Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores e fotos. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, todos eles propios dos mencionados e sen censuras. Se falta algunha manifestación iremos poñéndoa segundo nos vaia chegando.
Parecía que ía ser o “partidazzo” da 13ª xornada do Grupo 2 da 3ª División Galega Feminina G2 o que enfrontaba ao Dumbría e o Muxía para saber quen acababa o ano no máis alto, pero o final foi unha pachanga na que só houbo un equipo. De inicio as muxianas tentárono pero a eficacia goleadora das dumbriesas foi aplastante. Notou moito a baixa de Patri Romanía o equipo muxián que lle cedeu o liderato as dumbriesas, que ademáis de poñerse no primeiro posto con 34 puntos, 1 máis co Corme, (2º), que goleaba ao Bergantiños B, e 3 máis cas muxianas que caen a terceira praza. As dumbriesas teñen un encontro xogado menos ca ambas escadras. Sube a cuarta praza o Ponteceso tras derrotar a domicilio o Camariñas e por detrás ven o Corcubión que derrotaba a domicilio o Nicrariense.
A liga para ata despois de Reis
Tanto esta liga coma a 1ª e 2ª División Galega Feminina, nas que tamén temos equipos costeiros, paran ata o 7 de Xaneiro de 2024.
-CRÓNICAS 13ª XORNADA-
O Ponteceso venceu en Camariñas e acércase a parte alta.
EF Concello Camariñas “Juan Cabrejo” 1-2 Ponteceso SD
Juan Cabrejo, (Adestrador do EF Concello de Camariñas) : “Derrota diante dun dos galiños da categoría nun
partido no que coma sempre pelexamos dende o primeiro minuto ata o último, e no que finalmente non tivemos o premio de puntuar. Sabíamos que o rival basea a maior parte do seu xogo ofensivo nos saques de banda, pois ten unha xogadora que saca por ambos lados do campo, sexa a distancia que sexa e iso defendémolo moi ben. O gol no 45 fíxonos dano. Na segunda metade tivemos o empate nunha falta ao longueiro, e na seguinte xogada nunha contra márcannos o 0-2. O equipo non baixou os brazos, acurtamos distancias co gol de Paula e tratamos de embotellar ao rival pero non puidemos empatar”.
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Tocáballe ao Puenteceso desprazarse fóra da casa de novo, esta vez a Camariñas para enfrontarse ao Escolas Juan Cabrejo, o último encontro antes do Nadal. O equipo de Ponteceso chegaba con bastantes baixas ao encontro pero as de Curro foron quen de xogar un bo partido no recén renomeado Vicente Carril, nunha xornada onde a aire e a choiva tamén xogaron pero non impediron que o partido se disputara con normalidade.
Durante a primeira parte o encontro estivo bastante igualado, con maior posesión de balón das de Curro, que ademais tiñan o vento a favor. Aínda así non foi ata pouco antes do pitido final cando conseguiron poñerse por encima do marcador cun gol de cabeza de Andrea. Un tanto que aportou seguridade ao grupo que na segunda parte saíu ao campo coa intención de marcar máis distancia no resultado.As visitantes entraron ao campo con outra enerxía e sería de novo a killer do Puenteceso que dende fóra da área e por encima da porteira anotaría o 2-0. Dez minutos despois, no 72, as locais reduciron a distancia aproveitándose dun córner.
Vitoria importante, sobretodo mentalmente para as de Ponteceso que levaban dúas xornadas sen sumar puntos e que deixa boas sensacións para o parón de Navidad. Agora toca descansar un pouco e recuperar forzas ata despois de Reis, o día 7, que voltará a liga e tocará xogar contra o Nicrariense“.
EF Concello Camariñas “Juan Cabrejo” : Keren, Uxía, Carla, Paula, Laura López, Nuria, Laura Pose, María, Cristina, Saray e Leticia. Suplentes: Maira, Ainhoa, Desiree, Diana e Leticia.
Ponteceso SD : María, Noe, Myre, Ainhoa, Saray, Silvia, Oanes, Claudia (Manti 90′) , Mel, Andrea (Lucivili 90′), Noemí. Tamén: Colores.
Goles : 0-1, Andrea, (44´), 0-2, Andrea (62´); 1-2, Paula, (72´)
Árbitro : Luis M. Insua. Amonestou a visitante Andrea.
Próximos encontros
Ponteceso SD-AD Nicrariense
EF Concello Camariñas “Juan Cabrejo”-UD Cerqueda
******
Paula Fandiño fixo 3 dos 10 goles das dumbriesas.
CF Dumbría 10-0 CF Muxía
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “O partido empezou con un ritmo moi alto, co Muxía cunha presión moi intensa que nos facía non estar nada cómodas nin ter as ideas nada claras, e sin xerar ocasións nada claras, ata o minuto 15 cando conseguiríamos abrir o marcador, cunha boa xogada e un tanto de fortuna que nos daría alas e a confianza necesaria para intentar ser dominadoras do balón, coa calma que este requiere convertindo o partido nese partido soñado onde todo o que tocas se convirte en ocasión, mermando cada vez máis o xogo rival e deixándonos dominadoras do xogo con balón. O Muxía en ningún monento deixou de intentar facernos dano, pero as nosas estaban metidas o 100% no encontro e co nivel de confianza polas nubes polo que resultaba moi difícil facernos dano. Partido que nos fai creer nas nosas posibilidades reais de manternos no alto o maior tempo posible. Animar o Muxía a que este non lles afecte e sigan competindo como o veñen a facer toda a temporada“.
Jose Sar “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “O partido máis esperado do ano e xusto nos falta Patri por estar enferma, igual non cambia a derrota pero si iba cambiar o partido, despois foi moi superior o Dumbría desde que marcou o primeiro gol. Animar as miñas, seguir aprendendo xa que e o primeiro ano, era o último partido do ano, pero para o ano viremos con máis forza deso estou seguro. Bo Nadal a todos”.
CF Dumbría : Lía, Paula Carril, Adriana, Martina, María, Kelly, Eva Lema, Reyes, Paula Fandiño, Juliette e Sabela. Suplentes: Lisette, Lucía, Icia, Claudia e Yolanda.
CF Muxía : Sheila, Andrea Domínguez, Marta, Paula Vilela, Raquel. Elsa, Barca Toba, Paula Rey, Irene, Andrea Insua e Marcela. Suplentes : Denise, Nuria, Nerea e Adriana.
Goles : Primeira metade, (6-0) : Kelly, Adriana, Paula Fandiño, (2), Paula Carril e Eva Lema. 2ª metede : Juliette, Eva lema, Yolanda e Paula Fandiño.
Árbitro : Alfonso Caamaño. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
Corme CF-CF Dumbría
CF Muxía : Descansa
******
O Mazaricos que venceu no derbi co Fisterra.
CF Mazaricos 2-1 SD Fisterra
Juan M. Tuñas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido que empezabamos moi centradas e intentando xogar a bola e que o fisterra non nos xerara peligro polo medio de Andrea. No minuto 16 Graciela adiantábanos con un gol de falta direta donde falla a porteira delas a hora de intentar coller o balón. De aí ata o descanso seguimos tendo varias contras claras coas que poñer o segundo gol pero sin acerto. A nivel defensivo outro partido incrible da nosa porteira Valeria blocando todo e non dando segundas xogadas as rivais. Xa no desconto da primeira parte no único erro defensivo en toda a primeira parte, Andrea fai un xogadón regateando a 5 defensas nosas e marca gol. Xa na segunda parte saimos ca mesma intención que na primeira pero o árbitro nun intento de ser o protagonista do partido expúlsanos a Graciela. A partir de aí as nosas tiraron de oficio e de pundonor e conseguiron sacar o partido adiante con un segundo gol de Tamara de falta. Xa na última xogada de partido mancabase Saray que se perde casi seguro todo o que resta de tempada, unha xogada que non tivo que existir debido a que o tempo xa rematara pero novamente o arbitro quixo seguir facéndose ver como o protagonista do partido. Agradecerlle o Fisterra o bo trato e atención por parte de Andrea a nosa xogadora ata que chegou a ambulancia e a preocupacion mostrada polo adestrador ata que a rapaza volveu do hospital. Por último desexarlle a Saray unha pronta recuperacion“.
Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Pouco que decir do encontro. O resultado puido ser calquera pois tivemos dous balóns o pau e que o partido podia caer de calquera lado. Que se recupere Saray que e o único malo do partido, xa que o final o deportivo cando pasan estas cousas pasa a un segundo plano“.
CF Mazaricos : Valeria, Saray, Graciela, Sílvia, Tamara, Lúa, Claudia, Antía, Iria, Katia e Mariña. Suplentes: Paula Maneiro, Paula Rodríguez, María, Fátima e Araceli.
SD Fisterra : Zaira, Paula, Lidia, Tamara, Andrea, María Elena, Xaira, Jimena, Tatiana, Aroa e Lucía. Suplentes : Antía, Zeltia, Rosa María e Nicole.
Goles : 1-0, Katia, (16´), 1-1, Andrea, (45´); 2-1, Tamara, (75´).
Árbitro : Jonathan Pardiñas. Expulsou con vermello direto a mazariqense Graciela no 67 e amonestou a sua compañeira Tamara. Polo Fisterra veu cartón amarelo María Elena.
Incidencias : Lesión da mazariquense Saray a que se lle saeu o cóbado do sitio, nunha xogada fortuita co tempo xa cumprido. O noso desexo dunha pronta recuperación.
Próximo encontro
Cabana SD-CF Mazaricos
SD Fisterra-SD Dubra
+++++
AD Nicrariense 0-3 UD Corcubión
Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido con un horario malísimo. A primeira parte nos chegou para metermos 0-3 con un gol en propia, gol de Maria de corner, e un golazo lonxano de Helena que se estrea como goleadora. Como anédota tivemos outra boa ocasion de corner que para o árbitro metendose en medio do remate. Xa na segunda baixamos moito o ritmo só tendo un poste por parte de María, pero sen ter ningunha ocasion en contra destacable“.
AD Nicrariense : Luz María, D´Lenia, Alicia, Sofía, Aya, Noa, Carla, Candela, Laura, Paula, e Mencía. Suplentes: Kayla.
UD Corcubión : Elena, Alexandra, Victoria, Marta, carla, Cristina, María, Helena, Ana, Daniela e Paula. Suplentes: Alexa, Elisa e Claudia.
Goles : 0-1, Laura, (4´); 0-2, María, (25´); 0-3, Helena, (41´).
Árbitro : Adrián Valiño. Non amosou ningún cartón
Próximos encontros
Ponteceso SD-AD Nicrariense
UD Corcubión-Bergantiños FC B
*****
Bergantiños B que se enfrontou o Corme.
Bergantiños FC B 1-6 Corme CF
Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC B) : “Poco que contar, fuimos con muchas bajas, solo 12 jugadoras disponibles contando una del equipo cadete, algunas jugaron tocadas y el Corme fue superior en todo momento, no salió nada en este partido. Toca aprovechar el parón para recuperar a gente”.
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido moi importante para irnos o parón de Nadal con boas sensacións, e a verdade é que estou moi contento co meu equipo, porque fixeron un partido moi serio e moi completo. Recuperamos sensacións con balón e na presión alta e a partir de aí dominamos o partido de principio a fin, excepto os últimos 10-15 minutos do primeiro tempo no que nos relaxamos e deixamos que o rival puidera meterse no partido, algo que debemos correxir. Gustaríame destacar a proposta do Bergan, equipo moi xoven e o ser filial pois está condicionado sempre por qué lle suban a xogadoras para o A, pero ainda así nunca renuncian a xogar o fútbol, non rifan o balón e buscan superar liñas a partir de combinar, algo que comparto e por eso o quería destacar, o igual que a Erika, xogadoraza!!!…A seguir así!!!”.
Bergantiños FC B : Ariadna, Aisha, Valeria, Aroa Varela, Clara, Jimena, Antía, Amelia, Erika, María e Sara. Suplentes: Clara e Andrea.
Corme CF : Belén, Ana, Laura, Irene, Aurora, (Carla Vázquez), Nati (Mónica), Olalla (Salomé), Carla, Nerea, Cris, (Candela), e María.
Goles : 0-1, María, (1´); 0-2, Carla, (13´); 0-3, Carla, (17´); 1-3, Antía, (26´); 1-4, Nerea, (45´); 1-5, Natalia, (60´); 1-6, Mónica, (86´).
Árbitro : Álex Areosa. Amonestou polas locais a Carla e Valeria, e polas visitantes a Nerea.
Próximo encontro
Corme CF-CF Dumbría
UD Corcubión-Bergantiños FC B
******
O Cerqueda celebrando a vitoria de despedida do ano.
Outes FC 0-2 UD Cerqueda
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Empezou o partido moi igualado, donde nos primeiros minutos ambos equipos se estaban tanteando, pero durante os 20 primeiros minutos as ocasións máis claras foron para o Outes, sobre todo un man a man coa porteira do Cerqueda que sacou maravillosamente ben. Elas tiveron un par tamén para marcar pero sin concretar nada. Contra o final da primeira metade, o partido comezaba a volverse cada vez máis físico, con varios choques e xogadas con acumulación de xogadoras. A segunda metade comezou igual que o remataba a primera, cada vez máis físico e en esas un fallo pola nosa parte no en torno o minuto 50 propicia o primeiro gol visitante, no primeiro tiro a porta da segunda parte. O segundo gol visitante ven prececido dun centro e un balón morto na área. Rematou o partido sen nada máis significante que moita loita no medio campo”.
Dani García, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido con dúas partes totalmente opostas para nós, cunha primeira parte moi mala, pero cunha gran reacción tralo descanso, facendo os mellores 45 minutos do que vai de liga”.
Outes FC : Soledad, Claudia Carou, Alicia, María, Míriam, Carla, Carmen, María Engracia, Paula, Valeria e Natalia Alonso. Suplentes : Claudia Otero, Lara, Natalia Lago, Nerea e Mariña.
UD Cerqueda : Paula, Jimena, Lucía, Tania, Tatiana, Uxía, Lorena, Raquel, Vanesa, Mariña e Inés. Suplentes: Sonia, Uxía, Carla Santos e Carla Varela.
Goles : 0-1, Lorena, (59´); 0-2, Lorena, (63´).
Árbitro : Víctor Mirazo. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
CF Noia B-Outes FC
EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”-UD Cerqueda
******
Descansou : Cabana SD
*****
-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ
-CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ
*****
-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores
-Foto Paula Fandiño : Arquivo Veteranos Dumbría
-Fotos Ponteceso : Marcos Curro
-Foto Cerqueda : Dani García
-Foto Bergantiños B : Prensa Bergantiños FC
-Foto Mazaricos : Juan “Rachón”