CRÓNICAS 14 Xda DA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “O FÚTBOL DA COSTA ACABA FORTE O 2025”.

2ª GALEGA FEMININA G1

13ª Xornada

UC Cee SCDR Esteirana, 27/12 ás 17:00

14ª Xornada

21/12/2025

Bergantiños FC “B” 1-1 Victoria CF “C”

SD Tordoia 6-0 AD Nicrariense

CF Muxía 7-0 SDC Órdenes

SCD Milagrosa 3-2 CF Corme

Orillamar SD 0-1 UC Cee

SCDR Esteirana 3-1 SD San Lázaro

Cultural Maniños 0-2 Eirís SD

CF Dumbría 4-2 Brexo Lema SD

AVISO : Só poñemos os comentarios dos que nolos queiran mandar. O noso whatsapp : 626 72 00 47 está aberto a todo aquel pertencente a un club que nos queira mandar información, fotos, comentarios, vídeos, etc…

As crónicas están abertas e segundo nos cheguen máis comentarios dos colaboradores iremos subíndoas o respectivo encontro. 2

“O noso maior desexo dunhas boas festas do Nadal para todas/os!!!”.

Crónica Xeral 

A 14ª xornada pechou o ano futbolístico na 2ª Galega Feminina G1 cunha clara presenza das nosas, con resultados dispares pero deixando boas sensacións en varios dos conxuntos da comarca. O CF Muxía asinou unha goleada contundente para manterse na loita polo liderado, mentres que Dumbría e Esteirana tamén sumaron tres puntos importantes.

O UC Cee sacou petróleo dun encontro moi pechado na Coruña, mentres que o CF Corme volveu quedar sen premio nun partido no que competiu ata o final. A xornada estivo marcada polo mal tempo, as baixas en moitos equipos e pola intensidade propia dun último encontro antes do parón do Nadal.

Crónicas 

Bergantiños FC “B” 1-1 Victoria CF “C”

Encontro moi igualado en As Eiroas, sen un dominador claro e con moita disputa no centro do campo. O filial bergantiñán adiantouse no marcador, pero o Victoria respondeu rápido, deixando o partido aberto desde moi cedo.

Na segunda metade, tras varios axustes, o Bergantiños deu un paso adiante e foi superior, xerando ocasións claras que non atoparon premio por falta de acerto. Un empate que sabe a pouco polo visto tras o descanso, pero que deixa boas sensacións de cara ao futuro.

 Pablo “Djalma” (adestrador do Bergantiños FC “B”)

“Empate na casa fronte ao Victoria nun encontro moi igualado, sen un dominador claro e con moita disputa. Fomos nós quen nos puxemos por diante no marcador, aínda que aos poucos minutos o rival conseguiu igualar o resultado, deixando todo aberto moi cedo.

Xa na segunda parte, tras algúns axustes tácticos, o equipo deu un paso adiante e xerou varias ocasións moi claras, que por moi pouco non acabaron en gol. Faltou ese punto de acerto final para transformar o bo traballo realizado, especialmente nun segundo tempo no que fomos superiores.

Un empate que sabe a pouco polo esforzo realizado, sobre todo na segunda metade, pero que tamén deixa sensacións positivas polo compromiso, a actitude e a resposta do grupo. Agora toca descansar, recargar enerxías e volver con ilusión para intentar comezar o 2026 da mellor maneira posible.”

GOLES
1-0, Lucía Canosa (27´)
1-1, Alejandra Asuín (35´)

CF Muxía 7-0 SDC Órdenes

Último encontro do ano en Arliña con dous equipos moi xustos de efectivos: tres recambios para as muxiás e só dous para as visitantes. O Muxía foi paciente na primeira metade e acabou rompendo o partido antes do descanso.

Na segunda parte, co paso dos minutos e o cansazo rival, as de Muxía impuxeron o seu ritmo e ampliaron a renda ata asinar unha goleada que lles permite seguir na parte alta da táboa.

GOLES
1-0, Barca Toba (36´)
2-0, Patri Romaní (45´)
3-0, Barca Toba (60´)
4-0, Patri Romaní (70´)
5-0, Eva Lago (80´)
6-0, Raquel Bardullas (82´)
7-0, Lau Doce (85´).

SCD Milagrosa 3-2 CF Corme

Partido moi competido en Lugo, nunha tarde marcada pola chuvia, o frío e mesmo unha lixeira nevada na primeira metade. O Corme adiantouse cun golazo de Claudia, pero unha desafortunada acción en defensa acabou co empate inmediato do Milagrosa.

No segundo tempo, un penalti puxo por diante ás locais, aínda que as cormelás volveron reaccionar e empataron cun gran disparo de Carla. Cando todo parecía encamiñado ao empate, un centro lateral na última xogada decidiu o choque.

As visitantes chegaron con só 13 xogadoras e volveron quedar sen premio pese ao bo nivel competitivo.

Rubén Souto (adestrador do CF Corme)

“Desta volta quero empezar a crónica dándolle as grazas á nosa afección, máis de 20 persoas en Lugo, nun día de auga, frío e incluso neve, e alí estaban eles apoiándonos como sempre. Moitas grazas.

