CRÓNICAS 10ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “O PORTEÑO ABRE FENDA TRAS EMPATAR OS 3 MÁXIMOS PERSEGUIDORES”.

 

CF Castrelo 2-4 Atlético Pereiriña FC

Deixou escapar unha ventaxe de 2-0 o Castrelo, ante un Atlético Pereiriña, que xogou preto de media hora cun menos, por expulsión de Brais Lado por dobre cartón. Foi mellor o equipo vimiancés na primeira metade, nun Municipal de Vimianzo, moi encharcado. Moito fútbol direto e adiantábanse os locais por medio de Rubén, aos 4 minutos de xogo, e collían maior ventaxe aos 28 minutos, cun tanto en propia porta de Grille. Na segunda metade nada máis sair o campo xa acurtaba Fabián para os da Pereiriña, (46´), e dez minutos despois Carlos Antelo poñía a igualada, (57´). Xa xogando con dez, Fabián facía o 2-3, (70´), e cun xogo moi trabado, repleto de faltas, en especial dos visitantes, na procura de defender o resultado, e co choque cheirando a empate, chegaba en pleno desconto o gol de Martín, que lle cortaba ás as os vimianceses.

 

SCD Buño 2-2 SD Camelle

Punto de titáns dos camelláns, que tiveron que xogar o final da primeira metade e toda a segunda cun home menos, trala expulsión no 43 do meta David Caamaño, expulsado con vermello direto o facer penalti. Nun Xabiña, máis para watterpolo que para fútbol, adiantábase o equipo oleiro aos 21 minutos de xogo por medio de Luis. A resposta camellana chegaba no 42 por medio de Sergio. Antes do descanso o penalti, que materializaba Sergio Bastón, xa con Dido como porteiro. Na segunda metade con máis patadón ca outra cousa, chegaba o gol de Rodri a bote pronto, (69´).

 

Xallas FC B 4-1 SCD Malpica

Moi mal comezaron as cousas para o Malpica cando aos 9 minutos de xogo xa perdía 2-0, con goles de Jota, (6´), e Adrián Forján, (9´), pero a pesares de que daba a impresión que ía caer outra abultada goleada, levantáronse do mazazo, acurtaron distanzas cun tanto de Rafa Hombre, (45´), e mantiveron toda a segunda metade a incerteza do resultado, pois os goles xalleiros non chegaron ata o desconto, por medio de Bryan, e Jota, este último de penalti.

 

Sporting Zas 2-2 CD Baiñas

Encontro de alto nivel antre dous dos aspirantes a todo, e que comezou con moito fútbol e rematou con moita tensión, con ata 4 exppulsados, no tempo de desconto, Pablo e Manuel Fuentes, nos zacenses e Crístian Canosa e Raúl González no Baiñas. Foi mellor de incio o equipo baiñés, que se poñía 0-2, con goles de Crístian Canosa, (1´9 e Esteban Canosa, (3´), non se quedou sen fala o equipo zacense, a pesares do mal inicio, e pronto acurtaban distanzas por medio de Dani Mato, (12´). Puido pasar de todo, con claras ocasións para ambas escadras, ata o descanso, e durante toda a segunda metade, pero trala trifulca cos expulsados e cas cousas medianamente calmadas, Dani Mato facía o 2-2.

 

SD Ameixenda 1-5 CD Nantón

Deixou resolto o choque o equipo nantionés en media hora, con goles de Iván Moreira, (2´), Fran Gavín, (19´), e Pastoriza, (31´). Acurtou ventaxe o equipo ceense antes da hora de xogo, por medio de Crístian Caamaño, (59´), pero pronto matou definitivamente Manuel Márquez o encontro, (74´). Iván Moreira, que abrira a goleada, pechouna no desconto.

 

CF Porteño 3-1 CF Lira

Solucionou o tema po Porteño pola vía rápida nun A Grixa moi pesado pola choiva. Lucas Caamaño, facía o seu 16ª gol da tempada, o ex do Bergantiños marcaba aos 7 minutos de xogo, o segundo chegaba un minuto despois por medio de Paredes, e o terceiro aos 37 minutos, obra de Álan, outra das perlas porteñas. Pablo Leis acurtaba distanzas no 54, pero houbo ata final, máis loita que fútbol. No desconto vían vermello direto, o adestrador da Ponte do POrto, Javi Baña, e o seu xogador, Cabanas.

 

-Xogado o sábado-

Sporting Seaia CF 1-5 SD Laxe

Os seaieses levan esta tempada gañados un encontro como local e outro como visitante, que rían repetir no seu feudo, pero un penalti aos 12 minutos de xogo xa poñía as cousas difíciles. Ángel Torres, transformaba o penalti para os laxenses, e dous minutos despois, él mesmo, poñía terra de por medio, (14´). Ferreiro no 24 acurtaba distanzas, e parecía que abría unha porta a reacción, pero pouco despois, Santi Casas, (35´), poñía o 1-3, para irse o descanso cunha boa renda. Torres no treito final, (82´), completaba un “Hat-trick”, e o incombustible Felipe, practicamente tralo saque de centro dos seaieses, facía o definitivo, 1-5, (87´).

Tralo encontro, o equipo da parroquia malpicana tivo unha cea-baile en Buño, para disfrute dos afeccionados. 

Sporting Seaia CF : Ánxo Pérez, Carracedo, Muiño, Iván, Ferreiro, Alex Mato, Sergio, Isaac, Ánxo Pose, Sergio Fernández, Pablo. Tamén xogaron : José Suárez, Mario, Añón e Diego.

SD Laxe : Jacobo, Mikel, Pombo, Jacinto, Iago, Gora, Alejandro, Miguel, Pablo, e Cebey. Tamén xogaron : Felipe, Jorge, Jesús, e José Ángel.

Goles : 0-1, Miguel Ángel Torres, (12´de penalti); 0-2, Miguel Ángel Torres, (14´); 1-2, Ferreiro, (24´); 1-3, Santi Casas, (35´); 1-4, Miguel Ángel Torres, (82´); 1-5, Felipe, (87´).

Árbitro : David Castreje Ferrío. Amonestou a Cebey, polo SD Laxe, (27´). Nun encontro moi limpo.

 

CLASIFICACIÓN

 

-Tódolos resultados do Fútbol da Costa Senior, masculino e feminino, e veteranos : PREME AQUÍ

-Tódolos resultados do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ.

-Crónicas do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ.

 

-Foto arquivo e Texto : piratasdemuxia