CRÓNICAS 13ª XORNADA 1ª GALICIA G2 : “UNHA VITORIA 3 EMPATES E 1 DERROTA PARA OS EQUIPOS DA COSTA”.

 

Xallas FC 1-1 Flavia SD

Empate nun duelo moi disputado, e no que os xalleiros adiantábanse aos 20 minutos de xogo por medio de Rubén Sande, e vían como lles empataban os padroneses, no treito final. Santi Carneiro facía o 1-1 no minuto 86. 

 

CF Dumbría 0-0 Puebla FC

O Puebla frea a un Dumbría, que buscou a vitoria para seguir enganchado a loita por todo e que ve como podía poñerse de maneira inmellorable, tralo empate antre o Negreira e o Ribeira, que fai que agora os 3 equipos que preceden aos dumbrieses,empaten a 30 puntos, polos 26 dos de Dumbría. Os dumbrieses tentárono ata o final, pwero non foron quen de derribar o entramado defensivo visitante, que no treito final buscou cortar o xogo con faltas.

 

Ambientazo no derbi do Pino do Val.

 

CF Mazaricos 1-1 SCDR Esteirana

Reparto de puntos no derbi xogado no “Pedra d´ouro”, nunha tarde solleira, pero fría e con gran ambiente na bancada, e na volta do campo. Adiantánbanse os esteiráns pouco antes de irse ao descanso, cun tanto de Carlos Rama, (40´), e agunatban ata o 81, cando Juan “Rachón”, batía a MJ. Moi ben a Esteirana na primeira metade, na que se puido ir o descanso con unha boa ventaxe. E moi ben o Mazaricos que consigueu empatar e que ata puido levarse os 3 puntos, polas boas ocasións creadas.

 

ENCONTROS DO SÁBADO

SD Tordoia 1-2 SD Soneira 

CD Baio 2-3 Cordeiro CF

Crónicas : PREME AQUÍ

 

RESTO DE RESULTADOS

SD Cruces 1-2 SD Agolada

CF Vista Alegre 1-2 CF Silleda

SD Negreira 0-0 Cidade de Ribeira CF

CD Lalín 3-0 SR Calo

 

CLASIFICACIÓN

 

-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

 

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia