CRÓNICAS 10ª XORNADA DA 1ª GALICIA A COSTA/SANTIAGO GRUPO 2B : “O MAZARICOS NOVO LIDER NUN “PEDRA D´OURO” QUE SEGUE SEN VER UN GOL EN CONTRA…O VOLANTES SORPRENDE O DUMBRÍA, E O BAIO GOLEA A DOMICILIO”.

1ª GALICIA A COSTA/SANTIAGO GRUPO 2B

O Mazaricos novo lider nun “Pedra d´ouro” inexpugnable.

 

10ª Xornada

Domingo 9 de Xaneiro 2022

Soneira SD Corme CF

-Aprazado por casos de COVID-19-

Hora : 

Campo : 

Colexiado : 

 

Dumbría e Volantes ofreceron un bo encontro no Conco.

 

CF Dumbría  2-3 Volantes de Baño CF

Hora : 16:30

Campo : “O Conco”, (Dumbría)

Colexiado : Sergio Bermúdez Seoane. Amosoulle 1 cartón amarelo aos locais, e 3 aos visitantes.

Topouse o equipo dumnriés cun Volantes de Baño moi forte en defensa, e cun Alberte en plan felino, e que soubo aproveitar a que tivo na primeira metade, para adiantarse por medio de Godo ao fío do descanso, (44´). Dispuxo de varias ocasións de perigo o equipo do Conco para adiantarse, pero irían o descanso cun gol en contra dos chamados psicolóxicos. Nada máis voltar ao céspede, Codesal facía o gol do empate, nunha rápida contra, pero non tardaba en poñerse de novo por diante o equipo de Baño, o aproveitar Álex, un rexeite para batir a Ánxo Lema, (56´). Buscou logo o equipo muradán o control e ir que fosen pasando os minutos, ante un Dumbría que o tentaba pero que se topaba cun muro. Tras un primeiro aviso con intervención extraordinaria do meta dumbriés, chegaba o gol a saida dun saque de curruncho, que de testarazo impecable marcaba Pablo, xa en tempo de desconto. De seguido acurtaba de novo distanzas o xove muxián Lucas Toba, pero xa sen tempo para máis.

 

SD Negreira Ponteceso SD

-Aprazado por casos de COVID-19-

Hora : 

Campo : 

Colexiado : 

 

Mazaricos CF 1-0 SD Tordoia

Hora : 16:00

Campo : “Pedra d´ouro”, (Pino do Val-Mazaricos)

Colexiado : Jorge Andrés Izzi. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais, e 4 amarelos e 2 vermellos, (ambos no desconto), aos visitantes.

Completo encontro e moi disputado o vivido na “Pedra d´ouro”, que ainda non sabe o que é ver un gol en contra do CF Mazaricos no que vai de liga. Os mazariquenses leváronse os 3 puntos e o liderato, con 1 punto máis cos tordoieses, (segundos), e 3 máis co SD Negreira, (3º), con un encontro menos o equipo nicraniense. Mario Núñez rompía as táboas no marcador o batir a Alejandro Estévez, aos 73 minutos de xogo.

 

CD Belvís 1-3 CD Baio

Hora : 16:30

Campo : “As Cancelas”, (Santiago de Compostela) 

Colexiado : Rodrigo Nieto Abelenda. Amosoulle 5 cartóns amarelos aos locais, e ningún aos visitantes.

A pesares da climatoloxía e do inicio vertixinoso que tivo o encontro con gol dos baieses aos 6 minutos de xogo, por medio de Fran Chouza, e o empate de penalti dous minutos despois, con gol de Rubén, foron impoñendo o seu xogo e poñíanse por diante antes do descanso, con gol de Braian, (41´), e asestaban o golpe definitivo pasada a hora de xogo, por medio de Yago, (68´), para levarse 3 puntos moi importantes, superando o CF Dumbría e collendo a 4ª praza, as portas dos postos de “Play-Off”.

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Foto Mazaricos : Jorge Villar “Gorrión”

-Foto Dumbría-Volantes : FaceBook Volantes de Baño

-Texto : piratasdemuxia