-Crónicas 13ª Xornada-
A derrota do lider Castríz a mans do Mazaricos deixa a liga orfa de imbatibles, xa que os xalleiros eran os únicos que non coñecián a derrota, gran mérito nestas 12 intachables xornadas para os de Miguel Chouza, que ven reducida a distanza a 5 puntos co Muxía e o propio Mazaricos que suman 28 puntos polos 32 dos de San Pedro de Castríz. Os muxiáns levábanse ante o Camelle o “derbi da amizade”, pois o equipo muxián ademáis de ter raices dende a sua fundación ca Vila da Barca, ten moitos xogadores que xogaron en tódalas categorías do equipo muxián, así coma no corpo técnico. Os camelláns chegaban a este encontro tras celebrar a noite-madrugada anterior a Cea do Nadal a que acudiron máis de 150 persoas. O Porteño tamén se engancha a loita por todo tras golear a un Cabana que chegou a Grixa co xusto, e asimesmo o Corme que goleaba o Muros. Por abaixo o Cee dábase un festín ante o Camariñas. Vitoria moi importante pois dos 7 últimos só gañaron eles e o Monte Louro, que ca sua vitoria pola mínima sobre o Baiñas, curtaba unha xeira fatal de 9 encontros sen gañar nos que sumaba 2 puntos de 27 posibles.
Agradecer aos adestradores e colaboradores por axudar a facer estas crónicas, e fotos, e dicir que as verbas dos adestradores son suas propias e nas que non tocamos nada. Tamén que os que están pendentes iremos subíndoas cando nos chegue, e nas que aparece só o nome do equipo e que seguimos a espera dun colaborador, ou de que nos envíen o teléfono do adestrador.
.
O Muxía levouse o derbi da amizade.
SD Camelle 0-2 CF Muxía
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido no que recuperábamos algún efectivo e que lle fomos capaces de competirlle o Muxía. Terían eles un par de ocasións antes do gol con sendos pases da morte que non foron capaces de materializar. Na metade do primeiro tempo poñeríanse por diante nun balón en longo que recolle Isma e regatea o porteiro. Non nos viñemos abaixo e gozamos dun par de ocasións boas, un balon o pao que o rexeite mandaríamos a balón fora coa porteria baldeira, e cun balón o longueiro. A segunda sería un ir e vir con dominio deles en ocasións, pero que nós tamén contrarestábamos con algunha. Nun centro lateral deles Fran recolleo facendo un golazo de tixereta no cal o noso porteiro só puido mirar como entraba. Apretaríamos un pouco contra o final pero o marcador non se movería”.
Nando Waldemar, (Adestrador do CF Muxía) : “Foi un partido máis complicado do que se reflicte no marcador, pola nosa parte todo o equipo xogou moi serio e competindo cada xogada cunha gran actitude. A primeira metade tivemos o vento en contra e aínda que tivemos a capacidade de levar o partido ó que nos interesaba o Camelle tivo duas grandes ocasións que non foron capaces de materializar, pola nosa parte un gran pase de Fran Moreira deixou a Isma nunha situación de un contra un co porteiro rival ó que foi capaz de superar. Na segunda metade xa co vento ó noso favor tivemos máis control sobre o partido e nun saque de banda recibíu Juli que centrou ó área e Fran Moreira que nunha espectacular tixereta marca o segundo e definitivo gol. Con este resultado conseguimos unha importante victoria contra un Camelle, que sobretodo no seu campo, sempre é un rival moi complicado de superar”.
Goles : 0-1, Isma Pose, (25´); 0-2, Fran Moreira, (60´).
Incidencias : O colexiado Pablo Rama non tiovo qiue amosar ningún encontro.
Volantes de Baño FC 2-4 Ponteceso SD
Gustavo Figueiras, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : “Empezamos o partido un pouco baixo de ritmo e eles apretaron moi forte no medio, pero sen ter moitas ocasións claras, pero si que dominaron o xogo e nun balón largo as costas do noso central o dianteiro cruzouna moi ben. Despois do gol nos fomos collendo ritmo e fomos máis intensos na presión e dispuxemos de dúas boas ocasións para empatar. Na segunda parte saimos máis fortes e máis metidos no partido ca eles, e nos primeiros minutos xa tivemos dúas boas ocasións, pero nun despexe longo o meu central gañou a posición pero o dianteiro é empuxado e caen o chan dándolle o balón na man e o árbitro pita penalti, a verdade é que os árbitros costalles menos pitarnos en contra que a favor porque na primeira parte puido pitar un penalti claro a Borja e non o pitou. Así foi o 0-2 pero nos seguimos apretando e conseguimos marcar despois dunha boa xogada pola banda esquerda de Borja que centrou e Josiño rematou. Despois do gol avanzamos líñas e conseguimos encerralos no seu campo, pero nun balón longo que non conseguimos despexar o dianteiro quedou só diante de Alex e fixo o 1-3, e un minuto despois fannos o 1-4, e o final conseguimos marcar o segundo noso pero xa non quedaba tempo. Foi outro partido no que tivemos mala sorte cara o gol, porque na segunda parte tivemos máis que o contrario pero eles foron máis efectivos”.
Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “A verdade é que o partido estivo máis disputado do que di o marcador. Eles saíron replegados atrás esperando as súas oportunidades, e nós evidentemente saímos con mais iniciativa. Ainda así costounos poñernos por diante. Co 0-2 parecía sentenciado o choque pero eles tiraron de orgullo e puxéronse 1-2 e con posibilidades de empatar. O final nós enganchamos dúas boas contras que sentenciaron o choque definitivamente. Estivo reñido…máis do que parece”.
Goles : 0-1, Hadrián, (36´); 0-2, Martín, (58´de penalti); 1-2, Barreiro, (63´); 1-3, Hadrián, (77´); 1-4, Iván, (79´); 2-4, Pesco, (90´).
Corme CF 6-2 CD Muros
Adrián Javier Lema, (Adestrador do Corme CF) : “A espera do seu comentario…”.
Ángel Sanandrés, (Adestrador do CD Muros) : “A espera do seu comentario…”.
Goles : 0-1, Xavi, (10´); 0-2, Samuel, (58´); 1-2, Isra, (25´); 2-2, Borja, (54´); 3-2, Lucas, (59´); 4-2, Isra, (64´); 5-2, Miguel, (75´); 6-2, Lucas, (88´).
CF Mazaricos 2-1 SD Castríz
Marcos Rodríguez, (Adestrador do CF Mazaricos) : “A espera do seu comentario…”.
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz) : “Perdemos a nosa imbatibilidade nun dos campos máis complicados da Costa, polas súas características, e polos xogadores de gran calidad e ben entrenados que ten o Mazaricos. O vento condicionou moito o partido, téndoo o equipo local a favor no primeiro tempo. Ademáis puxéronse por diante no primeiro tiro a porta, o que lles dou tanta confianza como nola quitou a nós. Foron superiores neste tempo, gañando os duelos individuais, as segundas xogadas e saíndo fácil da nosa presión. Aínda sin tiros entre os tres paus, a sensación foi de que estaba moito máis preto o 2-0 que o 1-1, xa que xeraron moitas faltas, córners e rexeites na área por non sernos quen de despexar o balón co vento en contra. Nós tivemos unha ocasión clara no único contraataque que fomos capaces de culminar, pero Sebas mandou fóra por pouco o balón no man a man co porteiro.
Introducimos dous cambios no descanso e co vento a favor cambiou o conto. Neste tempo a sensación era de que estaba máis cerca o noso empate, pero eles acertaron a meter o 2-0 na primeira contra que sacaron. O guión seguiu igual, nós mandamos dous balóns ó longueiro, eles un, e nós reclamamos un claro penalti a Noly. Lamentablemente para os nosos intereses, o 2-1, (de penalti dubidoso) chegou demasiado tarde, e aínda que o equipo local acabou pedindo a hora, non tivemos suficiente tempo para empatar. Unha parte para cada equipo cando tivo o vento a favor, pero dominou máis o Mazaricos na primeira que nós na segunda. Demostraron ser un rival moi forte”.
Goles : 1-0, Marcos, (2´); 2-0, Molinos, (66´); 2-1, Adrián García, (85´de penalti).
Outes FC 3-0 SD Coristanco
Álex Romero “Aliños”, (Adestrador do Outes FC) : “Partido moi igualado na primeira metade, na que o primeiro aviso de perigo serio foi do Coristanco con un tiro a pau tras un pase ás costas da defensa. Nos estivemos algo incómodos no inicio do encontro pero a medida que este avanzaba fomos medrando no xogo. Asi chegou a acción do penalti que nos permite adiantarnos no marcador. Tras o descanso o tempraneiro gol de Ryan danos confianza e penso que xa fomos capaces de controlar mellor o ritmo do encontro. Aínda así, o Coristanco dispuso de un man a man que lle permitería meterse de cheo no partido, pero que solventou ben Dani. O gol de Iván mediada a segunda metade decantou o encontro definitivamente”.
SD Coristanco : “A espera do seu comentario…”.
Goles : 1-0, Sergio, (21´de penalti); 2-0, Ryam, (46´); 3-0, Iván, (55´).
Incidencias : A colexiada Beatríz Torres expulsou con dobre cartón no minuto 45 ao adestrador visitante, Carlos Cousillas.
UD Monte Louro 1-0 CD Baiñas
David González “Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Partido no que comenzou mellor o Baiñas pero sin crearnos ocasións. Na primeira parte nos estivemos imprecisos e non conseguíamos dar 3 pases. Na segunda parte estivemos mellor e tivemos varias ocasións para adiantarnos pero non éramos capaces de finalizar en gol. Foi Chano de cabeza o que marcaría o único gol do partido.
Puidemos sentenciar o partido e non fomos capaces, e na última do partido o Baiñas puido empatarnos”.
Ángel “Rosky”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Foi un partido moi igualado donde se impuxeron as defensas, nós moi imprecisos en ataque e eles máis do mesmo. Pero nun corner o primeiro pau conseguiron adiantarse e levar os tres puntos. Xogharon no soso equipo : Joel, Charlie, Rodrigo, Manu, Raúl, Dylan, Adrián, Maikol, Cristian, Kevin e Ruli. Tamen xogharon Marcos e Santi”.
Goles : 1-0, Chano, (78´).
UC Cee 5-2 Camariñas FC
UC Cee : “”A espera do seu comentario…”.
Juan Cabrejo, (Adestrador do FC Camariñas) : “Partido para esquecer…Fomos unha caricatura do equipo que demostramos ser este último mes, e a derrota contundente de onte tennos que facer reflexionar novamente, sobre como non se debe sair a un terreno de xogo a disputar un partido. Toca arremangarse de novo e arrimar o hombreiro para esta última xornada do ano e acabalo cunha vitoria”.
Goles : 0-1, Soule, (9´); 1-1, Bruno, (15´); 2-1, Carlos, (44´); 2-2, Gabri, (48´de penalti); 3-2, Bruno, (52´); 4-2, Ezequiel, (64´); 5-2, Ezequiel, (90´).
CF Porteño 5-3 Cabana SD
Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) : “Saimos moi ben nos primeiros minutos xogando ben por banda sabedores de que tíñamos que aproveitar o primeiro tempo que era cando o campo ía a estar mellor, debido a chuvia, e así foi, Puxémonos moi pronto con 3-0 no marcador, de duas moi boas combinacións e un de testarazo por enriba do porteiro, con goles de Joseba, Nico e Alan, e preto do descanso Mayor facía o 4-0 de falta. No descanso fixemos trocos e tentamos seguir igual e co resultado xa había desmotivación e o choque volveuse máis igualado. Vicente fixo un gran gol de fora do área para o 5-0 e completamos os trocos. Houbo algo de nerviosismo cando se puxeron 5-2, pero o partido non correu perigo nunca, ainda que houbo baixada de ritmo polo abultado do resultado. Contentos que estamos cada vez máis preto do obxetivo e vivos na copa”.
Pablo Rodríguez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido donde nos presetamos co mínimo, 11 senior e 2 xuvenís e con pouca intensidade ante un gran Porteño que non perdonou, e o marcador o di todo 4-0 o descanso e gracias. Algo máis despertos na segunda parte puidemos maquillar o marcador a un 5-3, e esperar o próximo para sumar algo”.
Goles : 1-0, Joseba, (3´); 2-0, Nico, (4´); 3-0, Alan, (7´); 4-0, Mayor, (36´); 5-0, Vicente, (76´); 5-1, Mario, (78´); 5-2, Mario, (82´).
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores
-Foto Camelle-Muxía : Gonzalo Lemus
-Foto Mazaricos-Castríz : Jorge Villar “Gorrión”