CRÓNICAS 11ª XORNADA DA 3ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA : “O MUXÍA NON FALLA PERO AS COUSAS APRÉTANSE TRALA VITORIA DO CORME EN PONTECESO E A DIFERENZA DE ENCONTROS XOGADOS”.

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista.

O partido estelar xogouse no Campo O Pinguel onde Ponteceso e Corme chegaban empatados a 24 puntos na loita por facerse ca segunda praza en solitario e aprtar o lider Muxía. Caeu do lado das cormelanas o derbi, pero máis ca rivalidade houbo unión a hora de berrar “Non a violencia de xénero”, un grito que nos debe unir a todos. O Muxía non fallou en Negreira e goleou para seguir mantendo a primeira praza con un punto sobre o Corme e cos mesmos encontros xogados e a 3 do Dumbría que xogou dous encontros menos, e 4 por enriba do Ponteceso, que cae a cuarta praza pero con un encontro menos xogado ca muxiana s e cormelanas, e un máis cas dumbriesas que suman un punto máis cas da Terra de Pondal. 

 

-CRÓNICAS 11ª XORNADA-

 

Derbi de unión contra a violencia de xénero.

 

Ponteceso SD 1-2 Corme CF

Marcos Antelo “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Partido bastante complicado onde a presión superou ao combinado local que a pesar de loitar inclluso contra o seu propio nerviosismo non foi quen de superar, nin igualar, ao Corme neste derbi. A pesar de ter bastante posesión de balón durante a primeira parte, as xogadoras de Curro non foron quen de aproximarse o suficiente a portería como para abrir o marcador. Polo contrario foron as visitantes as que anotaron o primeiro gol, no minuto 43. As de Curro baixaron un pouco os brazos antes do entretempo pero volveron ao campo coa conciencia de que aínda quedaba moito o partido.

Na segunda parte loitaron, pero as cousas non saían e sería no minuto 72 cando o Corme marcaría o segundo tanto. A pesar de intentalo, non foi o mellor partido das xogadoras do Puenteceso, que no minuto 83 apareceron no partido tras un gol de Myre que lles levantou o ánimo, subiron a intensidade pero os 10 minutos finales quedaronse cortos para poder empatar o partido e finalmente quedar 1-2. Unha pequena pedra no camiño para as pontecesanas pero hai que olvidar este mal trago e continuar cos dous partidos que quedan antes do parón, primeiro o Corcubión e despois o Escolas Juan Cabrejo”.

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido durísimo contra un dos equipos chamado a obligar o Dumbria a non cometer moitos errores si quere gañar a liga, e desde logo a conseguir o ascenso sin duda ningunha, o crecememto da sua xente de iniciación pareceme escandaloso, e si lle sumas a veteranía de Mireia, Ainhoa e Eva Carril, e o poder ofensivo das duas Andreas e as duas Claudias, convirteno nun auténtico equipazo. Conseguiu sorprenderme Curro na primera parte cunha proposta tan conservadora a verdad, e penso que debido a eso a primeira parte foi moito mais de non encaixar ou cometer erros que de propoñer, de momento a ambos equipos pesalle demasiado a presión/tensión do Derbi e penso que ningún dos dous saca a sua mellor versión. Xa o final da primera parte, nunha duda da defensa rival, permitelle a Carla facerse cun balón, lanzar un sombreiro, e enganchar un bo golpeo dende fora que se colaría dentro da portería, 0-1 que nos daría moita calma.

Falabamos no descanso que a segunda parte iba a ser diferente, e ahí sí vin o Ponteceso que eu esperaba, moito mais intenso e vertical, utilizando mais as individualidades que antes mencionaba, pero como era o q esperábamos levabamolo traballado, e penso que houbo un bo traballo defensivo para poder contrarrestalo, pero obviamente sufrindo, pq nun derbi e cun rival así e o q toca.
Nos sabíamos que 3-4 contras ibamolas ter gracias o traballo defensivo, e foi nunha delas Nas que despois que de Mónica obligara hasta o final a xogada, María despexaría e Cris desde segunda línea remataría a porta por encima da Porteira local facendo o 0-2.
E ahí a cabeza empezou a xogarnos Unha mala pasada e metemosnos moi atrás deixando que o Ponteceso nos encerrara prácticamente en área propia con varias ocasions. E así chegou o gol, nun corner rematado de forma espectacular por Mireia, imposible de parar e que lle metia mais tensión o partido, incluso despois houbo un largueiro por parte de Andrea, pero fomos capaces de manternos firmes e sacar adiante o resultado gracias a un traballo defensivo en equipo moi moi bo”.

 

 

Ponteceso SD : María, Noe (Noemí 68´), Ainhoa, Myre, Berdeal, Silvia, Eva, Muíño, Oanes, Claudia, Andrea. Suplentes : Lucivili, Mel, Manti e Colores.

