CRÓNICAS 12ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “SÓ CORME E MUXÍA AGUANTAN O RITMO DO SAN LORENZO”.

 

Crónicas 12ª Xornada

 

UC Cee 3-3 SD Oza

Patidifusos quedaron os ceenses neste encontro rocambolesco, e no que os da parroquia carballesas, que andan na loita por evitar o descenso, e ante un dos claros candidatos a todo, poñíanse cun 0-2, para frotar os ollos. Iván Mato, (22´), e Novi, (25´), deixaban vos ollos abertos de par en par a grada. Despertaba do letargo inicial o clube ceense e conseguía remontar con goles de José Lago, (34´). Julio, (35´), e un gol en propia porta de Novi, (43´). O guión collía normalidade e parecía que na segunda metade os ceenses amosarían o seu o seu potencial. Na segunda metade parou a boráxime da primeira, e non se moveu o marcadior, ata que xa con preto de 10 minutos de desconto gastados, dun desconto que nos din, foi nunca visto no fútbol da costa, Nacho Pose, que xogaba de porteiro nos visitantes, subía a rematar un saque de curruncho, e batía ao seu homónimo, Ricardo, cun testarazo incontestable, que batía no longueiro e colábase o fondo das mallas.

 

Corme CF 2-0 UD Cerqueda

Non defraudou o Cerqueda, a pesares de chegar con moitas baixas, e ata puido chegar o descanso gañando, pero errarían un penalti do que dispuxeron. Na segunda metade mandou o Corme e fíxose dono do balón e das ocasións. Miguel no 51 abría o marcador, e cos cerquedenses deixando máis espazos, e tentando ir a polo empate, os cormeláns foron creando máis ocasións de gol, ainda que non foi ata po desconto cando Hugo batía a Senén, para facer o definitivo 2-0, e seguir na estela do San Lorenzo.

 

Manu Nogueira fixo dous co Muxía.

  

Muxía CF 5-1 UD Monte Louro

Encontro dominado de cabo a rabo polos muxiáns, que puidero acadar unha goleada mairo, ante un descoñecido Monte Louro. Fran Moreira aos 3 minutos de xogo, xa abría o marcador, e Manu Nogueira, no 25 facía o segundo. Puideron caer máis, pero en troques era o Louro o que acurtaba distanzas cun penalti, antes do descanso, por medio de Iker, (43´). Non trocou a cara do encontro e na segunda, nada máis baixar do taxi, Manu Nogueira repetía, (48´). A hora de xogo, Maikel, facía o cuarto, e pouco despois, Adrián Alcaina facía o definitivo, 5-1, (69´). Logo baixou o ritmo e a intensidade.

 

Outes FC 1-5 Cabana SD

Para abrir os ollos coma pratos. O Outes que só recibira 4 goles en 11 encontros, topouse cun Cabana en estado de gracia, e eles en estado de letargo. Para máis alabanza dos cabaneses, os da Serra adiantábanse aos 2 minutos de xogo, cun tanto de Iván Capelo. Calquera pensaría visto o que vai de liga, que o Cabana non tiña moito a onde ir pero primeiro Raúl Corzón, (13´), e repetindo no 28, mandaba a vestiarios aos cabaneses por diante no marcador. podería parecer que a segunda metade ía a ser máis tranquila, pero nada máis lonxe da Coruña. O de Seaia, Diego Castro poñía de penalti o 1-4, (53´), e pouco despois Manuel Romero facía o 1-4, (60´). Simón no 73, completaba a goleada. Nese intre quedaban os da Serra cun menos por expulsión de Joao Vitor.

 

CD Muros 3-1 SD Coristanco

Encontro accidentado do Coristanco que fixo méritos para sumar a lo menos un punto, pero que lle faltou puntería e que ata quedou escaso de xogadorers, xa que acabou con 9 o encontro. Na primeira metade Mario adiantaba aos de Juni, (8´), que puideron facer algún máis, pero antes do descanso, chegaba o empate muradán, e a expulsión por mans no área de Sergio. O penalti era materializado por Iván Caamaño, (42´). A situación descentrou a un Coristanco, que tres minutos despois recibía outro gol. Alonso facía o gol da remontada. Saeu forte o Coristanco na segunda, pero Xabier facía o terceiro, cun golazo, (53´). No 73, Jonathan vía o segundo cartón vermello dos da Terra da Pataca, que non baixaron o ritmo, a pesares de todo, ata o pitido final.

 

Camariñas FC 3-1 Volantes de Baño FC

Mellor o Volantes na primeira metade, a pesares de quen se adiantaba no marcador era o Camariñas, cun gol de Víctor, (5´). Repoñíanse dese gol e igualaban de penalti por medio de Miguel Formoso, que materializaba un penalti. Xa na segunda metade, estivo mellor o Camariñas, e conseguía meterse de novo por diante, tras un gol en propia porta de Alejandro Figueiras, (78´). O encontro volveuse de ida e volta, e nestas, era o equipo camariñán o que asestaba o golpe definitivo, por medio de Martín, en tempo de desconto.

 

Ponteceso SD 1-1 SD Castriz

Encontro igualado no que se adiantaban as primeiras de cambio os xalleiros, por medio de Braulio, (4´). Pasada  a media hora de xogo era Eloy o que empataba para os pontecesáns, (38´). A segunda metade discurreu ca tensión do resultado, xa que podía caer de calquer banda.

 

ENCONTRO XOGADO O SÁBADO

SD San Lorenzo 4-0 UD Corcubión

PREME AQUÍ

 

CLASIFICACIÓN

 

-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Foto arquivo e Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies