Nesta 13ª xornada da 2ª División Galega G1, tan só o Xallas FC foi quen de facerse cos 3 puntos, na sua boa vitoria sobre o Santiso no Municipal da Fontenla. Xornada aciaga para UC Cee e ED As Miúdas que caían derrotadas, ambas escadras por goleada.
Parón navideño ata despois de Reis
A liga párase ata o 7 de Xaneiro de 2024, así coma a 1ª e 3ª División Galega Feminina, nas que temos representación da cotsa. Para a vindeira fin de semana o ED As Miúdas disputará o encontro que tiña aprazado da 7ª xornada ante o SCD Pastoriza no campo pastoricense a partires das 17:00 horas. Así o anuncia a RFEF, que pola contra non ten data, (a día de hoxe), para o UC Cee-Cultural Maniños que foi suspendido a pasada semana.
Xallas FC 2-1 UD Santiso FC
José Carlos “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido no que as xalleiras saíron con toda a intención de poder levar os tres puntos e resarcirse dos últimos resultados negativos. E así foi como un Xallas moi ben estruturado e impúxose en cada centímetro do campo, no que non dou ningunha facilidade o equipo do Santiso. Aínda que o resultado final foi axustado ás feminas xalleiras tiveron numerosas ocasións para que o resultado fose moito máis abultado. As nosas goleadoras Olalla e Yasmina, non faltaron a cita co que mellor se lle dá e os puntos quedaron no Municipal de Fontenla. O gol visitante nun despiste da zaga xa foi no tempo de desconto. O Xallas feminino con estes puntos sitúase nunha zoa morna pero sin descolgarse dos posto de arriba.
A nota triste da xornada que enturviou este último partido do ano témola na nosa “capi” Luchy, que nunha acción illada coa porteira rival torceu un xeonllo e tivo que deixar o encontro camiño do hospital, onde tras diversas exploracións tratan de descartar que non sexa unha lesión ligamentosa grave…Moito ánimo a Luchy!!”.
Xallas FC : Rosio; Laura, Alicia, Saskia, Carla; Andrea Otero, María, Luchy, Noelia; Olalla e Paula Barcia
Tamén xogaron: Leti, Paula Gándara, Yasmina, Daniela e Andrea Barbeira.
UD Santiso FC : Uxía, Alexandra, Alba, Daniela, Xiana, Marta Vázquez, Elsa, Ana Fuciños, Ana Miguélez, Marta Suárez e Elvira.
Tamén xogaron: Teresa, Lucía e Elia.
Goles : 1-0, Olalla, (25´); 2-0, Yasmina, (65´); 2-1, Rocío, (90´).
Árbitra : Manuel Trillo. Amonestou a xogadora local Noelia.
Incidencias : resultou lesionada e tivo que ser trasladada a un hospital a xalleira Luchy, a cal lle desexamos unha pronta recuperación e que sexa o menos posible.
Próximo encontro
UD Santiso FC-Sporting Meicende
Xallas FC-UD Carral
******
As Miúdas sobre o céspede do Polvorín.
SDC San Roque 9-0 ED As Miúdas
Luis Ferreiro “Lucho”, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Un partido disputado a primera parte pero xa na segunda descontrolousenos e non puidemos poñer órde. Pero estamos traballando ben, somos conscientes de que toca un ano para aprender e sufrir para intentar recoller froitos máis adiante”.
SDC San Roque : Cristina, Paula, María, Míriam, Noa, Saray, Sofía, Carla, María Eugenia, Noelia e Wanesa. Suplentes: Uxía, Clara e Diana.
ED As Miúdas : Adriana Siaba, Atenea, Alba, Leire, Ximena, Pati, Cristina, Sofía, Marta, Adriana, Paula e Ana. Suplentes: Elba, Ximena e Carlota
Goles : 1-0 na primeira metade cun gol de María. Na segunda marcaron : Carla, María Eugenia, Cristina, Saray, (2), María, Sofía e Míriam.
Árbitro : Manuel Otero. Amonestou a local Saray.
Próximo encontro
ED As Miúdas-Orzán SD B
UC Cee-SDC San Roque
******
Silva SD 5-0 UC Cee
Ambos equipos chegaron a este encontro xon moi poucos efectivos, as do Ventorrillo con tan só un troco e as ceenses con dous, e só utilizaron un. As coruñesas deixaron máis ca resolto o encontro no primeiro tempo que remataba coa bagaxe de 4-0. O da “manciña” chegou no desconto final.
Buscamos colaborador/a para os comentarios e fotos do UC Cee feminino, (o noso tlf/whatsapp : 626 72 00 47)
UC Cee : Noemi, Lucía Facal, Lucía Rodríguez, Nerea, Paula, Saray, Nayara, Uxía, Lucía Martínez, Sabela e Laura. Suplentes: Lucía Sieira, e Minerva.
Goles : 1-0, Iria, (2´); 2-0, Sílvia, (12´); 3-0, Chenoa, (14´); 4-0, Sílvia, (30´); 5-0, Sílvia, (90´)
Árbitro : Irene Arcay. Amonestou a local Carolina.
Próximo encontro
UC Cee-SDC San Roque
SCD Pastoriza-Silva SD
******
-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ
-CALENDARIO COMPLETO E RESULTADOS DE TODO O XOGADO ATA AGORA : PREME AQUÍ
*****
-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto Miúdas : Lucho Ferreiro
-Texto : Adestradores