CRÓNICAS 11ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA : “XALLAS E CEE PÍSANLLE OS TALÓNS O LIDER, DUMBRÍA EN PROMOCIÓN A COSTA DO MAZARICOS, E EMPATE DAS MIÚDAS NO G4, NO GRUPO 2 DERROTA DO PONTECESO”.

O Xallas ponse a 1 punto do lider.

 

GRUPO 2

-11ª Xornada-

Ponteceso SD 1-3 SCD Pastoriza

Vitoria das de Pastoriza, nun choque de duas caras, que foi máis igualado ata o gol visitante e a partires de aí foron mellores as visitantes. Cris Revuelta no 50 facía o 0-1, e rompía a igualdade que había ata entón, e cas pontecesanas buscando o empate, pronto chegaba segundo, que xa facía moito dano. Alba no 57 facía o 0-2. Diana, de penalti, (66´), sentenzaba e sen tempo a reaccióm, Rva Carril facía o gol da honra das da Vila de Pondal, (86´).

 

Encontros xogados o sábado : PREME AQUÍ.

 

GRUPO 4

-11ª Xornada-

ED As Miúdas 1-1 Victoria FC “C”

Un gol en propia porta condenou ao equipo muradán que se adiantaba aos 19 minutos de xogo por medio de Pati. O gol do empate santiagués chegaba xusto antes do descanso, Mariana desviaba un balón a sua propia porta no 45. Na segunda metade as de Muros buscaron o gol da vitoria, pero non foron quen de acertar de cara a gol, perdendo a ocasión de empatar a puntos co Praiña, (que caía ante o UC Cee), equipo que marca o posto de “posible promoción”.

 

Xallas FC 0-2 CD Rois

Non tivo problemas o equipo xalleiro para desfacerse o penúltimo clasificado, que ademáis chegaba con 13 xogadoras o A Fontenla de Santa Comba. Tres goles na primeira metade, obra de Yasmina, (2), e Paula, e tres na segunda metade, Yasmina, (2) e Yaiza. Con esta vitoria as xalleiras suben a segunda praza con 28 puntos, a un do lider SR Calo, gracias ao empate antre estas e o que era segundo Cacheiras SD.

 

 UC Cee 2-1 Praiña Sporting Club

Encontro complicado para as ceenses tal e como se prevía, ante un equipo que se quer enganchar a promoción. Estefanía poñía por diante as ceenses no 14, e o empate chegaba na segunda metade pasada a hora de xogo por medio de Lucía, (62). A resposta das ceenses non se deixaba esperar e 5 minutos despois María Lijó, facía o 2-1, que sería definitivo, pero moi traballado ata o pitido final, cas visitantes na procura da igualada.Esta vitoria sube as de Cee a 3ª praza con 26 puntos a 3 do lider SR Calo e a 2 do segundo, Xalla FC.

CF Dumbría 8-0 CF Mazaricos

Sacáronse de enriba as dumbriesas a estrepitosa derrota do derradeiro encontro do ano cunha goleada no derbi costeiro, ante o veciño Mazaricos. As de Figueroa xa deixaban máis ca resolto o choque nos primeiro 45 minutos, nos que gañaban por 5-0. A segunda metade foi de puro trámite, Marcaron : Ainoa, (2), María Pérez, (4), e Paula, (2). Con esta vitoria as de Dumbría suben a 5ª praza, que marca os postos de promoción, con 21 puntos. O Mazaricos segue en posto de permanenza con 11 puntos.

 

-Foto arquivo : Xallas FC

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies