Xornada condicionada pola surada caida na tarde do Domingo con campos anegados de auga, o que fixo que cos chubascos fortes parecesen en algúns casos piscinas. O apretado do calendario do fútbol moderno da costa fai que se continue xogando e que se perda a esencia do deporte en pro de cumprir cas xornadas sen divertimento para ninguén, nen para xogadores, nen para afeccionados e con alto grao de perigo de lesións. No que se refire a competición o Xallas gañou e segue a velocidade de cruceiro hacia o ascenso direto, e seguen na loita pola segunda praza o Oza e o Sofán B, que non decaen. Na loita polos postos de promoción saeu beneficiado o Malpica ca sua vitoria, co Cerqueda e o Corcubión que se enganchan, xa que aproveitaron a derrota do Soneira e que descansaba o Lira.
Os comentarios son exclusivos dos adestradores e dos que faltan iremos poñéndoos segundo nos cheguen. Algún estamos a espera de que nos pasen a información para poñelos.
Moitos dos encontros que se xogaron este pasado Domingo terían que ter sido suspendidos, para nostra este vídeo que nos manda o delegado do SD Ameixenda, Fernando Domínguez no choque antre o seu equipo e o Malpica no San Paio de Refoxos, campo no que pola tarde se suspendeu o UC Cee-Cultural Maniños da 2ª División Galega Feminina.
-CRÓNICAS 12ª XORNADA-
Once do Ameixenda ante o Malpica.
SD Ameixenda 0-4 SCD Malpica
Fernando Domínguez, (Delegado do SD Ameixenda) : “Despois de dúas xornadas nas que o equipo tivo unha notable melloría, o partido de hoxe era como unha confirmación desas boas sensacións. Pero non pudo ser. En primeiro lugar polas baixas dos dous dianteiros titulares e xa no partido a expulsión de Christensen aos 8 minutos (expulsión totalmente xusta) puseron as cousas moi complicadas para o Ameixenda. Ademais o forte vento e a choiva facían que xogar (sobre todo no segundo tempo) resultara imposible. Chegouse a un punto no que o campo estaba totalmente cheo de auga e non había forma de mover o balón. Con todo o Malpica xa resolvera na primeira parte con 0-3 ao descanso e o segundo tempo queda case como anecdótico. Goles de Malpica nos minutos 5, 21, 25 e 47. Polo menos non se lastimou ninquén. Xogaron polo Ameixenda: Costa, Maldonado (Alex 72′), Christensen, Louzán, Kampy, Juan, Ocho (Rois 66′), Crisca (Óscar 45′), Torices, Dani (Barreiro 45′) e Evaristo (Xesús 72′)”.
Miguel Ángel Rodríguez, (Adestrador do SCD Malpica) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
Goles : 0-1, Ibra, (7´); 0-2, Ibra, (22´); 0-3, Alberto, (26´); 0-4, Fran, (50´).
Incidencias : O colexiado Luis M. Insua con vermello direto o local Chrístian, (10´).
UD Cerqueda 3-1 Sporting Zas
Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido no que contamos con moitas baixas e con 4 xuvenís pero no que saimos moi enchufados nunha 1ª parte co campo impracticable pola choiva. A sua única ocasion na 1ª parte foi un tiro o largueiro e un penalti moi dubidoso. Tivemos moitas ocasións que erramos e puxémonos por diante cun penalti claro sobre Palermo, (o mellor do partido), que marcou Dani. Despois houbo outro claro sobre Roel que non se pitou, máis outro dubidoso sobre Palermo que tampouco. Na 2ª contrariamente o habitual saimos ben nunha parte máis igualada con eles apretando e fixemos o 2-1 no 65′, por medio de Suso e o definitivo 3-1 que o fixo Roel. Eles tiráronse adiante e tiveron outro longueiro pero o marcador xa non se moveu e sacamos unha vitoria merecida. Agradecer o papel dos xuvenís que sempre están cando se lles necesita, ainda avisándoos por unha baixa de última hora, pouco antes do partido”.
Alfredo Pereiro, (Adestrador do Sporting Zas) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
Goles : 1-0, Dani García, (18´de penalti); 1-1, Lucas Caamaño, (43´de penalti); 2-1, Susio, (68´); 3-1, Joel, (80´).
SD Soneira 0-2 Xallas FC
Josiño Abelenda, (Adestrador do SD Soneira) : “Partido no que, ata que o campo permitiu xogar, levamos o peso do partido e logramos xerar ocasións moi claras e fallamos varias claras. Pero a partir do minuto 25 xa empezou a ser complicado xogar pola chuvia e o mal drenaxe do campo, non rodaba o balón en moitas zonas do campo e nunha falta lateral fan o 0-1. Pouco despois, logo de fallar unha ocasión moi clara , un pase atrás queda parado na auga e o Xallas tira a portería e Brais intentando cortar ese tiro que non ia dirixido entre os tres paos fai gol en propia meta. Ainda así, antes do descanso nun pase o porteiro do Xallas no cal lle queda parado o balón na área, volvemos fallar outra ocasión. Na segunda parte non pasou nada destacable debido a que as condicións do campo e o tempo non o permitían, para min o partido non se debeu xogar, xa que era imposible poder dar un pase pois non rodaba o balón pero …”.
