O lider Xalllas tivo unha mala tarde e ainda así non perdeu ante o Corcubión que lle empatou un 2-0 en contra cun gran partido. O encontro da xornada na parte alta xogábano o Malpica e o Oza, o empate antre ambos beneficiou ao Sofán B, que derrotaba o Buño para recuperar a segunda praza e acercarse a 3 puntos do lider superando os ocenses, (3º), por un punto e aos malpicáns, (4º), en 6. Aprétase deste modo a loita polo título agora cousa de 3, e a da promoción a que se engancha o Soneira e o Cerqueda aproveitando os empates na parte alta e a derrota do Lira ante o Soneira.
Agradecer aos adestradores e colaboradores por axudar a facer estas crónicas, e fotos, e dicir que as verbas dos adestradores son suas propias e nas que non tocamos nada. Tamén que os que están pendentes iremos subíndoas cando nos chegue, e nas que aparece só o nome do equipo e que seguimos a espera dun colaborador, ou de que nos envíen o teléfono do adestrador
No Cerqueda fixeron un vídeo de ánimos para o seu xogador cadete, Brais, que xa debutou en copa co primeiro equipo. O rapáz que está hospitalizado recibe así o cariño dos seus compañeiros e os desexos de telo pronto de novo con eles, desexo ao que nos unimos.
-CRÓNICAS 13ª XORNADA-
SD Laxe 0-1 UD Cerqueda
SD Laxe : “A espera de comentario…”.
Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido feo complicado no que o mellor foi o resultado. Creo que por ocasións. fixémonos merecedores da vitoria pero o Laxe tamén tivo as súas. Dani facía de penalti o gol que nos daba os 3 puntos, tras unha clara man no área. O finalizar fixemos este video para mandarlle moitos ánimos a Brais un rapáz do noso equipo cadete que debutou na copa co equipo senior e que esta pasando un momento delicado no hospital”.
Goles : 0-1, Dani García, (33´de penalti).
Atlético Pereiriña FC 2-1 CD Nantón
Joaquín Quintáns, (Adestrador do Atlético Pereiriña FC) : “A pesar do axustado marcador, (curto para o meu ver), sempre tivemos o control do partido. Na primeira metade e co vento en contra sen xerar moito perigo controlamos ben o partido e no 30’ logo dun clarísimo penalti, Charly marcaría o 1-0. No 40’ logo dun erro da nosa zaga por falta de comunicación e entendemento de dous xogadores nosos chegaría o empate do Nantòn. Logo do descanso e co vento a favor o noso domínio ainda sería maior e despois de duas ocasiòns claras o noso favor chegaría o 2-1, por medio de Miguel. Ainda teríamos duas ocasións máis o noso favor, tamén moi claras, e xa con un xogador menos o Nantòn, pola expulsión de Tato Recarey, no tramo final o Nantòn tivo un ocasión que sacou ben o noso porteiro. Acobe”.
Jorge Calvete, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido no que estivemos mellor na primeira parte, pero adiantanse cun penalti de Adrián nunha contra deles. Empata Tato tras pase e xogada individual de Redondo. Ten outra Iván antes do descanso pero falla nun tiro que sae polo lateral da rede. Na segunda mellor o Pereiriña e adiantase en xogada por banda na que centran e rematan no segundo pau.Ten unha de falta Santi, que sae fora, outra Redon en xogada pero non atina diante do porteiro. Nada, partido gañado polo Pereiriña máis polo oficio que polo xogo”.
Goles : 1-0, Charly, (31´de penalti); 1-1, Tato, (40´); 2-1, José, (62´).
Incidencias : O colexiado Manuel Espasandín, expulsou con dobre cartón o xogador do Nantón, Tato, (27´e 84´).
SDC Buño 0-1 SD Sofáb B
Prensa SCD Buño : “Partido condicionado polo vento presente en Xaviña cunha primeira parte competida de ti a ti por ambos conxuntos, na que tanto oleiros coma sofanistas tiveron varios achegamento de perigo para poñerse por diante, pero nin uns nun outros lograrían materializalas polo que se chegaría ao descanso co resultado inicial. Na segunda metade, co paso dos minutos, o Sofán B iría tendo mais peso do partido dominando a posesión pero sen crear ningún perigo sobre a portería dun Buño que se amosaba moi cómodo sobre o terreo de xogo. Pero a falta de doce minutos para o final, Dani Calvete daríalle a vitoria ao Sofán B, cun remate que parecía que se ía fóra e acabou dentro da rede da portería local. Tras isto, o Buño foise arriba pero non acadaría nada positivo dun partido do que non mereceu marchar de baleiro”.
José Barca, (Adestrador do SD Sofán B) : “Foi un partido moi igualado, non houbo moitas ocasións de gol. Levamos un mes botando de menos as numerosas baixas que temos, e estamos tiranndo de xuvenís, desta volta sairon 3 de titulares. Nós tratamos de facer o noso xogo e eles concentraron xente no medio do campo buscando contras rápidas cos seus dianteiros rápidos. O Buño tivo unha de Elías, que parou ben Pablo. Na segunda metade tivemos que sacar xa no descanso a Manu por lesión e fixemos varios trocos para tratar a estrutura do equipo e tivemos máis balón e máis chegada, pero non se finalizaban. O único gol foi unha acción de balón parado, e nun barullo no área e Dani Calvete bombealla por enriba o porteiro. Eles presionaron e penso que o mellor tería sido un empate. Co empate do Oza recuperamos a segunda praza e acercámonos o xallas polo seu empate. Vitoria agónica que nos sirveu para eso e a ver se imos recuperando xente”.
Goles : 0-1, Dani Calvete, (78´).
Xallas FC 2-2 UD Corcubión
Jorge “Churian”, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido malo pola parte do Xallas diante de un moi bo Corcubión. Só fomos superiores durante os 15 primeiros minutos da segunda parte, (donde marcamos os 2 goles). Cando chegou o gol do Corcubión metéronse de cheo a polo partido. O final claras ocasións para os dous lados, donde o Corcubión con un xogador menos puido con méritos, levar os 3 puntos”.
Prensa UD Corcubión : “Primeira metade nosa e na que o mellor foi o porteiro local e segunda na que tras a expulsión de Mario e os dous goles do Xallas repuxémonos e primeiro iago e despois Samu marcaron e conseguimos a igualada e ainda tivemos un par delas claras de Iago e César que ben nos puideron das a vitoria”.
Goles : 1-0, Rubén, (60´); 2-0, Rubén, (65´); 2-1, Iago Lema, (68´); 2-2, Samuel, (74´).
Incidencias : O colexiado Alfonso Caamaño, expulsou con vermello direto a Mario Suárez do Corcubión, (55´).
Zas e Seaia ofrceron un encontro entretido no San Andrés.
Sporting Zas 2-2 Sporting Seaia CF
Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) : “Afrontamos este partido coas numerosas baixas de xogadores importantes que temos e cos condicionantes do partido de Copa entre semana, e o vento que tamén foi protagonista na xornada de onte, polo que o partido deixou moi pouco espacio o xogo combinativo e os dous equipos buscaban non correr riscos. Así nun corner atopamos o gol no segundo pao, e como foi un partido de moito xogo de unha área a outra e con moitas transicións, o Seaia atopou o empate nunha contra. O que respondemos cun golazo de Juan desde o lateral, chegando desta maneira con ventaxa o descanso. Axustamos liñas tralo paso dos vestiarios e tivemos o 3-1 en dúas ocasións diante do porteiro do Seaia, pero non materializamos, e noutra transición colleron outra contra que volvía poñer o partido igualado. A partir do empate, as forzas dos dous equipos foron a menos, o ritmo que foi moi alto empezou a baixar e xa non existiron ocasións claras de gol para ningún dos dous equipos”.
Óscar Mosocoso, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido ó que chegamos os dous equipos con numerosas baixas. Moi igualado en todo momento de pricipio a fin sin un claro dominador. Na primeira metade quiza nós un pouco peor, adiantansenos no marcador en duas ocasións e vamos o descanso perdendo por 2-1. Na segunda metade , xa nos encontramos un pouco mellor situados no campo e a raiz de aíi facémolo empate a dous. Apartir de aí, puido caer a vitoria para calquera dos dous equipos pero xa non se movería o marcador”.
Goles : 1-0, Eloy, (8´); 1-1, Sergio, (19´); 2-1, Juan, (28´); 2-2, Sergio, (63´)
Incidencias : O colexiado Rai Reborido, expulsou con vermello direto no 30 o membro técnico, Alfredo Pereiro.
11 inicial do Sporting Zas : Adrián Reborido, (p), Ánxo, Eloy, Adrián rama, Álvaro, Andrés, Ronny, Rubén Forján, Manuel Fuentes, Juan Ramón, e Marcos Villar.
11 inicial do Sporting Seaia CF : Senén, (p), Samuel, Mario, Camilo, Joel, Sergio, Diego, Farn Montes, Martín, Pablo e José Suárez.
+++
SCD Malpica 1-1 SD Oza
SCD Malpica : “Cando nos chegue o comentario poñerémolo aquí…”.
Miguel Sande, (Adestrador do SD Oza) : “Cando nos chegue o comentario poñerémolo aquí…”.
Goles : 0-1, Jorge Parga, (43´en propia porta); 1-1, Alberto Hombre, (67´de penalti).
Soneira SD 4-2 CF Lira
CF Lira : “Cando nos chegue o comentario poñerémolo aquí…”.
Totó, (2º Adestrador do Soneira) : “Partido que se poñía moi pronto de cara xa que no minuto tres un mal entendemento no saque dunha falta, Dela rouba o balón e habilita a Basti que encara o porteiro para facer o 1-0. Poñía velocidade de cruceiro o Soneira e logo de un saque de falta lateral por parte de Vía, Quilmes facia de cabeza o 2-0. Aproveitaba o Soneira o vento a favor da 1ª parte e en en dous minutos por mediación de Basti e Vía poñían o 4-0 no marcador. Antes de acabar a primeira metade o Lira acurtaría distancias para ir o descanso con 4 a 1. Na segunda parte e xa co vento a favor, o Lira comenzou a xogar direto sobre a área do equipo local o cal defendeuse ben e saeu en varias ocasións a contra podendo marcar Richi e Basti o 5º pero o balón foi o pao. O Lira recortaría cun centro a área que a defensa non atinou a despexar e no rexeite fixeron o 4-2. Bo partido en liñas xerales dos nosos”.
Goles : 1-0, Basti, (2´); 2-0, Vía Rápida, (9´); 3-0, Basti, (22´); 4-0, Vía Rápida, (24´); 4-1, Oli, (34´); 4-2, Pablo, (77´)
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
Calendario completo : PREME AQUÍ
-Vídeo UD Cerqueda : Emilio Uzal/clube
-Foto Zas-Seaia : Noe/Prensa Sporting Zas
-Foto montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”