CRÓNICAS 13ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “O SAN LORENZO ESCÁPASE CO PINCHAZO DO CORME, E MUXÍA E CASTRIZ APRETAN OS CORMELÁNS”

 

Crónicas 13ª Xornada

 

Corme CF 0-0 UC Cee

Encontro que acabou sen goles ante a incredulidade dos afeccionados, pois houbo ocasións para desnivelar o encontro por parte de uns e outros, con maior número para os cormeláns.

 

UD Cerqueda 0-1 SD Castriz

Foi mellor o equipo cerquedense na primeira metade pero sen claras ocasións de gol. Na segunda sairon a polo encontro os xalleiros e Adrián García, batía a Senén pasada a hora de xogo, (68´), gol que a postre lles daría os 3 puntos.

  SD Oza 1-4 Muxía CF

Ainda que se foi coa ventaxe de 1-2 no marcador, puido o equipo muxián irse o descanso cunha renda maior, polas ocasións creadas. Adiantaba aos muxiáns Maikel Mouzo os 9 minutos de xogo, e empataba no 41 Lavandeira para os ocenses. Nada máis sacar de centro chegaba o 1-2, por medio de novo de Maikel, (43´). A volta de vestiarios e cos locais presionando forte, chegaba o terceiro dos da Vila da Barca, de novo co selo de Maikel, (57´). O definitivo 1-4, chegaba tras unha gran xogada dos muxiáns, levada por Mauro Romaní e culminada por Fran Moreira.

 

Cabana SD 0-2 Ponteceso SD

Encontro que ben podería ter acabado sen goles, pero no que os pontecesáns dispuxeron das duas que tiveron. A primeira un gol de David Castro pasada a media hora de xogo, (38´), e a segunda tras un penalti, moi protestado polos cabaneses, que transformaba Eloy, (75´), cando xa os das Redondas xogaban cun menos por expulsión do seaies, Diego Castro, que vía a segunda amarela no 70.

 

SD Coristanco 1-2 SD San Lorenzo

Encontro xogado en Castriz polas obras na Rocheira, o cal lle están a trocar o céspede, así coma o alumeado, e o sistema de rego. Xogaban días atrás os da Terra da Pataca en Baio, pero debido a unhas carreiras que houbo na vila baiesa, que usaban o campo para ducharse os deportistas, optaron polo San Pedro de Castriz. O encontro foi bronco, parado, e sen moito fútbol, pero o lider está de doce e deixou o encontro resolto nun minuto, o que vai do 17 o 18. Primeiro marcou Jonathan e despois de sacar de centro, roubo e marcaba Jairo o 0-2. Meteuse no encontro o equipo coristanqués a volta de vestiarios, por medio de Castiñeiras, (49´), pero non serían quen de tumabr de novo o entramado defensivo dos de Berdillo.

 

Volantes de Baño FC 3-1 Outes FC

Terceira goleada que reciben os da Serra nos derradeiros 4 encontros, e nos que só suman un empate, e foi a dous, ante o Castriz, deixando atrás a enorme solidez defensiva do primeiro treito do campionato, que os tivo varias semanas no máis alto, pero que se van desinflando. O choque foi termendamente reñido, e con moitas faltas e paróns no xogo, especialmente pasada a hora de xogo, tralo terceiro dos de Baño. Kevin Lariño adiantaba aos de Baño aos 8 minutos de xogo, e non era ata a volta de vestiarios cando Santamaría empataba para os da Serra. Non duraba moito a ledicia, pois en 5 minutos remontaba de novo o equipo muradán, con goles de Pablo, (50´) e Santi Rodríguez, (55´). O colexiado amosoulle 6 amarelos aos locais, dous deles a Borja, (32´e 75´), e 7 os visitantes. 

 

O Camariñas celebrou un trunfo moi traballado.

 

UD Corcubión 1-2 Camariñas FC

Encontro xogado de poder a poder que ven puido ter sido un empate, por ocasións de uns e outos. Un Camariñas que mandou no balón e que se adiantaba cun tanto de Iago Lema en propia porta, (47´), e un Corcubión que chegaba moi ben a contra, e que empataba cun tanto de Iago Lema, (49´), que enmendaba o seu erro inicial. Mario Suárez, voltaba a poñer por diante aos camariñáns no treito final, (82´), puideron empatar os locais, pero acabaríanse indo os puntos a terras camariñanas. O equipo camariñán entregoulle de mans do seu presidente, Vicente Carril, unha placa de recordo do 50 aniversario do UD Corcubión, ao seu presidente, Lema.

 

ENCONTRO XOGADO O SÁBADO

UD Monte Louro 1-1 CD Muros

PREME AQUÍ

 

CLASIFICACIÓN

 

-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Foto : Camariñas FC

-Texto : piratasdemuxia