CRÓNICAS 11ª XDA DA LIGA DA COSTA : “SÓ O MAZARICOS PINCHA DOS PERSEGUIDORES DO LIDER CASTRÍZ”.

 

-Crónicas 11ª Xornada-

O Castríz segue mantendo a distanza de 6 puntos co segundo, Porteño e 7 co Muxía e Mazaricos. Os mazariquenses foron os únicos que non gañaron dos de arriba pasando a cuarta praza cos mesmos 22 puntos co Muxía. Por abaixo o colista Volantes fixo un bo encontro a pesares de caer polo abultado resultado de 1-8, a tenor das verbas de Miguel Chouza, adestrador do lider e Baiñas e Camelle seguen en tendeza mala, así coma o Monte Louro que se engancha, (coma o Cee), a loita pola permenenza, tendo en conta que os loureses foron un dos destacados do inicio de liga, chegando a ser líderes.

Agradecer a tódolos adestradores a sua colaboración e dicir que as verbas aquí servidas son deles e nada máis ca deles. As que faltan iremos subíndoas segundo nos chegue, e nos que non poñemos ou ben son porque non nos chegan, non temos comunicación, ou porque non queren comentar nada, cousa que respetamos, pero nunca porque nós non queiramos poñelas.

 

Volantes de Baño FC 1-8 SD Castríz

Gustavo Figueiras, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : “A espera de comentario…”

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz) : “Partido estrano e difícil de describir, no que na primeira parte o Volantes xogaría moi ben e na que en cambio nós disporíamos de numerosas ocasións de gol. Despois do descanso non houbo partido e irían caendo os goles. Comezou xogando o Volantes a un nivel altísimo no primeiro cuarto de hora, saíndo xogado desde atrás a pesar da nosa presión, e merecidamente se poría por diante por medio dun golazo desde lonxe. Nós, sin dominar o xogo, éramos moi superiores na súa área, e teríamos moitas ocasións de gol, entre elas un gol anulado, das que só acertaríamos en dúas, a través de Sebas e Adrián García. Co 1-3 de Sebas nada máis saír dos vestiarios, o Volantes viríase abaixo e de aí ó final irían caendo os nosos goles ata o 1-8 por medio de Sebas, Adrián e Noly. Castigo inmerecido para este Volantes moi ben traballado por Gus, que competiu a un alto nivel ata que o marcador lles lastrou anímicamente”.

Goles : Polo Volantes : Borja facía o 1-0 no minuto 3. Polo Castríz : Sebas Rial, (4), Adrián García, (3) e Noly.

 

UC Cee 1-3 CF Muxía

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “A espera de comentario…”

Nando Waldemar, (Adestrador do CF Muxía) : “Foi un partido moi malo pola nosa parte, na primeira parte non fomos capaces de aplicar un ritmo de xogo que nos permitira superar ó rival, estivemos moi lentos co balón, moi apáticos e mal na toma de decisións. Na segunda parte houbo unha certa melloría que nos permitiu loitar pola victoria. Na miña opinión persoal foi un partido que puido rematar en empate, temos moito que aprender deste encontro, Desexárlle moita sorte ó Unión Club Cee”.

Goles : 0-1, Manu Nogueira, (31´); 0-2, Fran Moreira, (55´); 1-2, Bruno, (74´), 1-3, Darío, (desconto).

 

O Mazaricos non pasou do empate ante o Cabana.

 

CF Mazaricos 1-1 Cabana SD

Marcos Rodríguez, (Adestrador do CF Mazaricos) : “A espera de comentario…”

Pablo Rodríguez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido mui serio ante un dos favoritos a pelear a liga e o ascenso no que sacamos un punto pero ca mente de que se puido sacar os tres, e ningún o mismo tempo. Primeira parte con muitas ocasións para os dous equipos, eles con tiros desde fora da área que saen por pouco, e nós con chegadas polas bandas que non definimos ven ou acerta o porteiro, máis algun penalti que non sinalou o árbitro. Casi antes do descanso un boa contra que empeza Mario desde o noso campo, combina ben con Miguel que deixalle un man a man co porteiro a Mario e fai ó 0-1. Xa na segunda parte máis do mism, o nós non atinamos a facer o segundo e si o Mazaricos o gol do empate, nun balón morto na nosa área que non despexamos con máis contundencia. Un par de xogadas nas que para nós son penaltis claros e non se pitan, ata o 90′ que si que pita un a favor do Mazaricos, (decir que mui claro, pero igual de claro que os tres que reclamamos nós), aí aparece o noso Manu que saca unha man a baixo para desviar a corner e deixar o marcador a 1-1, e traer un punto para Cabana”.

