3ª GALEGA FEMININA G3
13ª Xornada
Domingo 08/02/2026
Sporting Zas 1-3 UDCorcubión
ED As Miúdas 0-2 Cabana SD
Xallas FC “B” 0-1 RFCC Juan Cabrejo
SD A Baña 1-1 Ponteceso SD
Soneira SD 5-2 Outes FC
UD Cerqueda 2-0 SD Dubra
As crónicas están sempre abertas e en canto nos cheguen comentarios de adestradores iremos sumando segundo nos cheguen máis. Hai casos nos que prefiren non poñer comentario, cousa que respetamos plenamente.
Crónica xeral
A 13ª xornada da 3ª Galega Feminina G3 deixou cambios importantes na cabeza da clasificación e confirmou que a loita polos primeiros postos vai ser cousa de dúas… polo de agora.
O Soneira SD aproveitou á perfección a súa vitoria no duelo directo ante o Outes para colocarse líder, empatado a puntos co EFCC Juan Cabrejo, pero cun partido máis sen perder.
As soneirás foron protagonistas da xornada cun triunfo contundente (5-2) nun choque de altura, mentres que o Juan Cabrejo fixo os deberes no campo do Xallas B cun triunfo pola mínima que lle permite seguir a carón do liderado.
Por detrás, o Cabana SD deu un paso firme cara os postos de arriba cunha vitoria sólida en Muros, asentándose na terceira praza e abrindo unha pequena fenda co grupo perseguidor. Tamén sumou de tres o UD Corcubión, que se levou os puntos do San Andrés pese a chegar con só 13 xogadoras, nunha mostra máis do seu bo momento.
Na zona media, o UD Cerqueda continúa a súa progresión tras superar ao Dubra, mentres que o empate entre SD A Baña e Ponteceso SD deixou unha noticia positiva: xa non queda ningún equipo sen puntuar na categoría.
A liga está agora, con dous equipos destacados na cabeza, pasándose o liderato segundo o golaveraxe e varios aspirantes tratando de engancharse á pelexa na loita pola promoción, nun grupo cada vez máis comprimido.
CRÓNICAS INDIVIDUAIS
O Sporting Zas vesuse remontado niste encontro.
Sporting Zas 1-3 UD Corcubión
O UD Corcubión sacou tres puntos de moito mérito no campo do Sporting Zas, nun encontro no que as visitantes tiveron que remontar e no que compareceron con só 13 xogadoras.
O Zas adiantouse xusto antes do descanso cun gol de Andrea (40’), pero a reacción corcubionesa foi inmediata tras o paso por vestiarios. María Díaz igualou nada máis comezar a segunda parte e, a partir de aí, o Corcubión levou o control do xogo. Alexandra (53’) culminou a remontada e Sandra (67’) puxo a sentenza, confirmando unha vitoria que mantén ao equipo na zona alta da clasificación.
Goles: 1-0 Andrea (40’); 1-1 María Díaz (46’); 1-2 Alexandra (53’); 1-3 Sandra (67’).
Golazo do Sporting Zas :
ED As Miúdas 0-2 Cabana SD
O Cabana SD levou os tres puntos da súa visita a Muros nun partido serio e ben xestionado, no que foi superior durante boa parte do encontro.
José Manuel Vázquez (adestrador do Cabana SD):
“Vitoria do Cabana en Muros nun partido no que levamos o peso do xogo e dispuxemos de ocasións no primeiro tempo, pero sen acerto ante a meta das de Muros.
Xa no segundo tempo, Silvia adiantaba ao Cabana, que seguía mantendo á raia os ataques de As Miúdas. Aroa sentenciaba co segundo gol ao rematar un córner e deixaba todo decidido, pese aos intentos das muradanas por achegarse á meta de Miriam, que tivo que empregarse a fondo nun lanzamento dende fóra da área.”
Goles: 0-1 Silvia (47’); Aroa (60’).
Xallas FC “B” 0-1 EFCC Juan Cabrejo
O Escola de Fútbol Juan Cabrejo cumpriu no seu desprazamento ante o Xallas B nun partido moi pechado, decidido por un único tanto de Paula Mouzo (26’). Un triunfo clave que lle permite ás visitantes seguir empatadas no liderado co Soneira SD.
Goles: 0-1 Paula Mouzo (26’).
