CD Unión 3-0 SD Fisterra
Moito lle queda por sufrir ata final de tempada a este Fisterra, que nada ten que ver co do ano pasado, e que se presentou en Rianxo con moitos xuvenís, ante as numerosas baixas. Isma Cerqueiras abría o marcador no ecuador da primeira metade, (24´), resultado co que se ían a vestiarios. A volta, Reboiras facía o segundo, e xa deixaba o encontro listo para sentenza. Dani Silva no 84 completaba a goleada. O Fisterra continúa unha semana máis de “pechacancelas”.
SD Sofán 3-0 Ribadeo FC
Encontro máis igualado ca o que di o resultado. Jacobo aos 25 minutos de xogo conseguía meter por diante aos sofanistas. Rozou varias veces o empate o equipo ribadeirense, pero unhas veces Alexandre e outras a defensa, impedían o mesmo. Xa no treito final, co encontro que podía caer de calquer banda, Jacobo, batía de novo a Dos Santos, (83´), e con todo peixe vendido, na seguinte xogada, tralo saque de centro, Parafita, finiquitaba io choque, para sumar a terceira seguida dos de Sofán. Con esta vitoria, 4ª da tempada, os sofanistas colócanse na 12ª posición, con 15 puntos a 3 do 9º, San Tirso.
-Foto e Texto : piratasdemuxia