CRÓNICAS 11ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “O SAN LORENZO MÁIS LIDER TRALOS PINCHAZOS DE TÓDOLOS PERSEGUIDORES CON EMPATES E DERROTAS”.

 

Crónicas 11ª Xornada

 

SD Oza 3-3 Corme CF

Encontro rocambolesto, con final incerto e cheo de protestas, pero emocionante a tope. Nada máis comezar lesionábase Eloy no bando cormelán, saía Miguel, e foi sair e bicar o Santo, pois marcaba noi primeiro balón que tovaba, (4´). Antes do descanso Samu Costa facía o segundo para os cpormeláns, (42´), e a volta de vestiarios, Hugo, (52´), poñía un 0-3, que parecía inalcanzable para os de Oza, pero nada máis lonxe da Coruña. Tras sacar de centro Novi facía o 1-3, (53´), e seis minutos despois chegaba por medio de novo de Novi, o 2-3, (59´) , e pouco despois un penalti a favor dos locais, que paraba Enrique. Segue a presión local e Nacho Pose conseguía empatar, (84´). O final houbo leria co colexiado, pois deu un gol os ocenses, nun balón que os cormeláns protestaron con intensidade, que o balón xa saira a fora antes. Rectificou Iván Guerra e deixou as táboas no marcador, co cabreo de uns e outros. 

 

UD Cerqueda 2-1 Ponteceso SD

Volveu a gañar o equipo cerquedense, un mes despois de que derrotase o Coristanco a domicilio, (0-2), e tras 3 derrotas e un empate. Saeu mellor o equipo cerquedense o partido e pronto se poñía por diante, ao transformar Miguel, un penalti que sufrira él mesmo, (4´). Foi repoñéndose o Ponteceso e conseguía empatar por medio de Eloy, no ecuador da primeira metade, (19´). Volveu a sair mellor o equipo local na segunda metade e de novo Miguel poñía por diante aos seus, (61´). Todo cambiaría no 66, pois nese minuto, Marcos recibía o segundo cartón amarelo, e tiña que deixar os seus con 10. A partires de aí o Ponteceso, fixo méritos dabondo para acadar como mínimo a igualada.

  

UD Monte Louro 1-0 UC Cee

Freou a marcha trunfal do Cee, un Monte Louro que lle deu moita intensidade o choque, e que se adiantaba pasada a media hora de xogo, cun tanto de Álvaro Frainós, (38´). Foi mellor o equipo lourés na primeira metade e mellor na segunda o ceense, ata que sufeu a expulsión do fisterrán Bruno Romero, (84´), que xa decantou máis o choque da banda local. Tamén foi expulsado con vermello direto o adestrador local, David González.

 

SD Castriz 2-2 Outes FC

Mellor os xalleiros na primeira metade, na que se foron o descanso con 1-0, con gol de Adrián, (33´), pero que puido irse con maior vantaxe. Na segunda mellorou o equipo visitante e conseguía empatar por medio de Leonardo, (55´). Xa no treito final, con xogo bastante trabado por numerosas faltas, Sebas Rial, facía o 2-1, (82´), e cando todo apuntaba a derrota visitante, aparecía Jurado, para poñer as táboas, xa no desconto final.

 

UD Corcubión 0-1 CD Muros

Levouse o trunfo o equipo muradán, ante un Corcubión que mereceu máis. Xoaquín no 8 facía o gol que a postre sería o da vitoria, nunha primeira metade moi boa dos de Muros. No treito final era expulsado o muradán, Miguel Gesto, (71´), o que fixo que se incrementase o dominio local, e que se bregaran en defensa os visitantes, para levarse os 3 puntos.

 

SD Coristanco 2-2 Muxía CF

Fóronselle 2 puntos aos muxiáns na Rocheira, ante un Coristanco que nunca deixou de creer, a pesares de ver como lles remontaban os da Vila da Barca, o gol inicial de Dani Castiñeiras, (35´). Álex Martínez, igualaba para os muxiáns, e Fran Moreira, poñía o da remontada, (65´e 69´), ambos na segunda metade. Pero cando parecía que as patacas ían para Muxía, apareceu Mario, para reclamart o peixe da caldeirada, (dexconto).

 

Cabana SD 3-3 Camariñas FC

Choque antre dous dos fortes da liga, e que estivo cargado de polémica. O Camariñas adiantábase por medio de Oli, (44´), cando parecía que se ía cas táboas a vestiarios, e merecendo ir por diante os camariñáns. Nada máis comezar a segunda metade empataba Manuel Romero de penalti, (48´), moi protestado polos camariñáns, que pediron que era falta fora do área. Víctor voltaba a poñer por diante aos camariñáns, antes da hora de xogo, (56´), e pouco despois quedaban cun menos por expulsión de Mario, con vermello direto, (60´). Cun home máis apretaba o Cabana e conseguía empatar cun tanto de Aarón, (73´), pero sacou forzas de fraqueza o equipo de Camariñas, e conseguía meterse de novo por diante cun novo gol de Victor, (76´). A desilusión visitante chegou no desconto final, cando empataba para os cabaneses, Sergio.

 

Volantes de Baño FC 1-2 SD San Lorenzo

Encontro cun tempo para cada equipo e o que saeu mellor o choque foi o equipo de Berdillo, que se poñía 0-2 con goles de Iván Rojo, (20´) e Daniel Padín, (27´). Saeu na segunda o Volantes con maior empuxe e conseguía acurtar por medio de Ángel “Pesco”, (79´). Ata o final tentárono os de Baño, e mereceron a igualada, pero topáronse cunha boa defensa dos carballeses.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

-Tódolos resultados do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ.

-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

-Foto arquivo e Texto : piratasdemuxia