Corme CF : Belén, Lucía (Salomé) Laura, Irene, Ana, Nati (Carla Vázquez), Olalla (Mónica), María, Cris, Carla.
Nerea. Suplentes : Candela e Kayla.

Goles : 0-1, Carla, (43´); 0-2, Cris, (72´); 1-2, Myrella, (83´).

Árbitro : Alberto Pombo. Un cartón a visitante Carla.

 

Próximos encontros

UD Corcubión-Ponteceso SD

Corme CF-AD Nicrariense

 

******

 

Bergantiños FC 4-2 Cabana SD

Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “A espera do seu comentario“.

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Adiantouse o Cabana por medio de Irene o aproveitar un erro na saida de balón do Bergantiños, pero as carballesas repuxéronse e con un xogo combinativo desarmaron o Cabana que ahinda que tentaba sacar algunha contra non se adaptaba as dimensións das Eiroas. Marcaban as locais por partida triple e Adriana poñía algo de esperanza co 3-2. No segundo tempo máis control do Bergan que a 10 minutos do final poñía o cuarto e pechaba o partido”.

Bergantiños FC : Ariadna, Aisha, Carla, Arancha, Valeria, Aroa, Clara, Jimena, Ainhoa, Erika, e Amelia. Tamén xogaron : Airoa, Antía, Iria, Andrea e Sara.

Cabana SD : Míriam, Jessi Rojo (Bego), Sheila, Aroa (Antia), Valeria, Inma, Iría (Alejandra), Alison (Jessi Pose), Adriana, Saray (Natalie).

Goles : 0-1, Irene, (6´), 1-1, Aroa, (30´); 2-1, Aroa, (40´); 3-1, Carla, (44´); 3-2, Adriana, (45´); 4-2, Carla, (78´).

Árbitro : Diego Grille. Amonestou a cabanesa Valeria.

 

Próximo encontro

CF Muxía-Bergantiños FC B

Cabana SD-CF Dumbría

 

*****

 

SD Dubra 4-0 Outes FC

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Chegamos ao partido con moitas baixas, pero empezamolo con moitas ganas e a por todas, sabiamos o que tiñamos que vixiar das rapazas do dubra pero en un saque de esquina non o logramos facer de todo ben e chegou o primer gol delas. Logo de eso, tivemos varias ocasions para empatar, incluindo un balon ao pao que o 90% das veces sería gol pero que non hay maneira de que nos entre. Moi cerquiña un fallo noso supon o 2-0 e para rematar a primeira parte, cambio obligado que trastocounos o debenir do partido. Na segunda metade aguantamos ben o tipo ata o final casi do partido que caeron os outros dous goles moi parecidos…Seguimos aprendendo e seguiremos dando guerra”.

SD Dubra : Sara, Lara Rodríguez, Lara Blanco, Paula, Asia, Daniela, Noa, Lucía, Nerea, Sabela e Analia.
Suplentes : Xeila e Melanie.

Outes FC : Natalia, Claudia Otero, Claudia Carou, Uxía, María Molinos, Míriam, Carla, Carmen, Natividad e Natalia. Suplentes: Xeila, Nerea, Paula, Valeria e Mariña.

Goles : 1-0, Sabela, (15´); 2-0, Asia, (44´), 3-0, Sabela, (77´); 4-0, Lucía, (84´).

Árbitro : Juan José Otero. Non amosou ningún cartón.

 

Próximos encontros

Outes FC-EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”

UD Cerqueda-SD Dubra

 

*****

 

 

CF Mazaricos 3-0 UD Cerqueda

Juan M. Tunas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido que comenzabamos con moito xogo por banda aproveitando a velocidade de graciela e asi chegaria o primeiro gol aos 14 minutos tras un centro da mesma que se acabaria envenando. Tivemos varias ocasions moi claras polas que puidemos aumentar a vantaxe no marcador pero non estivemos acertadas e novamente durmimonos ao fio do descanso que casi nos costa o empate. Na segunda parte saimos moito mais enchufadas e tamara faria o segundo dende fora da area despois dun pequeno erro da porteira visitante ao medir mal o bote do balon. Pouco despois faria o gol da tranquilidade silvia de falta. De aí o final, o partido non tivo historia nin ocasions por parte de ningun conxunto”.

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido moi disputado e cunha primeira parte moi igualada. Na segunda, o segundo gol pasounos factura”.

 

 

CF Mazaricos : Valeria, Graciela, Sílvia, Tamara, Ánxela, Lúa, Claudia, Antía, Iria, Katia e Fátima. Suplentes : Saray, María, Paula, Antelo e Mariña.

 

 

UD Cerqueda : Paula, Jimena, Lucía, Tania, Tatiana, Lorena, Raquel, Vanesa, Alba, Uxía e Inés. Suplentes: Carla Santos, Sonia e Carla Varela.

Goles : 1-0, Graciela, (14´); 2-0, Tamara, (55´), 3-0, Sílvia, (75´).

Árbitro : Tiago Alonso. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

CF Noia B-CF Mazaricos

UD Cerqueda-SD Dubra

 

******

 

AD Nicrariense 0-6 CF Muxía

Jose “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido sin moito que contar, donde controlamos o partido os 90 minutos, elas non tiraron un tiro a nosa portería, Os goles nosos foron de Andrea Insua nun corner, Patri o segundo cun golazo de falta, (na acta déronllo a Raquel), repiteu Patri, duas veces máis, e logo Barca faría dous, un e outro de falta”.

CF Muxía : Sheila, Andrea Domínguez, Patri Romaní, Raquel Bardullas, Elsa, Barca Toba, Irene, Denise, Andrea Insua, Marcela e Adriana. Suplentes: Marta, Paula Rey e Sara

AD Nicrariense : Belén, Ana, (Carla Vázquez), Aroa, (Candela), Lucía, Aurora, Nerea, (Olalla), María, Carla, Nati.
e Mónica.

Goles : 0-1, Nati, (39´); 1-1, Paula Rey, (41´).

Árbitro : Bárbara Ana Álvarez. Amonestou as nicrarienses Alicia e Aldara.

 

Próximo encontro

CF Muxía-Bergantiños FC B

Corme CF-AD Nicrariense

 

******

 

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” 3-0 UD Corcubión

 Juan Cabrejo, (Adestrador do EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” ) : “Gran partido o que fixeron as nosas rapazas con moito e bo traballo defensivo no que conseguimos Unha importante vitoria. O momento clave foi o penalti errado polas visitantes e no seguinte ataque, marcar o primeiro gol antes do descanso. No segundo tempo seguimos buscando o gol e o control do partido acadando 2 goles máis”.

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “O peor partido no que levamos de temporada. Non fomos capaces de xogar como sabemos e un penalti fallado ao principio co 0-0 para acto seguido encaixar o 1-0 baixounos o ánimo. Toca levantarse e seguir confiando no equipo”.

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” : Keren, Uxía, Rocío, Paula, Laura López, Nuria, Laura Pose, María, Cristina, Saray e Ana Belén. Suplentes : Desiree, Maira, Ainoa, Naniela e Leticia.

UD Corcubión : Elena, Elisa, Alexandra, Victoria, Marta, Cristina, Paula, María, Damiela, Helena, e Noae. Suplentes : Alexia, Carla, Claudia e Andrea.

Goles : 1-0, Nuria Pose, (35´); 2-0, Laura Pose, (48´), 3-0, Saray, (55´).

Árbitro : Alafonso Caamaño. Amonestou a local, Maira.

 

Próximo encontro

UD Corcubión-Ponteceso SD

Outes FC-EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”

 

CF Dumbría 6-1 SD Fisterra

 Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría ) : “Comenzou o partido coa fortuna de cara conseguindo anotar o primeiro gol muy cedo, o que tamén provocaría un exceso de relaxación a hora de defender, o que faría que o Fisterra o aprobeitara conseguindo xerar perigo e facendo o gol do empate de falta direta. As nosas poríanse o mono de traballo e máis por intensidade que por xogo serían quen de conseguir xerar numerosas ocasións conseguindo poñer o marcador 4-1 o descanso. Na segunda metade, con un pouco máis de tranquilidade intentaríamos manter a posesión logrando en gran parte dos ataques, e xerando ocasións máis claras e conseguindo defender máis organizadas os ataques do fisterrás, que nunca deixou de intentar sacar algún punto do Conco. Tras dispoñer de varías ocasións conseguiríamos facer os dous goles que porían o defenitivo 6-1 no marcador. Temos que seguir traballando no cambio de idea para pulir os erros que son habituais neste tipo de circunstancias”.

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “A espera do comentario…”.

CF Dumbría : Naira, Paula, Martina, María, Kelly, Eva Lema, Reyes, Paula, Juliette,  Suplentes : Lisette, Lucía Fernández, Alba, Yolanda, e Laura.

SD Fisterra : Lucía Fernández, Paula, Lucía Martínez, Tamara, Andrea, Jenifer, Xaira, Jimena, Aroa, Lucía Marcote e Irene. Suplentes : Zaira, Ana Isabel, Antía, Rosa María e Nicole.

Goles : 1-0, Claudia, (2´); 1-1, Andrea, (9´), 2-1, Kelly, (21´); 3-1, Martina, (27´); 4-1, Paula Fandiño, (43´); 5-1, Alba, (79´); 6-1, Paula Fandiño, (85´).

Árbitro : Andrea Barbeira. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

Cabana SD-CF Dumbría

SD Fisterra : Descansa

 

 

Descansou : CF Noia B

 

*****

 

-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ

-CALENDARIO COMPLETO COS RESULTADOS DO XOGADO : PREME AQUÍ

 

 

 

*****

 

-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores

-Foto Cerqueda : Dani García

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”

-Fotos Mazaricos : Juan “Rachón”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies