Soneira SD 4-1 SD Cruces
Moi bo encontro dos vimianceses, que xa puideron ter sentenzado o choque no primeiro tempo, pero que se irían ao descanso con 1-0, con gol de Javi “Rubio”, (34´). A volta de vestiarios repetiría, Javi, (49´), e pouco despois, Noya, (58´), deixaba a papeleta resolta. Azequiel acurtaba para os da Vila de Cruces, (78´), pero non facía mella no equipo de Pedro Gómez, que completaba a goleada por medio de Basti, (83´).
Cidade de Ribeira CF 2-1 CF Mazaricos
Plantoulle ben cara o Mazaricos ao lider, en especial na primeira metade, que acababa cos gafas no marcador. A volta de vestiarios marcaba Alberto Romero, (48´), para os ribeirenses, e tocaba remar para os mazariquenses. Non foi ata o 73, cando Adao facía o 2-0 e deixaba resolto o encontro, pois o gol, que puxera no choque aos mazariquenses, non chegou ata o descanso, e foi por medio de Rachón.
SCDR Esteirana 0-5 SR Calo
Non deu a talla o equipo esteirán ante un rival direto pola permanenza. Os das Salinas xa caían ao descanso por 0-2, con goles de Sergio, (12´), e Adrián, (27´), e se podía haber reacción tralo paso por vestiarios, rompeuse co gol de novo de Sergio, aos poucos de reanudarse o xogo, (52´). Pasada a hora de xogo, Samuel vía o segundo cartón amarelo, e deixaba aos esteirán cun menos. Samuel entrara aos 21 minutos de xogo polo seu compañeiro, lesionado, Adrián. Con 0-3 e cun menos foron caendo os goles, e primeiro Villanueva, (78´), e despois Mateo Bello, (87´), completaban a “manciña”.
Flavia SD 1-0 CF Dumbría
Non mereceu a derrota o clube dumbriés, nun encontro no que foron mellores na primeira metade, e puideron irse a vestiarios con ventaxe, pero que sufriron un gol na practicamente única ocasión dos padroneses. Un gol que marcaba Iván Calvo pasada a hora de xogo, (64´). Tentárono ata o final os de Pablo Conde, pero non recibirían o merecido premio.
CF Silleda 0-2 CD Baio
Dinamita no priemiro tempo para os baieses, que se poñían con 0-2 en dous ramalazos, o primeiro de Santiso aos 11 minutos de xogo, e o segundo, 3 minutos despois, cun gol de Bieito. A segunda metade foi bronca, en especial por parte dos silledenses, que se quedarían con dous homes menos, ambos por dobre cartón amarelo.
SD Agolada 0-2 Xallas FC
Encontro bronco, con demasiads faltas e paróns no xogo, en especial na segunda metade. Álex Blanco poñía por diante aos xalleiros aos 32 minutos de xogo, e xogando cun menos, por expulsión con dobre cartón de Estefan, (57´e 60´), e tras moito xogo “subterraneo”, Rube´n Sande facía o segundo, xa en tempo de desconto.
RESTO DE RESULTADOS
SD Tordoia 1-1 CD Lalín
Puebla FC 7-0 CF Vista Alegre
Cordeiro CF 1-2 SD Negreira
CLASIFICACIÓN
-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ
-Tódolos resultados do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ.
-Foto arquivo e Texto : piratasdemuxia