segundo delas. Xa rematando a primeira parte outra internada de Yasmina, que se desfai de ata 4 defensas nosas, finaliza en no 3-0. Na segunda parte o ritmo do partido baixou, non conseguimos crear ocasións e elas remataron o partido co 4-0 definitivo”.

Xallas FC : Rosio; Laura, Alicia, Saskia, Andrea Otero; María, Luchy, Andrea Barbeira; Olalla, Paula Barcia e Yasmina.
Suplentes: Maite, Claudia, Yaiza, Nuria e Rita.

CF Mazaricos :  Pedrosa, Claudia, Silvia, Valeria Peta, Antía, Tamara, Fátima, Lúa, Daniela, Ánxela e Jirra.
Tamén xogaron: Tajes, Saray, Leire, Buján e Antelo.

Goles : 1-0, Olalla, (1´); 2-0, Andrea, (15´ de penalti); 3-0, Yasmina, (41´); 4-0, Mery, (90´).

 

CLASIFICACIÓN

 

 

 

-Foto Mazaricos : Irene Hermida

-Fotos Ponteceso  : Marcos Curro

-Foto CF Dumbría :  Fran Figueroa

-Texto : piratasdemuxia