Jorge Quintáns “Churian”, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido moi condicionado polo temporal e choiva donde ningún dos dous equipos puideron realizar o seu futbol. Nós moi ben en todas as liñas, e na segunda parte que non se puido realizar nada nin case ter ritmo de partido”.
Goles : 0-1, Rubén, (28´); 0-2, Brais, (35´en propia porta).
Once inicial do Sofáb B a pasada xornada en Zas.
SD Sofán B 4-3 SD Laxe
José Barca, (Adestrador do SD Sofán B) : “Primeira metade igualada na que os porteiros non tiveron traballo. Puxémonos 2-o cun gol de Pablo dende fora do área e o segundo Álex en xogada de Borja. Na segunda metade mantivemos o ritmo nos primeiros 15 minutos e despois acercáronse no marcador empatando e colleron aire e apretaron máis arriba, cos equipos xa rotos. Adrián facía o 3-2 e parecía que o encontro quedaba solucionado, pero marcamos en propia porta e fómonos arriba e conseguimos a vitoria. Decir que con 2-2 Pablo parou un penalti. O final foi de infarto pois o 3-2 chegou no 87, e o desconto foi de infarto. Temos moitas lesións pero a verdade que os rapaces se están a comportar de maneira extraordinaria”.
Antonio Lema, (Adestrador do SD Laxe) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
Goles : 1-0, Pablo, (23´); 2-0, Álex, (32´); 2-1, Manuel, (55´); 2-2, Bieito, (65´); 3-2, Adrián, (87´); 3-3, Lucas, (89´); 4-3, Adrián, (90´).
Incidencias : O colexiado Alfonso Caamaño expulsou con dobre cartón ao laxense Paredes, (88´e desconto).
SD Oza 3-2 SCD Buño
Miguel Ángel Sande, (Adestrador do SD Oza) : ” Partido que na primeira parte estivo condicionado polo estado do terreo de xogo que estaba anegado de auga, e non se podían dar dous pases seguidos. Marcamos primeiro en un corner por mediación de Isaac e o segundo marcouno Nacho, nun gran golpeo a escadra da meta visitante. Fómonos o descanso con ese resultado. Na segunda metade o Buño apretou un pouco máis arriba e marcou o 2-1 nunha xogada que ven precedida dunha falta clarísima ao noso xogador que o árbitro non considera como tal. Nun balón que quedou solto na área Nacho facía o terceiro gol noso, e cando todo parecía que acabaría así un gol do Buño daba emoción co 3-2 que sería o resultado final”.
Prensa SCD Buño : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
Goles : 1-0, Isaac, (17´); 2-0, Nacho, (20´); 2-1, Eloy, (64´); 3-1, Nacho, (69´); 3-2, Breo, (77´).
Sporting Seaia CF 4-2 Atlético Pereiriña FC
Óscar Moscoso, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Empezamos a primeira metade algo irregulares e con algún que outro erro que nos costou poñernos perdendo 0-1. Ainda asi tivemos innumerables ocasións de gol nas cales nunha delas conseguimos empatar pero a falta de putería fixo que foramos asi o descanso. Logo na segunda si que xa estivemos moito mellor, practicamente dominando o xogo os 45 minutos e froito diso marcamos outros tres goles, (4-2) que puideron ser máis de estar máis acertados”.
Joaquín Quintáns, (Adestrador do Atlético Pereiriña FC) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
Goles : 0-1, Augusto, (23´); 1-1, Sergio, (30´); 2-1, Fran, (70´); 3-1, Pablo, (74´); 3-2, Carlos, (76´); 4-2, Añón, (86´).
Incidencias : O colexiado Diego Grille expulsou con dobre cartón ao xogador do Seaia, Martín “Mara”, (27´e 77´).
CD Nantón 0-2 UD Corcubión
Jorge Calvete, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido que viñeron xogar co penúltimo. Xa no quecemento víronse dous equipos, un Nantón quentando para sair a competir, e eles saliron 5 minutos como si foran de paseo o Marineda, o que levou unha media hora de dominio total do Nantón. Temos o minuto un man a man de Redondo clarísisimo, no 4 outra de Redondo e pouco despois unha triple ocasión e non a metemos dentro. Cinco minutos despois outra clara que Javi non acerta a portería baleira. Seguimos e temos outra pero clarísima. A a media hora de xogo nun corner e entran e rematan a pracer e pouco despois unha falta, e meten golazo pola escadra. Segunda parte co Nantón volcado e eles a perder tempo. Tivo algunha Fran pero xa non foron tan claras coma as da primeira metade”.
Carlos Lema, (Adestrador do UD Corcubión) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
Goles : 0-1, César Lojo, (34´); 0-2, Álan, (38´).
Descansou : CF Lira
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
Calendario completo con tódolos resultados : PREME AQUÍ
-Foto Sofán : Prensa Sporting Zas
-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”