Goles : 0-1, Mario, (41´); 1-1, Kevin, (51´).

 

Corme CF 3-1 SD Coristanco

Adrián Lema, (Adestrador do Corme CF) : “A espera de comentario…”.

Carlos “Kalipo”, (Adestrador do Cortistanco) : Prefire non comentar os encontros por motivos persoais con outro medio e non facer comentarios con ningún. 

Goles : 1-0, Alejo, (20´); 2-0, Isra, (56´); 2-1, Diego, (59´); 3-1, Hugo, (80´).

Incidencias : O árbitro Eduardo Eiríz, expulsou ao xogador do Corme, Alejo con vermello direto no 45, e aos xogadores coristanqueses, David López, (45´e 53´), e Daniel Vázquez, (66´e 77´), con dobre carón.

 

CF Porteño 0-0 Outes FC

Jesús Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) : “Partido no que merecemos gañar ampliamente por ocasións. Moi intensos, moi ben na primeira metade pero foi o títpico día no que fallas e fallas, e ademáis o porteiro deles parou moi ben. O segundo tempo xa fixemos fútbol máis direto con máis corazón que cabeza, pero as ocasións non quixeron entrar. O campo estaba inclibado hacia a porta deles pero non tivemos a definición doutros días, e tamén repito, a gran actuación do seu porteiro. Eu xa lle dixen os rapaces, as veces con moito menos imos gañando por 2-0 ou así”.

Álex Romero “Aliños”, (Adestrador do Outes FC) : “Seguramente o partido máis díficil que tivemos que disputar ata agora polo rival que tiñamos enfronte e polo escenario, nun terreo moi esbaradizo, onde varios xogadores tiveron problemas para manter o equilibrio. Acabamos un punto a pesar de ser sometidos en moitos momentos polo Porteño, que nos obrigou a defender área case de maneira constante, onde os centros laterais e e balóns longos á frontal foron continuos nun campo de tan reducidas dimensións. Dani estivo fántastico con varias intervencións de moito mérito cando xa se cantaba o gol nas gradas. Faltounos un pouco de pausa e unha mellor toma de decisión nas transicións para ameazar de maneira mais constante ao Porteño. Por ocasións debo recoñecer que o Porteño sería un xusto vencedor, pero hoxe tivemos a pizca de sorte que nos faltou nalgún outro partido e poidemos seguir sumando.”.

Goles : 0-0

 

CD Baiñas 0-2 Ponteceso SD

Ángel Insua “Roski”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Partido igualado donde consiguen poñerse por Diante e nos non dimos creado ocasións claras para empatar….xa volcados marcan o 0-2 no 90… Presión alta do Ponteceso que nos obligou a xoghar directo. Eles defenderon moi ben non nos permitiron ocasións claras. Millor nos na segunda parte pero non alcanzou. Eles millor na primeira. A boa noticia si hai algunha e que ca fomos 16 e non se lesionou nadie. Xogaron: Maikel, Raúl, Rodrigo, Manu, Héctor, Fabián, Adrián, Maikol, Cristian, Kevin e Ruli. Tamen xogaron , Charlie, Oreiro, Marcos e Santi”.

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Partido con pouca historia. Apenas houbo xogo bonito. Os dous xogamos moi directo, quizáis nós intentamos xogar un pouco máis pero tampouco nada do outro mundo. O resultado estivo no aire ata o final. Michael estivo moi ben sacando varias paradas que retrasaron a sentencia do choque. O Baíñas en ningún momento entregou a cuchara e para nos foron tres puntos moi bós que nos dan opción de poder subir na clasificación si se dan as circunstancias nos próximos xogos”.

Goles : 0-1, Iván Rodríguez, (26´); 0-2, Hadrián, (90´).

 

 

ENCONTROS XOGADOS SÁBADO

Dos encontros xogados o sábado xa vos puxemos as crónicas trala disputa dos mesmos. O camariñas derrotaba o Monte Louro por 1-4, e polo mesmo resultado derrotaba o Muros o camelle. Podes ver as crónicas PREMENDO AQUÍ.

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores

-Foto Mazaricos-Cabana : Jorge Villar “Gorrión”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies