CRÓNICAS 13ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “O PORTEÑO MÁIS LIDER TRAS PINCHAR TODOS OS SEUS PERSEGUIDORES AGÁS O BAIÑAS QUE SE PON SEGUNDO”.

 

CF Castrelo 1-1 SCD Buño

Nunha xornada de sorpresas esta foi unha delas. O Buño que era o principal perseguidor do lider, Porteño, tivo que meterse o mono de traballo para salvar un punto ante un Castrelo que a piques estivo de dar unha sorpresa mellor. Pronto comezaban ca sorpresa os rapaces de Ordóñez, pois corría o minuto 6 cando Villaverde batía a Xurxo, resultado co que se chegaba ao final dos primeiros 45 minutos, e cáseque o final do encontro, pois non era ata o 83, cando Anido conseguía ihgular a contenda e facer que o encontro tivese un final cheo de emoción.

 

SD Camelle 4-3 Sporting Zas

Outra das sorpresas da xornada. Os camelláns con moito pundonor conseguían sacarse de enriba tódolos complexos, e non só derrotar a un dos favoritos a todo, senón que conseguir remontarlle o encontro. José, facía o 1-0 para os camelláns a media hora de xogo, e empataba antes do descanso Dani Mato para os zacenses. Xa na segunda metade, moi física, con moitas faltas e paróns no xogo, Iván Caamaño conseguía o da remontada para os zacenses, (74´), pero pronto empatarían os camelláns, cun tanto en propia porta de Alvite, (77´). Iván Caamaño voltaba a poñer por diante aos zacenses pouco despois, (80´), pero non se viñeron abaixo os de Sergio Crejo, e en tempo de desconto, José, conseguía empatar e David Vázquez o definitivo, 4-3, para enganchar os de Camelle na zona nobre.

 

CF Lira 1-2 CD Baiñas

Foi o equipo baiñés o segundo gran beneficiado da xornada, pois foi o único dos perseguidores do Porteño que gañou, e ponse segundo. Pero non lle foi doado, pois topouse cun aguerrido Lira, que tras unha primeira metade na que non se movía o marcador, veu como as primeiras da segunda os baiñeses poñíanse por diante cun tanto de Adrián Canosa, (52´). Non se viñeron abaixo os de Gabriel de Sil, e conseguían empatar no 80, por medio de Pablo Leis, ao transformar unha pena máxima. Pouco durou a ledicia, pois 3 minutos despois Héctor, facía o que a postre sería o gol da vitoria visitante.

 

SCD Malpica 2-2 Atlético Pereiriña FC

Segundo punto do campionato para un Malpica que xa ven amosando algo de mellora e que puido levarse os 3 puntos de non perder a concentración no final do choque, pois foron cáseque todo o encontro gañando, e chegaron a ir 2-0, con goles de Gaye, (25´) e Kevin, (30´), pero viron como no desconto, Augusto e Carlos Antelo, rescataban un punto para os da parroquia ceense, e deixábanos ca mel nos beizos.

 

CD Nantón 0-2 CF Porteño

Tivo que sufrir o lider para levarse os 3 puntos das Fontiñas, ante un Nantón que non se deixou levar. Non sería ata o 81 cando Nico abría o marcador, e con espazos, cos nantoneses a procura do empate, o pichichi da costa, Lucas Caamaño, facía o segundo, para finiquitar o encontro, e sumar a sua 22ª diana en 13 encontros. Vitoria número 12 do lider inratable, que tivo a dedicatoria ao incombustible, Pejo, que a semana pasada xogaba cun problema nas costelas, sufría a rotura dos osos propios do nariz, e ainda así acababa o encontro en Camelle. O noso desexo dunha pronta recuperación.

 

SD Ameixenda 1-3 Sporting Seaia CF

Fixo o que puido o equipo ameindés que chegou ao encontro con 13 xogadores, e que vía como se adiantaban os seaieses a media hora de xogo, cun tanto de Alex Mato. Na segunda metade, Sergio Cancela, abría fenda no marcador, (54´), pero a pesares de que as forza xa floxeaban, Esteban Louro, facía un gol para os locais que abría as esperanzas, (56´). sen embargo non chegaría o ansiado gol local, pero si o da sentenza, obra de Isaac Piña, no primeiro minuto do desconto.

 

Xogado o sábado

SD Laxe 2-1 Xallas FC “B”

PREME AQUÍ

 

CLASIFICACIÓN

 

-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

 

-Foto arquivo : Javi Baña

-Texto : piratasdemuxia