CRÓNICAS 11ª XDA DA 3ª DA COSTA : “O OZA AGUANTALLE O PULSO O LIDER INTRATABLE, XALLAS, NUNHA XORNADA NA QUE SE APRETA A LOITA POLOS POSTOS DE PROMOCIÓN”.

 

Volveu a Fontenla o lider Xallas con toda a forza e goleaba ao Nantón, namentras que dos seus perseguidores só o Oza sacaba os 3 puntos, pois o Sofán B empataba no San Andrés co Zas e o Malpica caía de maneira sorpresiva, non pola derrota senón polo abultado da mesma, (0-5), ante un Lira que se engancha a loita pola promoción, en principio, subindo a cuarta praza cos mesmos 19 puntos co Malpica, ao que supera por golaveraxe, e a 4 puntos do terceiro que é o filial sofanista e a 5 do segundo, SD Oza.

Agradecer a tódolos adestradores a sua colaboración e dicir que as verbas aquí servidas son deles e nada máis ca deles. As que faltan iremos subíndoas segundo nos chegue, e nos que non poñemos ou ben son porque non nos chegan, non temos comunicación, ou porque non queren comentar nada, cousa que respetamos, pero nunca porque nós non queiramos poñelas.

 

-CRÓNICAS 11ª XORNADA-

 

SD Laxe 0-2 SD Oza

Quinta vitoria consecutiva do Oza que só perdeu ante o lider, Xallas, na 3ª xornada de liga, (4-0), dende aquela 3 empates e 5 vitorias, para situarse segundo en solitario cun punto sobre o Sofán B, e a 4 do lider. O encontro foi moi trabado en especial na segunda metade, con moitas faltas e moitos paróns, en parte polo apretado do resultado, xa que ata que marcou Hugo o 0-2 no 81, o redsultado viña co axustado 0-1, con gol de Isaac no 9.

Miguel Sande, (Adestrador do SD Oza) : “Comentario en espera…”.

Goles : 0-1, Isaac, (9´); 0-2, Hugo, (81´).

Incidencias : O colexiado Luis M. Insua expulsou con vermello direto no 88 ao xohgador laxense, Romero, e amosoulle aos laxenses 4 cartóns amarelos por 6 que viron os ocenses.

 

O Cerqueda nas Fontiñas.

 

Atlético Pereiriña FC 1-1 UD Cerqueda

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido nefasto do noso equipo no que as baixas non son disculpa. Non entramos ben desde o principio e demos unha imaxe penosa. Fixemos un gran partido a semana pasada e pensamos e creémonos o que non somos. Un partido sen demasiadas ocasións para ningún equipo no que na 1ª parte fannos o 1-0 no 25′, nunha mostra de pasividade nosa e acto seguido fixemos o 1-1, nun tiro de Suso no que o porteiro rival non estivo acertado. Unha ocasión máis de Suso, e fin da 1ª parte. A 2ª parte malísima por ambos equipos na que nos quitaron un penalti de libro a Suso e uns minutos finais onde se puido gañar xogando direto…Paso atras e a seguir”.

Goles : 1-0, Antón, (16´); 1-1, Suso, (17´).

 

O Ameixenda que xogou en Buño.

 

SDC Buño 3-0 SD Ameixenda

Prensa SD Buño : “Partido de dominio local de principio a fin no que a pesar dese control, aos oleiros custoulles abrir a lata e non sería ata o minuto 32, cando Brais vería portería para facer o 1-0. A pesares do dominio, o Buño non acababa de atoparse cómodo sobre o terreo e tralo paso por vestiarios, melloraría o xogo dos locais, quenes lograrían aumentar a súa renta cun bo disparo de Elías Suárez dende a frontal da área. O Ameixenda tivo unha boa ocasión para facer gol logo dun exceso de confianza dos locais, pero non acertaría. Logo disto, as chegadas de perigo e as ocasións foronse sucedendo para os branquiazuis pero non lograrían bater ao gardameta visitante ata que Alán definiría unha boa acción colectiva para poñer o definitivo 3-0”.

