CRÓNICAS 11ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “TAN SÓ BUÑO E ZAS AGUANTAN O TIRÓN DO PORTEÑO”.

 

CF Castrelo 3-0 SD Ameixenda

Encontro máis igualado do que di o marcador, e máis ainda tendo en conta que os tres goles vimianceses chegaron na primeira metade, David aos 3 minutos de xogo poñía de cara o choque para os locais, que ampliaban ventaxe no 25 por medio de Rubén. Cos ceenses buscanso meterse no encontro chegaba o terceiro, obra de Alberto, (44´). Na segunda metade os ceenses con máis corazón ca xogo tentaron perforar a porta de Martín Riveiro, pero estivo moi ben en defensa o equipo de Ordóñez. Os ceenses xogaron o derradeiro cuarto de hora de encontro cun menos, por expulsión con vermello direto de Fernando.

 

SD Camelle 1-3 CF Porteño

Plantoulle cara o equipo camellán ao lider, e non sería descabelado dicir que mereceu o empate, pois foi mellor na primeira metade, e tivo ocasións como para irse o descanso con ventaxe, pero aí estivo a diferenza. Nada máis comezar a segunda metade, Martín collía un rexeite do porteiro no área para facer o primeiro, e pouco despois aparecía o pichichi da liga, Lucas Caamaño, que facía un fermoso gol picándolla o porteiro. Gos que os camelláns protestaron como fora de xogo. Cun testarazo a saida dun saque de curruncho acurtaba distanzas Markotiño, (58´), pero a resposta do lider foi inmediata e de novo, Lucas Caamaño, (60´), sacaba un golazo pola escadra, da sua chisteira, e xa son 18. Puido haber máis goles pero xa non se movería o marcador, cun encontro de pura loita ata o pitido final. No desconto, era expulsado o xogador camellán, Martinsiño, que tan só vira un cartón amarelo, pero o colexiado tíñalle apuntado outro. Fermosa durante todo o encontro a loita antre o lateral muxián, e o goleador porteño, Álan Suárez.

O incombustible, Pejo, que xa xogaba cun problema nas costelas, sufreu un golpe no nariz, e xogou todo o encontro con él roto. O noso desexo dunha pronta recuperación. Ambientazo na grada, que xa quixeran algúns equipos da 1ª RFEF.

 

CF Lira 0-0 Xallas FC B

Encontro igualado que ben puido acabar con algún gol por cada banda, pero no que faltou puntería. Os locais acabaron cabreados ca actuación arbitral, pedindo ata duas penas máximas.

 

SCD Malpica 0-2 Sporting Zas

Posiblemente o encontro máis serios dos malpicáns, que non deixaron xogar aos zacenses, e íanse ao descanso cas gafas no marcador. Na segunda metade, sí apareceu o zas recoñecible, e mataba o encontro pola vía rápida, con dous fogonazos de Álvaro Fariña, (55´e 57´), en dous minutos. Os malpicáns xogaron os derradeiros 20 minutos cun menos trala expulsión do zagueiro, Alexandre.

 

CD Nantón 2-4 Sporting Seaia CF

Mal comezou a cosa para os nantoneses, que aos 4 minutos de xogo, éralles pitado un penalti en contra, que transformaba Sergio Cancela. Conseguían igualar a contenda cun tanto en propia porta de Joel, (17´), resultado co que se ían a vestiarios. Trala volta o xogo, Alejandro facía o segundo dos seaieses, (49´), e pouco despois, él mesmo, facía o 1-3, (54´). Non tardaba en matar o encontro o seu compañeiro Iván, (68´). No treito final xa con moita tensión coa faceta arbitral, era expulsado polas protestas o adestrador local, Fran Cerbán. Reclamaron os locais varios penaltis. Iván Moreira facía o segundo dos de Nantón, (88´), e quedarían cun menos por vermello direto a Carlos Vidal, no desconto. 

 

SD Laxe 2-4 SCD Buño

Encontro con susto tremendo cando xa se enfilaban os derradeiros minutos. Foi no minuto 82 cando se desplomaba no campo o xogador laxense, Jesús Amado. Nunha xogada anterior sufrira un choque que lle producía un corte na cabeza, e pouco despois perdía o coñecemento. Moito disgusto ern tódolos que estaban no “Cabo d´area”, xa que a ambulancia que o levou a un centro hospitalario, tardou arredor dunha hora. Xa está na casa e pendente de evolución.

No que se refire o encontro, foi fermoso, xogado de poder a poder e se o Buño se poñía 0-2 na primeira metade cun tantooo en propia porta de Mikel, (30´), e outro de Juan Antelo, (42´), o Laxe conseguía empatar na segunda con goles de Iago Torres, (50´) e Gora, (69´). O mazazo non descentrou aos buñeses que non tardaban en voltar a poñerse por diante, cun gol de Juan Antelo, (74´), e un novo gol en propia porta, neste caso de José Ángel, (80´), que desviaba a porta un centro dende a banda. Dous minutos despois ocurreu o de Amado, e o encontro estivo unha hora parado ata que chegou a ambulancia e se puido reanudar. Nos 8 minutos restantes, e o desconto, os locais tiveron ocasións para acurtar o marcador, pero xa non se movería.

Atlético Pereiriña FC 0-0 CD Baiñas

Empate que non gustou a ningún dos dous equipos, pois gozaron ambos de boas ocasións para desnivelar o marcador. 

No minuto 73 o visitante Javier Oreiro vía dobre cartón amarelo, o que facía que o encontro se abrise máis, e o dominio se inclinase algo máis nos da Pereiriña, pero sen froito.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

 

-Foto arquivo e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies