CRÓNICAS 11ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3 : “O UC CEE DERROTA O UD CERQUEDA NO DERBI COSTEIRO, NAMENTRAS QUE XALLAS FC E ED AS MIÚDAS SUFREN SENDAS DERROTAS”.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3

O UC Cee segue a estela do lider CF Noia.

 

UC Cee 2-0 UD Cerqueda

Un gol de Andrea Romero aos 8 minutos de xogo, e outro de Alba Trillo no 59 déronlle os 3 puntos ao UC Cee, continúa na segunda praza con 24 a 1 do CF Noia que derrotou con apuros nesta xoenada ao CD Unión, (2-1). Pola sua banda o UD Cerqueda segue na 5ª praza, pero agora a 3 puntos do 4º, SR Calo que venceu ao Xallas FC, (0-3), e marca o derradeiro posto da promoción.

Na vindeira xornada, (12ª), o UC Cee descansa, e o UD Cerqueda visita ao ED As Miúdas o Domingo 23 ás 12:00 horas.

 Xallas FC 0-3 SR Calo

Ainoa poñía por diante as visitantes aos 11 mionutos de xogo, resultado que non se movería na primeira metade. Na segunda cas xalleiras na procura do empate chegaba o segundo gol visitante, por medio de Olaya, (78´), un gol que sentenzaba o encontro. O gol de Violeta no 54 chegou nun intre de máis corazón que forzas para as xalleiras, que o deron todo ata o final. Con esta derrota o Xallas FC cae a 8ª posición, véndose superadas polo Victoria CF B, que derrotaba ao ED As Miúdas, (1-4).

Na vindeira xornada, (12ª), o Xallas FC recibe ao Victoria CF B o Sábado 22 ás 18:15 horas.

 ED As Miúdas 1-4 Victoira CF B

Encontro controlado en todo intre polas santiaguesas, que seían a vestiarios no descanso co choque controlado, co resultado de 0-2, con goles de María Santiago, (20´) e Claudia, (32´). Na segunda metade Carolina, mataba o encontro aos 56 minutos de xogo. No treito final chegaba o gol das muradanas, (78´), que era respondido cun novo tanto visitante, obra de Carolina, (85´), que pechaba o encontro. Con esta derrota as muradanas seguen na penúltima posición con 2 puntos, un máis co Amio SD, colista.

Na vindeira xornada, (12ª), o ED As Miúdas recibe o UD Cerqueda visita ao  o Domingo 23 ás 12:00 horas.

 

OUTROS RESULTADOS

Amio SD 0-9 Cacheiras SD

CF Noia 2-1 CD Unión. 

 

-Foto : UC Cee

-Texto : piratasdemuxia