CRÓNICAS 11ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : “VITORIA DO SONEIRA NO DERBI CO XALLAS, VITORIA DO DUMBRÍA E EMPATES DE BAIO, ESTEIRANA E MAZARICOS”.

 

Xallas FC 1-3 Soneira SD

Tras unha primeira metade sosa, sen ocasións, na que só se salvaba o gol de Caneda xusto antes dod escanso, pasouse a unha segunda na que se veu un gran Soneira, que empataba por medio de Javi “Rubio”, (70´), e conseguía remontar cun tanto de Borja, pouco despois, (77´). No desconto, cos xalleiros a procura dpo empate, chegaba o gol da sentenza, por medio de novo de Borja.

 

CF Mazaricos 1-1 Cordeiro CF

Empezaba ben o encontro para os mazariquenses, pois cáseque nas primeiras de cambio, Juan Tunas “Rachón”, conseguía batir e Pablo Castro, (7´), pero pouco duraba a ledicia, pois o cuarto de hora Falcón, igualaba para os visitantes. Puido haber algún gol máis na primeira metade, pero non se movería o marcador. Na segunda o xogo xa foi máis pausado, non houbo ocasións reseñables, agás unha moi clara dos locais, que puido decantar o encontro da sua banda, pero non culminarían a xogada en gol, para sumar un só punto.

 

CD Lalín 2-2 SCDR Esteirana

Un punto que sabe a vitoria, polas circunstancias que se deu. Chegaba a Esteirana a casa do lider, e tras caer na anterior xornada co Ribeira por 6-0, e non amosou complexos, ainda que recibía o 1-0 aos 18 minutos de xogo, por medio de Brais. Óliver a media hora de xogo empataba, e nada máis comezar a segunda metade, Elías Ruso, facía o 1-2, (48´). Chegaron os problemas ca expulsión de MJ, (69´), tendo que poñerse baixo paus o goleador Óliver, Tocou defender. pero a mala sorte chegou no desconto final, pois Manuel Tobío, facía em propia porta o 2-2.

 

CF Dumbría 3-0 SD Agolada

Gran encontro dos dumbrieses que teñen en Diego Estévez a sua perla da costa. O fisterrán facía os dous primeiros do seu equipo, (6´) e 53´), e xa suma 11 goles, sendo o máximo realizador da categoría, saíndolle a media a 1 gol por encontro. Dani González completaba a goleada, (66´), para seguir optando a todo.

 

CD Baio 3-3 Puebla FC

Os erros atrás condenaron a un CD Baio, que sempre se foi recuperando a cada vez que se adiantaban e os visitantes empataban, pero regalou dous puntos, máis ca sumar un. Pazos poñía por diante aos de Baio no minuto 51, tras unha primeira metade na que non se movía o marcador. Bendaña igualaba para os visitantes, cáseque nada máis sacar de centro, e coa mesma, MC, voltaba a poñer por diante aos baieses, (54´). De penalti empataba de novo o encontro Bendaña, (53´), e non tardaba en poñer por diante aos do Platas Reinoso, Pazos, (79´), pero na desfeita das defensas, en contra dos ataques, Abeijón, poñía o defninitivo 3-3, (83´).

 

RESTO DE RESULTADOS

SR Calo 1-2 Cidade de Ribeira CF

SD Negreira 2-0 CF Silleda

SD Cruces 1-1 SD Tordoia

CF Vista Alegre 0-1 Flavia SD

 

CLASIFICACIÓN

 

-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

-Tódolos resultados do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ.

 

-Foto arquivo e Texto : piratasdemuxia