CRÓNICAS 10ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “POR ARRIBA SÓ FALLA O CASTRIZ, E DO 7º PARA ABAIXO SÓ GAÑA O COLISTA, OZA”.

 

Crónicas 10ª Xornada

 

SD Oza 2-1 UD Cerqueda

Choque tenso antre dous rivais direto na loita por evitar o descenso, con moito ainda por xogar. David López adiantaba aos da parroquia carballesa aos 13 minutos de xogo, e mediada a primeira metade empararía para os cerquedenses Crístian, 833´), pouco duro o empate, pois no 40 Dani Mato, facía o que o final sería o 2-1 que lle daba os puntos os ocenses. A segunda metade foi moi traballa, con xogo brusco, e acabaría ca expulsión por dobre cartón de David López, tras unha enganchada, na que vía o segundo cartón amarelo, (38´e 68´). Tamén vería o vermello direto o delegado de campo ocense, Sebastián Andrade.           

 

SD San Lorenzo 1-0 Cabana SD

Mereceu o empate o Cabana nun duelo xogado de poder a poder, pero no que foron mellores en varios intres do choque. tras unha gran ocasión cabanesa, chegaba o gol que lle daría a vitoria aos de Verdillo, por medio de Garrido, (36´). Co gol estivo mellor o equipo de Verdillo, e xa na segunda metade eran os de Cabana, os que levaban o peso do encontro, puido sentenzar o equipo verdillés, pero tamén puido igualar o cabanés, que perdía por dobre cartón a Pablo Márquez, (45´e 65´), pero ainda así nunca deron o encontro por perdido, Tamén perdía o San Lorenzo a Andy, con vermello direto, (88´), nun tramo de encontro moi trabado polas numerosas faltas. 

 

UC Cee 4-2 SD Coristanco

Mellor o UC Cee ata que consigueu o 3-0 e púxose a controlar e deixar ir pasando tempo. Os ceenses nunha gran primeira metade adiantábanse por medio de Adrián Canosa, (20´), e abrían fenda no marcador a media hora de xogo cun tanto de Gabriel Pazos, (33´). Co encontro controlado e o Coristanco tentando meterse no encontro, Bruno facía o terceiro dos ceenses, e parecía que finiquitaba o choque, pero un paso adinate dos da Terra da pataca, que acurtaban por medio de Javi Martínez, que él mesmo practicamente tralo saque de centro, poñía un esperanzador 3-2, (79´e 82´). Perigou a partires de aí, o que pouco antes parecía un cómodo trunfo local. Cos coristanqueses merodeando o empate, Carlos Trinidad, no desconto, decantaba o choque para os ceenses, nun bo encontro de fútbol no Sampaio de Refoxos.

 

Outes FC 3-0 Ponteceso SD

Destapouse o equipo da Serra na faceta goleadora, tan só en dous encontros marcara máis dun gol, e non chegara en ningún dos disputados aos 3, sendo cáseque todo resultados pola mínima, pero eso sí, unha portería a cero máis, e xa van 8 de 10, e con tan só 2 goles en contra. Joao Vitor aos 23 minutos de xogo facía o primeiro, e único que se vería na primeira parte. Xa na segunda Adrián Caamaño, abría terra de por medio, e pasada a hora de xogo, Yago Dosil, (67´), facía o que pechaba a goleada, ante un Ponteceso, que non foi o de outras tardes.

 

CD Muros 2-2 Volantes de Baño FC

Reparto de puntos no derbi muradán, antre dous equipos que loitan por afastarse dos postos de descenso. Houbo 4 goles, pero puido haber moitos máis, e decantar o choque para uns ou outros. Kevin Lariño abría o marcador para os de Baño aos 27 mintos de xogo, e pouco despois, Santi Rodríguez, poñía terra de por medio, ante a satisfacción da sua parroquia, pero un penalti antes de irse a vestiarios, era clave. Iván Caamaño non fallaba, (45´), e quedaba todo aberto para a segunda metade. Co resultado incerto, e xa cando se ía aos minutos finais, aparecía Xabier, que batía a Xandre, para facer o definitivo 2-2. Con todo iso, no desconto ainda puideron romperse as táboas. 

 

Muxía CF 5-1 UD Corcubión

Prácida tarde para o Muxía, que non atopou rival nun Corcubión que se pareceu máis ao de inicio de campaña. Mauro Romaní, (26´), Álex Martínez, (36´) e Maikel Mouzo, (41´), xa deixaban o choque practicamente resolto na primeira metade. Repetía Mauro a volta de vestiarios, (52´), e completaba a “manciña”, Manu Nogueira xa no treito final, (81´). O gol da honra corcubionesa, xa no desconto, tiña a sinatura de Carlos Lojo, que batía a Joselu dende os 11 metros.

 

Camariñas FC 2-2 SD Castriz

Reparto de puntos antre dous dos “gallitos” da liga. Comezou mellor o equipo xalleiro sendo o que mandaba no encontro, e adiantándose por medio de Mourelle, (28´). O gol foi co que se iría o descanso. Xa na segunda metade comezou a fianñar o Camariñas xogo e conseguía empatar por medio do incombustible, Mouriño, (56´), pero a ledicia duraba pouco, pois Carlos Paredes respostaba o gol camariñán co segundo dos xalleiros, (61´). O equipo camariñán que xa buscaba o gol da vitoria dende o empate, acadaba o premio a insistencia no desconto, co tanto de Mario Suárez, que poñía a igualada no marcador.

 

Corme CF 2-0 UD Monte Louro

Mereceu a lo menos o empate o equipo lourés, pero topouse con Corme CF, que segue a surtise de xuvenís e que xoga con moita soltura e confianza. Ainda que as mellores ocasións do encontro foron para os de Louro, foron os cormeláns os que madaban o balón ao fiondo das redes, e non a madeira, como lle pasou aos visitantes nun par de ocasións. Hugo Paredes, aos 11 minutos de xogo, abría o marcador, e Miguel Verán en propia porta no desconto final, finiquitaba o encontro para os do Roncudo. Segundo nos informa Edu Cambón, o xogador cormelán Jesús Romero, nun choque fortuito sufría a rotura dos osos propios do nariz. Foi trasladado onte mesmo o hospital, onde foi operado satisfactoriamente. Tamén tivo que levar puntos de sutura o xogador lourés implicado, Antonio. Sucedía esto no minuto 74 de partido, o que tivo varios minutos parado o xogo.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

-Tódolos resultados do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ.

-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Foto arquivo e Texto : piratasdemuxia