Fernando Domínguez, (Delegado do SD Ameixenda) : “Segundo partido consecutivo no que se ve unha mellor versión do equipo. Mellor parado no campo ainda que de vez en cando concédense algúns regalos. De primeiro, como era de esperar, mais posesión do Buño e o Ameixenda tratando de sair a contra, pero non se acertaba nos últimos pases para poder facer perigo. O Buño, con varios corners e faltas cerca da área tampouco poñía en atrancos a Costa mais alá dun remate ao longueiro. Sí aproveitaron un rexeite do propio Costa para facer o 1-0 no m.29. No segundo tempo, aos poucos, o Ameixenda foi tendo mais o balon. E cando mellor estaba o equipo, un fallo de marcaxe permítelle ao Buño facer o 2-0 dende a frontal da área, m.56. A entrada de Canosa, David e Dani, os tres no m.58, doulle mais profundidade ao Ameixenda, e así Dani por dúas veces e Lagoa tiveron boas ocasións para marcar. Pero o Buño fixo o terceiro no m.75 nunha moi boa xogada dos dianteiros. En definitiva un partido, sobre todo no segundo tempo, mais igualado do que mostra o marcador. A ver se pasiño a pasiño se vai competindo mais e mellor. Todos pelexaron e loitaron, pero gustaríame destacar o bo partido de Christian, central que debutaba hoxe procedente do Baiñas. Moi atento e rápido todo o partido.
Xogaron polo Ameixenda: Costa, Maldonado, Christian, Louzán, Barreiro, Juan Lagoa (Pikita 83′), Kampy, (Dani 58′), Evaristo (Canosa 58′), Torices, Óscar (David 58′) e Damián”.

Goles : 1-0, Brais, (32´); 2-0, Elías, (56´); 3-0, Alan, (74´).

 

Bonito encontro o que se veu no San Andrés.

 

Sporting Zas 2-2 Sofán SD B

Rubén Forján, (adestrador do Sporting Zas) : “Partido en San Andrés con moita espectación e con moi boa acollida entre o público (houbo unha boa entrada de aficionados),quizais por ser un dos partidos mais interesantes da xornada ligueira e que polo que comentou a xente o finalizar, non defraudou. Pasou un pouco de todo. Comenzou mellor o Sporting Zas,mellor asentado e creando moito perigo na área do Sofán e así anotaron moi pronto (min 2 e 9 creo de partido) Andres e Lucas. A partir do 2-0 aínda se tivo algunha ocasión mais pero non se materializou.O Sofán fixo un cambio no min.20 e ahí xa empezou a cambiar o encontro, tamén porque despois de ese cambio, lesionabase Peke dun xeonllo e como a semana pasada sentou como un xarro de auga fría de novo.Sofán comenzou a levar o peso do encontro e o Sporting non lograba hilar xogadas cerca da súa área;así finalizando a primeira metade apareceu Adrian Vazquez primeiro de cabeza nunha xogada ben trenzada polo Sofan e despois dun rexeite de saque de banda que poñía o partido en tablas. Unha situación que non damos controlado porque levamos encaixando nos últimos minutos contra Lira, Oza e agora Sofán que nos mata animacamente.

Tras o descanso, Sofán saiu como antes do descanso pisando o acelerador e afogándonos na nosa área,as mellores ocasións foron para eles pero modificamos o debuxo tras as primeiras substitucións e acabamos tendo ocasións moi claras na porteria deles (Javi Suarez estrellou un balón o longueiro e tivemos 3 ocasións bastantes claras dentro da area pequena.Acabariamos xogando con 10. Oa expulsión de Dario, e os xogadores bastante exaustos do esforzo e a a última acción do partido tivoa o Sofán nun 1 contra 1 contra o nos porteiro que atallou ben Pereiras e que deixaría o encontro finalmente en tablas”.

