CRÓNICAS 13ª XORNADA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA : “EMPATE NO DERBI PONTECESO-CORME, E DERROTA DO CERQUEDA NO G2, VITORIA DO CEE NO DERBI CO MAZARICOS, VITORIA DO DUMBRÍA E VITORIA CON LIDERATO DO XALLAS, E EMPATE DAS MIÚDAS, NO GRUPO 4”.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA

-13ª Xornada-

 

 

As capitanas co árbitro Alejandro Tato.

 

Grupo 2

Ponteceso SD 1-1 Corme CF

Marcos Curro, (Adestrador do Ponteceso SD) : Partido correspondente a xornada 13  no que sería o noso segundo derbi do ano contra as veciñas do Corme con máis de 400 persoas no Pinguel en un ambiente espectacular digno de unha final da copa da costa. Comezaba o encontro con un Puenteceso moi ben plantado no terreo de xogo dificultandolle o Corme poder convinar en campo rival . A primeira ocasión local chegaría o redor do minuto 10 por medio da capitá Eva tras unha boa internada por banda dereita o seu centrochut se paseou pola liña de gol , respondía o Corme por medio de Carla estrelando un balón no longueiro e con unha falta na frontal ben atallada en dous tempos por unha espectacular María . Habería máis ocadións para os dous equipos , pero chegaríamos o tempo de lecer co 0 a 0 no marcador .

A volta dos vestiarios o partido cambiaría radicalmente , os dous conxuntos irían a pola victoria arriesgando en defensa e as primeiras en adiantarse no marcador serían as cormelás con un golazo de Carla no que nada poido facer a gardamallas local . Respondería rápido o Puenteceso con sendas ocasións a disparos da killer Andrea e Muíño na que por centímetros non entrarían entre os tres paus . O partido seguiría sendo un ida e volta contínuo e na que no minuto 72′ conseguiríamos empatar o marcador por medio da capitá Eva por unhas máns na área cormelá. Non baixaba os brazos o Corme tendo sendas ocasións por medio de Naroa e Carla na que unha espectacular porteira local María conseguiría de novo poder atallalas . Nos últimos minutos as de Curro darían un paso adiante e na que Andrea poido ter o dous a un con un disparo dende a frontal que saíu lambendo a escadra cormelá . Xusto empate , no que lle dedicamos este punto a nosa xogadora Laura Amado xa que tivo que deixar o equipo de maneira provisional por motivos laborais” .

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido donde o Ponteceso xogando na casa meteu o equipo repregado en campo propio, e o Corme levou o peso do partido, poñéndose 0-1, entre medias lesionaríase a autora do Gol, Carla. O Ponteceso subiría líñas e a base dos saques de banda de Ainhoa colgaría balóns na área, nun deses balóns o Corme cometería penalti por man no área. Eva facía o gol da igualñada para as pontecesanas”.

Goles : 0-1, Carla, (50´); 1-1, Eva, (72´de penalti).

 

Adicatoria a Laura Amado por parte das pontecesanas.

 

UD Cerqueda 0-7 SE Abella SDEC

Encontro que deixaron solventado as de Frades no primeiro tempo, no que seían a vestiarios con 0-6. A segunda metade foi un puro trámite, o que fixo que baixase o ritmo, ainda así as cerquedenses buscaron facer o gol fa honra pero este non chegou.

 

Grupo 4

Xallas FC1-0 SR Calo

Un gol de Saskia a hora de xogo dalle o liderato as xalleiras, que conseguían batir ao SR Calo, único equipo invicto da categoría. Con este trunfo as xalleiras están agora 2 puntos por enriba das de Teo. 

 

UC Cee 5-0 CF Mazaricos

Manciña das ceenses no derbi ante o Mazaricos, nun choque no que as da Vila da Xunqueira xa deixaron todo resolto nos primeiros 45 minutos, cun craro 4-0, con goles de Nerea, (14´ e 22´), Lucía Martínez, (15´), e Sharay, (45´). Nerea completaba a goleada, e un “Hta-trick·, no 76. As ceenses seguen na cuarta posición, pero agora a 5 puntos do lider, Xallas FC, e a 3 do segundo, SR Calo, e a 1 do terceiro, Cacheiras SD.

 

As dumbriesas animaron a sua compañeira Yaiza.

 

 

CF Dumbría 7-0 SD Dubra 

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría) : “Derradeiro partido da primeira volta para as nosas dumbriesas, e nova victoria que serve para afianzar a quinta poaza da tabla e tamén recurtar distancias co Calo que ven de ceder o liderato ante o Xallas, que pon ás de Santa Comba como campionas de inverno. O encontro discurreu en todo momento controlado polas locales, ber armadas atrás e combinando de maneira precisa polo carril central e entrando en velocidade polas bandas. Os goles foron repartidos, abríu a lata María das Carisas e logo Yoli tras zafarse da sua marca tras un bo regate ampliaba distancias cando so iban 10 minutos de xogo.

A nosa capitana Fandi, faría o 3º tras un centro-chut no que nada puido facer a meta visitante, que evitou un castigo maior na tarde do sábado.Ainoa faría o cuarto remachando unha boa xogada de Yoli cando xa iba entrar o balón ante o acoso dunha zagueira do Dubra, e apechas chegando a media hora Eva faría o seu doblete, o primeiro nunha bonita triangulación asociando con Fandi e María das Carisas, e o segundo rematando de maneira imoecable unha falta lateral. Co 6-0 se chegaba o descanso.

A conta a pecharía Mai, outra falta lateral na que Fandi sirve por baixo para que a nosa zagueira se anticipe a toda a defensa dubresa para poñer o definitivo 7-0. Os paus evitaron ata 3 veces que Fandi ampliara a sua renda personal nun encontro no que destacou como asistente dando equilibrio en todo momento.

Lamentamos unha nova lesión da nosa infantil Yaiza cando iba acabar a primeira parte, novamente un dos xeonllos a terá varias semanas apartada dos terreos de xogo, pero como sempre demostra, volverá máis forte e si cabe con máis ganas a defender o dorsal 4 o lado das compañeiras…ÁNIMO ENANA!!”.

Xogaron: Lía, Carril, Sabela, Yaiza, Mai, Fandi, Kelly, Ainoa, Eva, María das Carisas e Yoli.
Entraron: Serena, Naira, Naiara, Paula Rodríguez e Reyes.

Goles : María Pérez, Yolanda, Paula, Ainoa, Eva, (2) e María Rodríguez.

 

ED As Miúdas 1-1 Praiña SP Club

Encontro igualado no que se adiantaban as muradanas o fío do descanso por medio de Marcela, (44´), e empataba pasada a hora de xogo, Nerea, (67´), para as de Teo. As muradanas con este empate seguen e posto de “posible promoción”, e ven como se lles escapa o CF Dumbría que está a4 puntos, no posto que marca a promoción.

 

Fotos Ponteceso SD : Marcos Curro

-Foto CF Dumbría :  Fran Figueroa/CF Dumbría

-Texto : piratasdemuxia