Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, así como a aportación de fotos para ilustrar os comentarios.
Xornada complicada no climatolóxico en moitos dos campos con un suspendido o Outes FC-EF C Camariñas “Juan Cabrejo”, e ademáis tendo que lamentar duas lesionadas, (que sexa o menos posible), e podendo ter sido suspendido algún máis. Dos de arriba o lider Muxía gañaba ao igual ca o segundo, Corme, e o terceiro, Dumbría, só dos da loita polo título e o ascenso caía o Ponteecso na sua visita o Corcubión. Debido a diferenza de encontros xogados hai equipos que ainda se poden enganchar a loita dos postos altos e incluso o Dumbría que vai terceiro podería coller o liderato poris con 28 puntos, 3 menos cas líderes, ten 2 choques menos disputados.
Se falta algun comentario de algún adestrador, tan pronto nos chegue subiremolo o encontro correspondente, polo que as crónicas non quedan pechadas ata estar todos.
Para maior disfrute destas crónicas recomendamos miralas en ordenador xa que o formato das fotos e dos textos vai en tamaño de alta calidade.
-CRÓNICAS 12ª XORNADA-
O Corcubión e Ponteceso saltando o Novo Cubaleiro.
UD Corcubión 2-4 Ponteceso SD
Rubén Castillos, (Adestrador do UD Corcubión) : “A espera do comentario…”.
Marcos Antelo “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “O Ponteceso desprazábase a Corcubión con varias baixas pero coa confianza de poder facer frente ao partido nunha xornada algo afectada polo tempo. A pesar de ter a posesión do balón durante a primeira parte o equipo de Curro non foi quen de enchufar o balón na portería, non foi por ocasións, Andrea e Noemí tiveron varias oportunidades que os tres paus impediron entrar. Foron as de Corcubión que en dúas chegadas a portería marcaron a superioridade para gañar na casa por 2-0. Na segunda parte os cambios de esquema tampouco deron resultados favorables nun encontro bastante importante para manterse nos postos de arriba pero no que o equipo de Ponteceso non tivo moita sorte. Agora toca levantar cabeza e revertir a mala racha de partidos que leva para acabar coa cabeza ben alta antes do parón de Navidad, o próximo rival será o Escolas Juan Cabrejo de Camariñas“.
UD Corcubión : Alesia, Elisa, Alexandra, Victoria, Carla, Cristina, María, Claudia, Helena, Noa e Paula. Suplentes: Elena, Marta, Ana, Andrea e Daniela.
Ponteceso SD : María (Colores 67′), Noe, Myre, Ainhoa, Saray (Mel 58′), Silvia, Oanes, Eva, Muiño, Andrea, Noemí. Tamén: Berdeal, Candela e Lucivili.
Goles : 1-0, María, (29´); 2-0, María, (41´).
Árbitro : Iván Guerra. Non amosou ningún cartón.
Próximos encontros
EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” – Ponteceso SD
AD Nicrariense-UD Corcubión
******
CF Muxía 4-1 Bergantiños FC B
Jose “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido marcado polo temporal onde na Arliña notase moito. Empezamos nós co vento a favor prto costou facerlle dano nos primerios 20 minutos, logo deste periodo chegou o gol de Barca e a raíz deste primeiro tanto empezamos a ter mellores ocasións pero sin finalizar ben. Elas tiveron algunha ocasión pero sin moito perigo, xa que costáballes sair polo forte vento, e xusto antes do descanso, no 37 e no 38, marcamos 2 goles por medio de Patri e Barca, que repetía, e podiamos ir o descanso algo máis tranquilas, xa que na 2ª tocábanos o vento en contra, unha segunda metade na que empezou a soplar máis forte pero tamén a chover moito máis, e con esas condicións é dificil xogar, tanto para nós como para elas. Sobre o minuto 25 elas marcaron o 3-1. Xa con moito cansanzo encima despois de loitar todo partido como campioas, no 35 marcamos un gol importantísimo para darlle tranquilidade o partido, xa que elas podian marcan en calquera xogada ou falta que estaban tendo. Felicitar o Bergan polo traballo que fai cas rapazas, e sobre todo as miñas que partido a partido melloran moitos aspectos”.
Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “A espera do comentario…”..
CF Muxía : Sheila, Patri Romanía, Marta, Nerea Pazos, Raquel, Elsa, Barca Toba, Paula, Denise, Nuria e Andrea. Suplente: Andrea Rodríguez, Sara, Xeila e Adriana.
Bergantiños FC : Ariadna, Aisha, Arancha, Valeria, Aroa Varela, Aroa García, Jimena, Antía, Ainhoa, Erika, e Amelia. Tamén xogaron : Clara, Sara e María.
Goles : 1-0, Barca Toba, (17´), 2-0, Barca Toba, (37´); 3-0, Patri Romaní, (38´); 3-1, Aroa García, (72´); 4-1, Patri Romaní, (89´).
Árbitro : Manuel Trillo. Amonestou polo Muxía a Raquel e a Marta, e polo Bergan B a Erika.
Próximo encontro
Bergantiños FC B-Corme CF
CF Dumbría-CF Muxía
*****
O Mazaricos celebrou a vitoria a domicilio.
CF Noia B 0-3 CF Mazaricos
Juan M. Tunas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “O noso peor partido hasta o momento da temporada. Empezabamos unha primeira parte moi dormidas e sen intensidade, cualidade que nos definiu ata dia de hoxe. Co paso dos minutos seguiamos moi espesas pero tivemos unha serie de corners no que tras un rexeite dunha rival acabarian metendo en propia porta. Sin saber moi ben como chegabamos ao descanso con vantaxe. Tras o paso polos vestuarios cambiou un pouco a mentalidade do equipo ainda que non dabamos atopado a tecla. Co paso dos minutos e sobre todo coa entrada dos cambios o equipo mellorou e empezou a coller confianza o que propiciou o segundo gol de lua e a sentenza de anxela. Partido para olvidar pero moi contento por como o equipo soubo sacar o partido adiante cando as cousas non saen como planteamos“.
CF Noia B : Noelia, Aida, Noa, Elena, María, Queiruga, Inés, Aitana, Uxía, Nerea, e Alba. Suplentes: Carlota, Uxía, Leila, e Mercedes.
CF Mazaricos : Valeria, Carlota, Saray, Graciela, María, Lúa, Leire, Antía, Iria, Fátima e Mariña. Tamén xogaron : Paula, Tamara, Ánxela, Katia e Araceli.
Goles : 0-1, Queiruga, (28´en propia porta); 0-2, Lúa, (67´), 0-3, Ánxela, (73´).
Árbitro : Iago Gaciño. Non amosou ningún cartón.
Próximos encontros
SD Dubra-CF Noia B
CF Mazaricos-SD Fisterra
*****
Outes FC 0-0 EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”
-Encontro suspendido-
Suspendido no descanso co resultado de 0-0 cando xa se debería ter suspendido moito antes. Baixo o diluvio o pero de todo foron as lesións da porteira dos outeses ca rotura dun dedo nunha saida, e dunha xogadora do Juan Cabrejo, con problemas nun tímpano tras un golpe.
Próximo encontro
Outes FC-UD Cerqueda
EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” – Ponteceso SD
******
Corme CF 2-0 AD Nicrariense
Rubén Souto, (Adestrador do Corme FC) : “Partido cunha climatoloxia que non animaba moito a xogar o fútbol, con moita auga e frío e condicionado por un vento que en este caso non decidiu para nada o encontro. Dominamos ambas partes, con vento a favor e en contra, na primera parte varios disparos lonxanos de Carla, un deles que dou no Pau e un de Nati que cruzou e se foi por pouco puderon cerrar o partido, pero non foi hasta a segunda parte donde conseguiríamos abrir o marcador cunha incansable María que nos daría a tranquilidad para poder darlle mais pausa o xogo. E nesa pausa chegaria o segundo gol por parte de Carla que acabaría de matar o partido. O rival con vento a favor tamen teria Unha que medimos mal o bote por culpa do vento e outra que dispararon o largueiro. Ainda así teriamos Unha mais de María e outra de Nerea que non seríamos quen de materializar. Moi ben traballado o Nicariense, moi ordenado e cun entrenador moi metido no partido e sempre animando as suas xogadoras, TOP!!.“.
Corme CF : Belén, Carla Vázquez (Lucía), Laura, Irene, Aurora (Ana), Nerea (Candela), Olalla (Salomé), Carla, Nati, Cris e María.
AD Nicrariense : Luz, D´Lenia, Alicia, Alexandra, Sofía, Noa, Carla, Candela, Lauta, Paula, e Mencía. Tamén xogaron : Kayla.
Goles : 1-0, María, (67´); 2-0, Carla, (72´).
Árbitro : Rai Reborido. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
AD Nicrariense-UD Corcubión
Bergantiños FC B-Corme CF
******
Cabana SD 0-3 CF Dumbría
Jose Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeiro tempo no que as locais aguantaron ben o Dumbría que conseguía adiantarse cun lanzamento dende fora da área. As cabanesas tentaban roubar e contragolpear pero un solvente Dumbria manexaba ben a situación, ahinda que sin ocasións resaltables. No segundo tempo dous erros en defensa do Cabana deixaban o partido resolto ante un Dumbría moi sólido que manexou ben o partido pese a oposición das locais ata o final”.
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “Sairíamos un tanto dubitativas, cometendo erros na saida de balón que nos provocou máis de un susto. As ocasions da primeira metade chegarían máis por gañas e empuxe do equipo, e a calidade individual, que por accións coletivas, coseguindo chegar o descando co marcador 0-1. Xa na segunda metade coas ideas máis claras serían capaces de ler o partido e conseguir manter a posesión, e xerar numerosas ocasións claras conseguindo convertir duas delas en gol, e poñer o marcador co 0-3 final”.
Cabana SD : Míriam, Antia (Aitana), Sheila, Aroa, Valeria (Begoña), Inma, Iría (Jessi), Irene, Alison (Alejandra), Adriana (Natalie), e Saray.
CF Dumbría : Lisette, Paula, Martina, María, Kelly, Eva Lema, Reyes, Paula Fandiño, Juliette, Adriana, Yolanda, e Sabela. Tamén xogaron : Naira, Lucia, Icia, e Alba.
Goles : 0-1, Paula Fandiño, (20´); 0-2, Juliette, (47´); 0-3, Yolanda, (52´).
Árbitro : Carlos Señarís. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
CF Dumbría-CF Muxía
Cabana SD : Descansa
Plantel que se enfrontou o Dubra.
UD Cerqueda 1-1 SD Dubra
Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido no que fomos mellores, e no que unha falta fora da área foi sinalada como penalti, e privounos de conseguila vitoria. Seguimos traballando para mellorar, pasiño a pasiño“.
UD Cerqueda : Paula, Jimena, Lucía, Tania, Tatiana, Irene, Lorena, Raquel, Vanesa, Uxía e Inés. Tamén xogaron : Carla, Alba, Sonia e Mariña.
SD Dubra : Sara, Lara Rodríguez, Lara Blanco, Paula, Asia, Daniela, Lucía, Nerea, Sabela, Analia e Noa. Tamén xogaron : Xeila, Elena e Melanie.
Goles : 1-0, Lorena, (5´); 1-1, Asia, (70´de penalti).
Árbitro : Xoel Forján. Amonestou ao adestrador visitante Fernando Forján.
Próximo encontro
Outes FC-UD Cerqueda
SD Dubra-CF Noia B
Descansou : SD Fisterra
*****
-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ
-CALENDARIO COMPLETO COS RESULTADOS DO XOGADO : PREME AQUÍ
*****
-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”
-Foto : Mazaricos : Juan M. “Rachón”
-Foto UD Cerqueda : Dani García