CRÓNICAS 12ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3 : “VITORIA DE UD CERQUEDA NO DERBI ANTE O ED AS MIÚDAS, E DO XALLAS FC ANTE O VITORIA FC”.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3

Un pasiño máis do Cerqueda para engancharse a arriba.

 

ED As Miúdas 0-2 UD Cerqueda

Plantoulle cara o ED As Miúdas ao equipo das cerquedenses que non foron quen de perforar a meta defendida por Noa Saborido, ata o minuto 75, no que Isa abría o marcador. O gol da sentenza chegou no 88 por medio de Naroa. Con esta vitoria as de Cerqueda empatan a 20 puntos co Cacheiras, (4º), que marca os postos de promoción, ca salvedade de que as cacheirenses teñen 2 encontros menos disputados. Pola sua banda as muradanas seguen na penúltima praza con 2 puntos, 1 máis co Maio SD. 

Na vindeira xornada, (13ª), o UD Cerqueda recibe ao Xallas FC o Domingo 30 de Xaneiro ás 12:30 horas no “Xaviña” de Buño, (Malpica) e o ED As Miúdas tócalle descansar.

 

 Xallas FC 1-0 Victoria FC “C”

Victoria importante para as xalleiras que gañaban un choque moi disputado e de resultado incerto, ata que Yasmina materializaba un penalti no minuto 85, co choque dano os derradeiros coletazos. Con este trunfo as xalleiras suben a 7ª posición con 12 puntos, superando en 2 as suas rivais deste choque.

 

Na vindeira xornada, (13ª), o Xallas FC visita o Domingo 30 de Xaneiro ás 12:30 horas no “Xaviña” de Buño, (Malpica).

 

 UC Cee

O equipo ceense tocoulle descansar nesta xornada e na vindeira, (13ª), visita no “A Cañoteira”, (Cacheiras),  ao Cacheiras SD o Domingo 30 ás 17:00 horas. As cecenses teñen agora tras descansar o lider CF Noia, que goleou o colista Amio SD, (0-12), a 4 puntos, pero cun encontro máis as noiesas.

 

OUTROS RESULTADOS

Amio SD 0-12 CF Noia

Praiña Sporting Club-Cacheiras SD, (Aprazado por casos COVID-19)

 SD Calo 3-1 CD Unión. 

 

-Foto : Instagram UD Cerqueda

-Texto : piratasdemuxia