CRÓNICAS 12ª XORNADA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2-G4 : “VITORIAS DE PONTECESO, E CORME NO G2, E DE MIÚDAS, XALLAS, E DUMBRÍA NO G4″.”

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA

-12ª Xornada-

 

Grupo 2

CCD Curtis 0-6 Ponteceso SD

Goleda das ponteecsanas ao colista, nunha primeira metade na que arroiaron as rivais, con 4 goles, obra de Andrea Varela por partida dobre, (5´e 28′)o segundoi deles de penalti, e de Silvia e Andrea Rodríguez. As duas Andrea, repetirían na segunda metade. Suma o Ponteceso 13 puntos, e sube a 9ª posición.

 

Corme CF 8-1 UD Cerqueda

Encontro dominado en todo o intre polas cormelanas que xa miran de reollo o posto de posible promoción. A primeira metade acabou 4-1. As cormelás poñíanse 4-0 con goles de Olalla, Aroa, Cristina e Carla, e antes do tempo de lecer, Paula marcaba o gol das cerquedenses. Na segunda metade caerían outros 4 das do Roncudo, 3 deles de Naroa, e un de Julia. Suma así o equipo cormelán 18 puntos a 7 da posible promoción, un posto que se levarán as mellores dos grupos 6 grupos, e as cerquedenses seguen como penúltimas con 3 puntos.

 

Grupo 4

Praiña SP Club 1-10 Xallas FC

Encontro máis doado do esperado para as xalleiras que se foron a vestiarios no entretempo co parcial de 1-5. Non baixaron o pedal e na segunda metade marcarían outros 5. Choque sen historia para o divertimento das xalleiras e sufrimento para as de Rebordelo. Marcaron polo Xallas : Paula, Yasmina, (4), Olalla, (4), e Saskia. O gol da honra das do Praiña foi obra de Paula, e supoñía o 1-5. As xalleiras manteñen a 2ª praza con 31 puntos, a 1 das líderes, SR Calo.

 

SR Calo 5-1 UC Cee

O lider amosou o seu poderío, ante un Cee que nunca se deu por vencido a pesares da goleada. Mal inicio das ceenses que as penalizou no resto do encontro, pois con só 2 minutos de xogo xa se adiantaban as líderes con gol de Nerea. O plan de partido xa se ven abaixo para as costeiras, cando Laura Lema facía outros dous goles, (11´e 26´). O gol de Andrea Romero, antes do descanso abría o encontro para a segunda metade, pero as locais souberon nadar e gardar a roupa, e sentenzaron o choque definitivamente no treito final, para non pasar apuros, con goles de Carla, (84´), e Viviana, (89´). As ceenses caen o 4º chanzo con 26,  véndose superadas polo Cacheiras, (17º), marcando as de Cee o derradeiro posto de promoción de ascenso, e co CF Dumbría pisándolle os talóns, a 2 puntos.

 

O Dumbría ocupa posto de promoción.

 

CF Vista Alegre 0-7 CF Dumbría

Así nos conta o que foi o encontro o adestrador das dumbriesas, Fran Figueroa : “Visitaron as nosas o bonito campo de Santa Isabel nun encontro condicionado polo frío que non permiteu ver bo fútbol por parte de ningún dos dous conxuntos. O dominio do balón e das ocasións era para as visitantes, numerosos saques de curruncho que non atopaban rematadora, a única que atopou a rede foi a capitana Fandi de forte disparo dende a frontal tras desfacerse da sua marca. Terían tamén nos pes de María das Carisas un libre directo que saleu preto da escadra e noutra parecida que petou no traveseiro tras tiro de Fandi. Fomos co 0-1 ó descanso.

Saliron algo máis entonadas no reinicio as nosas que pronto meterían distancia, primeiro María das Carisas aproveitando un balón dividido e dous minutos despois Ainoa aproveitando un bonito pase en profundidade de Reyes. Mai sería a que poría o definitivo 0-4 no minuto 72 rematando un saque de curruncho argallado con Fandi entrando no 1º pau libre de marca. As locales achegáronse nunha contra na que Lissete supo blocar para manter a porta a cero. Semana para recuperar efectivos e disputar o derradeiro encontro da 1ª volta ante o Dubra no Conco”.

As dumbriesas ocupan agora mesmo con 24 puntos, o derradeiro posto de promoción a 2 puntos das cuartas, UC Cee e a 3 das terceiras Cacheiras SD.

Xogaron: Naira, Noa, Serena, Carril, Mai, Fandi, María das Carisas, Sabela, Ainoa, Reyes e Juliette.
Entraron: Lissette, Martina, Paula, Icía e Sara.

 

CF Mazaricos 0-3 Cacheiras SD

Aguantoulle o equipo mazariquenses a unhas das cocos da liga a primeira metade a que se chegou cas “gafas” do inicio, pero todo trocou na primeira chegada do Cacheiras na segunda metade. Irena facía o 0-1, (47´), e xa tocaba remar contracorrente. Con todo eso o encontro non se acabou de inclinar para as terceiras da liga ata o 79 cando Sofía facía o segundo. O definitivo 0-3 chegaba no 83, por medio de Carla. As mazariquenses suman11 puntos e ocupan ó 9º chanzo da clasificación.

 

CS Rois 0-1 ED As Miúdas

Choque máis complicado do esperado para as muradanas, que se levaban os 3 puntos gracias a un gol deMarta Verán, aos 11 minutos de xogo. A incertidume do resultado mantivo a emoción ata o pitido final. As muradanas suman 22 puntos e ocupan ó 6º chanzo da clasificación, no que se denomina “posible promoción”, a que iran as mellores dos 6 grupos, e a 2 puntos do CF Dumbría que marca os postos de promoción direta

 

-Foto :  Fran Figueroa/CF Dumbría

-Texto : piratasdemuxia

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies