CRÓNICAS 13ª Xda LIGA DA COSTA : “O CORME MÁIS LIDER AGORA COA ESTEIRANA POR DETRÁS”.

Michael sufreu a pérdida da memoria nun golpe no Muxía-Esteirana.

 

O Corme CF abreu un pouco de fenda tras derrotar con moito traballo ao Cabana SD, (3-4), tendo a Alejo como seguro de vida e que sumou dous goles máis para seguir na cabeza dos goleadores con 16 en 10 encontros. Os cormeláns son agora máis líderes tralo novo pinchazo do SD Ponteceso que non pasaba do empate ante o UC Cee, (3-3), que segue a ofrecer un gran rendemento. Sube a segunda praza o SCDR Esteirana tras derrotar ao Muxía CF, (2-4), nun choque con incidencias para os muxiáns, cun susto de Michael o perder o coñecemento nun golpe e xogando toda a segunda metade co dianteiro Javi Toja baixo paus. Por detrás dos muxiáns, ademáis dos ceenses, non foron quen de sacar os 3 puntos o SD Coristanco, que empataba co SCD Malpica, (1-1), nen o CD Muros, que caía ante o UD Cerqueda, (3-0),nen o CF Lira que caía ante o SD Castríz, (3-0). Si o aproveitou o SD San Lorenzo que derrotaba ao CD Baiñas, (1-0) para subir a cuarta praza aproveitando todos istes tropezos. Por abaixo o “encontro da xornada” era o que enfrontaba ao Sporting Zas e o SD Buño, “primeiro contra segundo”, pola cola, e a igualada, (1-1) deixa todo igual. 

 

 

CRÓNICAS

 

Muxía CF 2-4 SCDR Esteirana

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Penso que fixemos un bo partido, pero un golazo de Pablo Rama de falta, e un erro na saída do balón condicionou o resto do encontro. A Esteirana, co resultado a favor, buscaba facer perigo con contras, e nós buscábamos chegar combinando. Dispuxemos de algunha boa ocasión, as mellores para Edu a pase de Manu e un centro chut de Martín que bate no pau. O gol chega de penalti feito sobre Michael. No segundo tempo, o guión foi o mesmo, dominio noso pero non fomos quen de acertar. Xa no desconto chegan o resto de goles, Raúl fai o 1-3, Isma recurta diferencias e na última xogada os visitantes marcan o 2-4 final”.

Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Foi un partido onde tivemos que traballar bastante. O vento condicionounos moito na maneira de xogar pero soubemos adaptarnos e sacalo adiante. Fomos un equipo forte en defensa e tivemos ocasións claras. O Muxía é un bo equipo que de seguro vai estar arriba e non moitos equipos van puntuar aí”.

Goles : 0-1, Pablo Rama, (6´); 0-2, Pablo Rama, (26´); 1-2, Edu, (35´ de penalti); 1-4, Raúl Lestón, (90´); 2-3, Isma Pose, (92´); 2-4, Álvaro, (93´).

Incidencias : O central do Muxía CF, Michael deu o susto o perder o coñecemento tras un choque cun contrario, (75´), e non sabía nin que resultado levaban, e tivo que ser trasladado a un centro hospitalario onde lle fixeron probas médicas, antre elas unha radiografía da mandíbula e foi mandado para o seu domicilio e vixiancia durante 24 horas. Segundo nos comentaba : “Creo que foi que eu baixei a cabeza e el levantou a perna e logo non recordo máis, só que Tati me preguntou como íamos e díxenlle 0-0, e íamos 1-2. O noso desexo de que todo lle vaia ben.  Por outra banda o dianteiro Javi Toja calzouse as lubas na segunda metade no sitio do meta Ángel Luis.

 

Cabana 3-4 Corme CF

Duda, (Xogador do Cabana SD) : “Partido no que empezamos algo despistados e co aire en contra que nos poñia algo en problema nos balóns aéreos,no min 15 marcaría o Corme nun penalti, marcaríamos un gol claro no que o árbitro decideu anular sen saber o porque, e antes do descanso outro gol do Corme. Na segunda metade sairíamos mais enchufados e tendo chegadas claras,pero nunha falta bastante rigurosa marcarían un auténtico golazo,pero nunha reacion de todo o equipo marcariamos por medio de pablo de cabeza, segueríamos e chegaría o segundo gol obra do xuvenil  Raúl. A falta de 10 minutos o Corme marcaría o cuarto, nun claro fora de xogo, na que o árbitro non quixo ver…pero o momento marcaríamos o terceiro na saida dun corner. Seguimos pelexando e tendo algunha clara pero sen tempo para máis chegaría o pitido final “.

Lelo, (Adestrador do Corme CF) : “Empezábamos o partido collendolle as espaldas muí fácil a defensa do Cabana,e nun deses balón Alejo adelantase a salida do porteiro e este derribado dentro da area,transformando el mesmo a pena máxima.Despois do gol o Cabana posicionouse mellor no campo,buscando balóns rápidos as bandas e con disparos dende a frontal pero sin demasiado perigo.O partido volveriase muí soso puis ningún dos dous equipos sería capaz de tomar o mando.Puido Alejo marcar o segundo nun pase de Manu que o deixaba solo diante do meta local pero atrapaba ben o porteiro.E logo nunha falta lateral que da no largeiro.Pero sería Samuel quen marcaría o segundo logo dun centro de Sueiro,chegando así o descanso.A segunda enpezaba cun gol de falta de Brais Corral,e pouco despuis un balón o pau de Alejo.Apartir do minuto 70 relagariamos demasiado e o Cabana aproveitouno muí ben.Primeiro nun centro o segundo pau que era imposible perdonar diante da pasividad denfensiva.O Cabana veuse arriba e creciose co gol.Mais ainda cando despuis de non querer despejar un balón de cabeza o Cabana con seguía o segundo gol.Nos estiramos un pouco e conseguimos varios balóns claros en profundidad,que Alejo aproveitaria un deles pa marcar o cuarto.O Cabana seguía crecendo e metendo balons rápidos arriba.E nun corner conseguían o terceiro diante da nosa pasividad defensiva.Cantas veces decimos,os partidos duran 90 minutos”.

Goles : 0-1, Alejo, (7´de penalti); 0-2, Samu Costa, (39´); 0-3, Brais, (54´); 1-3, Pablo Pose, (73´); 2-3, Raúl, (78´); 2-4, Alejo,m (88´); 3-4, Dani Pose, (90´).

 

UC Cee 3-3 SD Ponteceso

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Inicio de partido moi intenso por ambas partes e con moitas imprecisións, marcou o 0-1 Abel de tiro de fóra da área aos 10′ e no 14 empátamos nunha xogada individual de Bruno. O Ponteceso foise facendo co control do partido e marcou o 1-2 nun lanzamiento de falta de Recarey, poidemos empatar nun tiro de Ezequiel que da nun defensa e sae por riba do longueiro e tamén nun remate de rabona de Patera e para o porteiro, sacan rápido e Sergio fai o 1-3 á contra, minuto 35. Hasta o final da primeira parte e sobre todo nos dez primeiros minutos da segunda o Ponteceso estivo comodísimo tocando ben e rápido pero sen moita profundidade. A partir de aí cambiamos o plantexamento e o partido igualouse chegando o empate con dous goles de Cote a balón parado. Nos últimos 10′, e coas lesións de Aitor e Bruno, o Ponteceso volcouse sobre a nosa portería con un fútbol máis directo e o partido volveuse un pouco tolo, acercáronse con perigo ainda que as ocasións máis claras as tivemos nós, sobre todo nun roubo de Patera que se planta diante do porteiro pero cun defensa enriba non acerta a sentenciar”.

Pablo Mallón, (Adestrador do SD Ponteceso) : “Foi un partido dominado de cabo a rabo polo Ponteceso e só a falta de puntería fixo que non levasemos os tres puntos, eso e dous errores a balón parado que supuxeron os últimos goles deles. Dominamos o balón e o xogo, combinamos ben por dentro, abrimos ben por bandas e tivemos multitude de ocasións. Outro día con moito menos metes máis. Quedanos resignarnos e seguir traballando para cambiar esta racha negativa”.

Goles : 0-1, Abel, (10´); 1-1, Bruno, (14´); 1-2, Alberto Recarey, (23´); 1-3, Sergio “Xuco”, (35´); 2-3, José Carlos “Cote”, (70´); 3-3, José Carlos “Cote”, (75´).

 

SD San Lorenzo  1-0 CD Baiñas

Santi Cambón, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Partido moi competido nas Pedreiras,xa que o estado do terreo de xogo,facía moi difícil poder controlar o xogo a través do balón. Ainda así, pouco a pouco, o equipo local iba facendo co control da pelota e a través de combinacións en zonas laterales iba generando ocasións a través de centros laterales e tiros dende fora do área. O equipo de vimianzo iba xerando alguna ocasión a través de saidas rápidas tras recuperación da pelota, e a través do balón parado. Na primeira parte foise o descanso con 0-0 no marcador. Na segunda parte foi un pouco máis do mesmo o equipo de Carballo dominaba o partido é o equipo visitante defendíase con moita aglomeración de xente detrás do balón ata que mediada a segunda parte a través dun penalti adiantariase o San Lorenzo. A partir de aquí o equipo local dou un paso atrás e os de Baiñas a través de un xogo moi directo xeraban alguna ocasión. Sobre todo a través de corners e faltas laterales. Ainda así, o partido estuvo aberto ata o último segundo, xa que o Baiñas puido empatar na última xogada do partido a través dun corner”.

José Barca, (Adestrador do CD Baiñas) : “Partido especial en canto as condicións polo céspede, único campo destas características que queda na categoría e por mor das chuvias de todo o mes o campo estaba rápido, en partes estaba bastante ben e noutras moi brando, o que obrigaba moito a tirar de balóns diretos, e en zonas nada máis tocar tepe xa marcahaban. Para o que está acostumado a este campo é unha ventaxe. Para min xogamos contra un equipo que ten con diferencia o mellor porteiro e o mellor dianteiro da categoría, tanto David Pena como Brais Cancela son do milloriño da categoría, rapaciños novos que lle dan un plus o equipo, e que o final foron moi importantes na vitoria. Creo que non merecemos perder, nun partido típico de empate a ceros. Os porteiros fixeron ambos un par de paradas boas, e decideuse nunha xogada de penalti que materializou Brais Cancela. Houbo duas partes moi diferenciadas polo vento. Na primeira eles embotelláronnos na área e na segunda fomos nós os que llo fixemos a eles. Ca expulsión que tivemos, tivemos que arriscan cun menos duarante máis de 40 minutos, e colléronnos en varias contras perigosas e puideron matar o partido. Nos cas baixas tivemos que reestructurar o equipo e poñer xogadores fora de posición, pero os rapaces fixérono ben e creo que como dixen o máis xusto sería un empate. Agora toca seguir traballando que nos ven outro equipo da parte alta da táboa como é o Coristanco e a ver se imos recuperando xente e millorando semana a semana”.

Goles : 1-0, Brais Cancela, (55´de penalti).

Incidencias : Expulsado con dobre cartón amarelo o xogador do CD Baiñas, Eloy, (54´e 58´).

 

SD Coristanco 1-1 SCD Malpica

Alejandro “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Comezaba o Coristanco intentando combinar contra un Malpica que ben cerrado buscaba contras rápidas. Non dábamos coa tecla e custabanos moito crear xogo aos dous equipos. Sin embargo no balón parado terían dúas ocasións Mario e Jose e outras dúas moi claras os visitantes que sacaba Rubén na mesma liña de gol. Cando parecía que se iría co cero cero o descanso, o árbitro sinalaba un penalti discutido por un agarrón nun saque de banda. Anotaría dende os 11 metros o visitante. Coa volta de vestiarios, sobretodo coa entrada de R cambiou o partido. Comenzamos a poder combinar con máis claridade e acabaríamos metendo o Malpica na súa área, sendo a primeira gran ocasión un penalti cometido sobre Corral que Mario mandaba alto. Continuaba o asedio, primeiro Joni nun man a man, Jose nun córner, un remate de cabeza de Mario que sacaba na liña o defensa…Ata que Jose tras unha xogada embarullada poñía o empate. Daría entón un paso adiante o Malpica que mesmo puido sacar 3 puntos noutro balón sacado cando se cantaba o gol por Rubén e un remate nun córner que saía lambendo o pau. Tras isto dúas expulsións facían recuar os visitantes, e de novo o porteiro se axigantaría ante os nosos dianteiros para sacar 2 balóns que se coaban. Xa no 93, un balón prolongado caelle no segundo a Samuel, que supera o porteiro pero repelía o longueiro”.

Adrián “Gurita”, (Adestrador do SCD Malpica) : “Con moitas ganas e ilusions renovadas nos presentábamos nun campo sempre compricado como e a “Rocheira”. Empezamos o partido moi ben, metendo o Coristanco no seu campo, e creando varias ocasións nada mais comezar o partido. Poríamonos por diante nunha boa xogada individual de Jairo, na que se meteria dentro da área e o rival non lle quedaria outra que facer penalti. Penalti que el mismo transformaría. Ata o descanso fomos mellores. Despois do descanso o rival propuxo moito máis xogo que na primeira parte e comezou a xerarnos ocasións que Damián estaría moi atinado en moitas delas. Eles fallaron un penalti antes de empatarnos, nunha xogada na que Damián faría dúas boas paradas pero o rexeito da segunda parada quedaría na área pequena acabando en gol. Dahí ata ao final tocaríanos aguantar o resultado,xa que nos quedamos con 10 xogadores durante os ultimos minutos do encontro. Despois do empate, teriamos os 2 equipos numerosas ocasións para levar o partido, pero os dous aguantamos o resultado”.

Goles : 0-1, Jairo, (42´de penalti); 1-1, Pazos, (83´).

Incidencias : Expulsados por dobre cartón os xogadores do SCD Malpica, Juan Fuentes, (53´e 70´) e Alberto Hombre, (85 é 90´).

 

UD Cerqueda 3-0 CD Muros

Javi Souto, (Capitán do UD Cerqueda) : “Partido feo de fútbol moi direto no que eles notaron moito as baixas dos xogadores de arriba, xa que apenas tiraron a porta nin crearon perigo. Nos estivemos mellor en defensa e ataque, sobre todo na segunda parte co vento a favor. Solo tivieron unha ocasión en todo o partido, unha falta lateral que se cerra moito co aire e pega no pau, pero xa con 3-0. Marcamos 3, e pudieron ser máis, xa que fallamos varias ocasións craras”.

Damián “Sarillo”, (Delegado do CD Muros) : “Chegou o Muros con 8 baixas importantes. Un equipo moi mermado que sufreu dende o principio. O Cerqueda superior en todo momento. Chegaríase ao descanso co 1-0 no marcador. Parecia que o Muros intentaba irse arriba na segunda metade, pero co 2-0, logo dun tiro lonxano, parecía imposible a remontada. Inda chegaría o terceiro ao remate dun córner. A única ocasión do Muros un tiro de falta que executa Jurjo, que vai ao pau e pasease por diante da portería”.

Goles : 1-0, Diego, (15´); 2-0, Iván Rojo, (51´); 3-0, Breogán, (60´).

 

SD Castríz 3-0 CF Lira

SD Castríz : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Juan Rey, (Adestrador do CF Lira) : “Salimos moi enchufados e con moitas ganas de resarcirnos da derrota do outro dia na casa. Así xa no primeiro minuto tivenos unha ocasión clarisima donde Crístian se queda solo diante do porteiro para fusilar pero o seu tiro vai o longueiro. Seguimos combinando ben e entrando por banda, pero os pases da morte non atopaban remate. E claro…o que perdoa paga. Un mal pase na salida de balon e interceptado polo rival que se planta solo diante de Baba pondo o 1-0 no marcador. Ainda así seguimos o noso e Toni teria dou tiros o pau , o que demostraba que non iba a ser o noso dia. A volta do descanso e nunha xogada que nos pilla ca defensa moi adiantada o Castriz marcaría o segundo e ahi xa nos viñemos abaixo. Logo chegaria a expulsion de Josiño e o equipo xe perdeu o norte. Defendemonos como pudemos e o Castriz era superior a nos en todo. Asi o final nun corner rwmatariannos na aerea pequena o terceiro. Partido que gañou o que mais acerto tivo e nos que seguimos estando negados cara o gol”.

Goles : 1-0, Pastoriza, (25´); 2-0, Rubén Blanco, (56´); 3-0, Mourelle, (86´).

Incidencias : Expulsado o xogador do Alves po dobre cartón amarelo, (33 é 69´).

 

Sporting Zas 1-1 SD Buño

Roberto Mouro, (Delegado do Sporting Zas) : Tan pronto nos chegue o seu comentario colgarémolo aquí”.

David “Jañoto”, (Presidente do SD Buño) : “Tan pronto nos chegue o seu comentario colgarémolo aquí”.

Goles : 1-0, José Guillamet, (22´); 1-1, Martín Castro, (33´).

Incidecias : Expulsado con dobre cartón amarelo o xogador do Sporting zas, Velo, (52´ e 90´).

 

 

 

CLASIFICACIÓN

 

PICHICHIS

1º-Alejo Cambón, (Corme CF) : 16 goles en 10 encontros, (4 de penalti)

2º-Brais Cancela, (SD San Lorenzo) : 13 en 13, (3 de penalti)

3º-Sergio “Xuco”, (SD Ponteceso) : 13 en 13, (2 de penalti)

4º-Iván Rojo, (UD Cerqueda) : 12 en 11, (5 de penalti)

 

 

PRÓXIMA XORNADA, (14ª)

Cabana-Ponteceso : 08/12 ás 16:30 horas

Esteirana-Cee : 08/12 ás 16:30 horas

Lira-Muxía : 08/12 ás 16:30 horas

Muros-Castríz : 08/12 ás 16:00 horas

Buño-Cerqueda : 08/12 ás 17:00 horas

Malpica-Zas : 08/12 ás 16:15 horas

Baiñas-Coristanco : 08/12 ás 17:00 horas

Corme-San Lorenzo : 08/12 ás 16:00 horas

 

-O noso agradecemento aos nosos colaboradores dos equipos, por facilitarnos a labor de levar a información aos siareiros do noso fútbol-

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es/adestradores

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.