En canto ao partido, foi moi similar ao do día do Campestre. Competimos moi ben contra un gran equipo como o Milagrosa, coa nosa idea, e desta volta sendo efectivas de cara a gol, pero volvemos sen premio por terceiro partido consecutivo e iso doe.

Adiantámonos cun golazo de Claudia e penso que houbo unha relaxación no saque de inicio delas, que aproveitan para poñer un centro lateral que acabamos metendo en propia porta.

Saímos frías no segundo tempo e na primeira xogada concedemos un penalti por man nun balón aéreo. O equipo soubo remar, fíxose co balón e xerou ocasións, logrando empatar cun tiro marca da casa de Carla.
Cando ambos equipos dabamos o empate por bo, nun centro longo ao segundo pau, que non seguimos ben, marcarían o 3-2 na última acción.

Tres derrotas consecutivas nas que o equipo competiu e foi protagonista nas dúas últimas, pero sen sumar puntos. Toca desconectar no Nadal e darlle unha volta para que este tipo de partidos non se nos escapen así. Boas e felices festas a todo o fútbol costeiro.”

GOLES
0-1, Claudia (21´)
1-1, Sankia en propia porta (23´)
2-1, Irene (60´)
2-2, Carla (80´)
3-2, Ana Seguín (92´)

Orillamar SD 0-1 UC Cee

Partido moi igualado, con poucas ocasións e moito respecto entre ambos equipos. O UC Cee soubo esperar o seu momento e aproveitou unha das escasas chegadas claras para levar tres puntos de ouro nun campo complicado.

GOLES
0-1, Naiara (86´)

SCDR Esteirana 3-1 SD San Lázaro

Duelo marcado polo mal tempo e polas baixas nos dous conxuntos. As condicións do campo dificultaron o xogo combinativo, pero a Esteirana soubo competir mellor, mostrando oficio e solidariedade en todas as liñas.

As de Esteiro fixeron valer o seu traballo colectivo para sumar tres puntos importantes antes do parón, nun partido no que ambos equipos chegaron con só 12 xogadoras.

Fran Figueroa (adestrador da SCDR Esteirana)

“Partido marcado polo mal tempo e polas baixas nos dous equipos. O San Lázaro chegou con 12 xogadoras e nós con só 11, pero a pesar diso disputouse un bonito duelo no que cada balón era unha guerra, incluso contra o propio campo, coas bandas anegadas.

As nosas mostraron moito oficio e traballaron para merecer os tres puntos, moi solidarias en cada zona do campo e activas durante todo o encontro.

Contento polo esforzo de todas, porque as baixas e unha plantilla curta non nos permiten traballar como nos gustaría, pero saben sacar orgullo e competir a gran nivel cando pelean xuntas.

Toca preparar o encontro aprazado da vindeira fin de semana en Cee, esperando recuperar algunha compañeira e pechar o ano con boas sensacións no derbi costeiro. Tamén quero felicitar as festas a rivais, colexiados e medios. Saúde!”

GOLES
1-0, Rut (4´)
2-0, Bárbara (50´)
3-0, Melania (70´)
3-1, Iria (89´)

CF Dumbría 4-2 Brexo Lema SD

O Dumbría dominou o encontro desde o inicio, sendo protagonista coa presión alta e a xeración constante de ocasións. Antes do descanso xa mandaba por 2-0 e nada máis comezar a segunda parte ampliou a vantaxe ata o 4-0.

Nos últimos minutos, tras a expulsión da gardameta local, o partido volveuse tolo e o Brexo Lema recortou distancias, aínda que o triunfo non correu perigo.

 Santi Cubelo (adestrador do CF Dumbría)

“Dominamos desde o principio, soubemos ler o partido para xerar ocasións, roubar arriba e ser protagonistas na primeira parte para poñernos 2-0 antes do descanso.

Á volta do mesmo seguimos na mesma tónica e puxémonos rápido 4-0. A partir de aí o ritmo baixou ata os últimos cinco minutos, frenéticos, cunha expulsión que nos deixou desestruturadas.

O rival aproveitou para probar sorte e recortar distancias, pero moi ben Yolanda, que tivo que poñerse baixo paus e parou dúas faltas.”

GOLES
1-0, Alicia (8´)
2-0, Claudia (42´)
3-0, Alicia (57´)
4-0, Paula Fandiño (60´)
4-1, Isabel (88´)
4-2, Nuria (92´)

Incidencias: expulsada con vermello directo no 86´ a gardameta do Dumbría, Lisette.

Clasificación

1º SD Tordoia : 36
2º CF Muxía : 34
3º SCD Milagrosa : 28
4º Bergantiños FC “B” : 27
5º CF Dumbría : 23
6º CF Corme : 22
7º Victoria CF “C” : 22
8º UC Cee : 21
9º Eirís SD : 20
10º SD San Lázaro : 18
11º SCDR Esteirana : 17
12º Unión Campestre : 17
13º Brexo Lema SD : 14
14º Cultural Maniños : 8
15º Orillamar SD : 6
16º AD Nicrariense : 5
17º SDC Órdenes : 3

.

-Fotos CF Dumbría : Santi Cubelo

-Foto SCDR Esteirana : Fran Figueroa

-Foto CF Muxía : O clube