CRÓNICAS : 10ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : “TRUNFOS DE XALLAS, E MAZARICOS, E DUMBRÍA NO DERBI CO SONEIRA, DERROTAS DEBAIO E ESTEIRANA”.

 

Soneira SD 1-2 CF Dumbría 

Trunfo para seguir optando a tovdo para o equipo dumbriés, que ten en Diego Estévez o seu gran baluarte. O xogador fisterrán que recalou esta tempada en terras dumbriesas, xa suma 9 goles, co que lle marcaba ao Soneira, aos 26 minutos de xogo, que que lle serve para ser o máximo artilleiro da categoría, Co 1-0 íanse a vestiarios, e nada máis comezar a segunda metade, Darío Capelo xa abría fenda no marcador, (49´). Reaccionou pronto o equipo de Vimianzo, e 3 minutos despois poñíase no encontro cun tanto de Ricardo. Puido caer algún gol máis por ambas partes, especialmente por banda local, pero a boa defensa dos dumbrieses impideu o empate, que tería sido o máis xusto.

 

CF Silleda 3-4 CF Mazaricos

Partido dos que gustan ver e no que os mazariquenses déronlle a volta a un 2-0 en contra, con goles de Marcos, (33´), e Adrián Cives, (41´), que conseguían empatar antes de irse a vestiarios. A volta deles, Cives, repetía para o 2-3, (61), reaccionaban os silledeses que empataban por medio de Samuel, (70´), e xa no desconto final, Cives completaba un “Hat-trick”, e dáballe a vitoria aos mazariquenses.

 

Cidade de Ribeira CF 6-0 SCDR Esteirana

Sete en branco dun dos favoritos a todo, a unha Esteirana que saeu mal o encontro e na primeira metade xa se veu goleado. Con 4-0 íanse os xogadores a vestiarios, con goles de Chrístian, (4´), Adao, (12´e 37´), e Aguado, (41´). Na segunda metade Pérez, (67´) e Anthony, (82´), completaban a goleada.

 

SD Tordoia 1-3 Xallas FC

Encontro controlado polos xalleiros que se poñían 0-2 na primeira metade con goles de Esteban Capelo, (5´), e José Caneda, (35´). Na segunda metade Stefan, (58´), facía 0 0-3, que xa mataba o encontro. O gol dos tordoieses facía o seu gol no desconto por medio de Manuel Vázquez. O choque no treito final volveuse moi bronco, con demasiadas faltas e paróns no xogo.

 

Flavia SD 4-1 CD BaioSD Agolada

Mala primeira metade dos baieses nun Municipal do Souto, moi pesado polas intensas chuvias. Os de Félix Raposo xa se ían a vestiarios perdendo 3-1. Uxío aos 13 minutos abría o marcador para os padroneses, e Joaquín, (30´), e Iván, (39´), poñían o 3-0 no marcador. Santiso, antes de irse o descanso facía un esperanzador gol para os baieses, pero a resposta local era contundennte facendo o que sería definitivo 4-1.

 

RESTO DE RESULTADOS

Puebla CF 0-1 SD Negreira

Cordeiro CF 0-0 SR Calo

SD Cruces 1-0 CD Lalín

SD Agolada 3-1 CF Vista Alegre

 

CLASIFICACIÓN

 

Tódolos resultados do Fútbol da Costa : PREME AQUÍ

-Foto arquivo e Texto : piratasdemuxia