José Barca, (Adestrador do SD Sofán B) : “Foi un partido no que entramos moi durmidos o campo e eles con 5 marchas máis e en 8 minutos xa perdíamos por 2-0, moi similares, sorprendéndonos con pases da morte, e puido chegar o terceiro nun par de boas ocasións máis que tiveron. Trocamos o sistema e unhas cousiñas e comezamos a facernos co peso partido con moitas chegadas por banda e conseguimos empatar, cun centro lateral que remata moi ben Adrián a porta e outro un par de minutos despois, xa en desconto antes do descanso, no que Adrián en xogada persoal manda pola mesma escadra un tiro dende fora do área. Na segunda saimos igual e nos primeiros 10-15 minutos tivemos varias ocasións para poñernos por diante e a partires de aí o encontro volveuse tolo e primeiro eles puideron poñerse por diante con boas ocasións en especial un balón o longueiro de Javi Suárez de falta, e nós un par de mans a mans, e boas ocasións, ata no descotno con outro man a man. Puido caer o encontro de calquer banda, polo que me parece que o empate foi xusto…A seguir aprendendo pouco a pouco”.

Goles : 1-0, Andrés, (2′); 2-0, Lucas Caamaño, (8′); 2-1, Adrián, (44′); 2-2, Adrián, (45´+2).

Incidencias : O colexiado Óscar Santos, expulsou con dobre cartón o local, Darío, (83´e 90´), e con vermello direto no desconto final o visitante Ramón.

 

UD Corcubión 6-3 Sporting Seaia CF

Carlos Lema : “A espera do seu comentario…”.

Óscar Moscoso, (Adestrador do Sporting seaia CF) : “Encontro o que chegamos plagado de baixas, (14 convocados dos cales 3 tocados e un enfermo). Ainda asi entramos ben no inicio do partido ata que nos puxemos 0-1 pero enseguida nos descompuxemos con 2 erros de bulto en 2 minutos nos cales lle deron a volta o marcador, remóntannos 2-1 e antes do descanso, incluso puidemos volver a empatar pero a mala sorte quixo que o balón non entrase. A partir de aí na segunda metade o partido xa se rompiu totalmente con moitas transicións e na cal estivemos demasiado erraticos en fase defensiva. Tivemos as lesións de Alex, Joel, e Juni”

Incidencias : Desexarlle aos lesionados do Seaia, Alex, Joel, e Juni, unha pronta e satisfactoria recuperación.

 

Xallas FC 8-1 CD Nantón

Jorge Quintáns “Churian”, (Adestrador do Xallas FC) : “Comentario en espera…”.

Jorge Calvete, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido controlado polo Xallas, pero no que empezamos enchufados, tocaban e tocaban, pero o final pase largo de Stiven a banda, sin perigo ata unha que centran no 15 e mete Ruper en porta, e despois nun corner empatamos, un pase longo ventrado peinano e entra, man a man de Redondo para o porteiro, e despois outro balón centrado e gol, e xa foi gol tras gol”.

Goles : Polo Xallas : Sergio Barbeira, (2´), Alberto, Rubén Blanco, (3), Joser e Adrián Forján, (2).

 

SCD Malpica 0-5 CF Lira

Miguel Ángel Rodriguez, (Adestrador do SCD Malpica) : “Comentario en espera…”.

Roberto Amoedo “Tasky”, (Xogador do CF Lira) : “Primeira parte moi igualada e con moitas ocasións por ambas partes, partido roto de ida e volta na que a fortuna caiu para o noso lado. Fomos 0-3 como puidemos ir 3-0, e na segunda parte nos máis seguros defensivamente e con contras perigosas, ata que dun disparo lonxano marcamos o cuarto e aí xa acabou o encontro. Despois o final o quinto e incluso un disparo que deu no longueiro e botou dentro pero que o árbitro non viu. Resultado moi engañoso posto que o Malpica foi dono do partido en xogo e na primeira parte tamén en ocasións, pero non estiveron atinados e nos sí. Da gusto ver cómo xogan e así van gañar moitos partidos”.

Goles : 0-1, Oli, (12´); 0-2, Oli, (22´); 0-3, Ramón, (25´); 0-4, César, (70´); 0-5, Pablo, (86´)

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

Calendario completo : PREME AQUÍ

 

-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez

-Foto Zas-Ameixenda : Prensa Sporting Zas

-Foto montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”