SD A Baña 1-1 Ponteceso SD
O empate entre SD A Baña e Ponteceso SD deixou unha das noticias da xornada: primeiro punto da tempada para A Baña, polo que xa non queda ningún equipo sen puntuar na liga.
As locais adiantáronse cedo cun gol de Natalia Llacer (10’), pero o Ponteceso igualou tras o descanso cun penalti transformado por Eva Carril (48’).
Goles: 1-0 Natalia Llacer (10’); 1-1 Eva Carril (48’ de penalti).
Soneira SD 5-2 Outes FC
O Soneira SD asinou unha actuación de alto nivel no duelo directo ante o Outes FC, resolvendo o encontro cunha gran reacción tras encaixar o primeiro gol e confirmando o seu liderado.
Adián Oli (adestrador do Soneira SD):
“Recibiamos ao Outes na mañá do domingo, partido da parte alta da táboa no que unha vitoria nos permitiría abrir fenda sobre as terceiras clasificadas.
Comezabamos o partido coa mesma idea de sempre, saír combinando dende atrás, aínda que o Outes saíu ben plantado e intenso. Dispuxemos dalgunha ocasión, como un tiro de Kenny que foi ao pau.
O primeiro gol sería delas, de Laura dende fóra da área, nun saque de banda rápido que nos colleu desordenadas. Na seguinte xogada, Kelly aproveitaría un erro defensivo visitante para poñer o empate.
Dende aí ata o descanso fomos moi superiores, e chegarían dous goles máis de Kenny, o primeiro a pase de Kelly e o segundo un golazo dende fóra da área pola escadra.
Na segunda metade, Candela faría o 4-1 cun gran pase de Aniña e, dez minutos despois, Kenny completaría o seu hat-trick. Recortarían elas de falta directa, pero pechariamos o partido cun definitivo 5-2.
Partidazo das nosas, que se repuxeron rápido do gol inicial para pechar o encontro cunha goleada.”
Dani Salgueiro (adestrador do Outes FC):
“Partido moi difícil contra un equipo que xoga moi ben o balón e é moi rocoso.
Chegabamos con moitas baixas, que pasan as semanas e van a máis en vez de recuperar. Pero sen escusas: a primeira media hora foi moi disputada, con máis control do balón das locais pero sen moito perigo.
Adiantámonos cun bo gol de Laura, pero inmediatamente despois empatáronnos. Nunha xogada seguida, un choque entre a nosa porteira e Kenny provoca a lesión de Marta, o que fai que cheguemos ao descanso cunha diferenza quizais maior da merecida.
Na segunda metade tentamos reducir distancias, pero o Soneira tiña máis ritmo e mereceu os tres puntos. Agora toca recuperar xogadoras e boas sensacións.”
Goles: 0-1 Laura (27’); 1-1 Kelly (28’); 2-1 Kenny (37’); 3-1 Kenny (41’); 4-1 Candela (52’); 5-1 Kenny (66’); 5-2 Laura (69’).
UD Cerqueda 2-0 SD Dubra
O UD Cerqueda sumou unha vitoria importante ante o SD Dubra nun partido marcado polas baixas en ambos equipos. As cerquedenses contaron con só tres recambios no banco, mentres que as dubresas tiveron dous.
Valeria foi a gran protagonista do encontro, anotando os dous goles que decidiron o choque.
Goles: 1-0 Valeria (32’); 2-0 Valeria (73’).
Clasificación
1º Soneira S.D. : 33
2º EFCC Juan Cabrejo : 33
3º Cabana S.D. : 26
4º U.D. Corcubión : 24
5º Outes C.F. : 24
6º U.D. Cerqueda : 19
7º Sporting Zas : 18
8º Ponteceso S.D. : 14
9º E.D. As Miúdas : 12
10º S.D. Dubra : 12
11º Xallas F.C. “B” : 5
12º S.D. A Baña : 1
.
3ª GALEGA FEMININA G3
14ª Xornada
Domingo 22/02/2026
UD Corcubión – EFCC Juan Cabrejo, ás –:–
SD Dubra – Sporting Zas, ás –:–
Cabana SD – UD Cerqueda, ás –:–
Ponteceso SD – ED As Miúdas, ás –:–
Soneira SD – SD A Baña, ás –:–
Outes FC – Xallas FC “B”, ás –:—
