CRÓNICAS 10ª Xda PREFERENTE NORTE : “VITORIA DO FISTERRA E DERROTAS DE SOFÁN E XALLAS”.

 

PREFERENTE NORTE

RESULTADOS

(Equipos “Zona Pirata”)

-10ª Xda-

Xallas 2-3 San Tirso

Residencia 1-2 Fisterra 

Sofán 1-3 Viveiro

Boiro 0-0 Atlético Arteixo 

Atl. Coruña Montañeros 0-0 Laracha 

Noia 2-1 Sigüeiro 

 

CRÓNICAS

 

SD Residencia 1-2 SD Fisterra

Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido moi igualado na primeira parte. Gol no minuto 20 de Breixo nun centro-chut lateral donde o porteiro puido facer algo máis para paralo.
Muito centrocampismo nun campo moi grande para nós. Na segunda parte, no munuto 25 empatou o Residencia nunha xogada pola banda, pase atrás e gol. Fixemos cambios para refrescar o equipo e dou resultado, cunha xogada por banda de Dani, entrou na área e fixéronlle penalti que marcou Julián. Co 1-2 sufrimos os ataques do Residencia, e varios cornes dos que conseguimos sair airosos e aguantar ata o final este bo resultado. A pesar das baixas de Capelo e Taboada, conseguimos sumar 3 puntos máis”.

 

FICHA TÉCNICA

 

++++

 

SD Sofán 1-3 Viveiro CF

Marco Suárez, (Adestrador do SD Sofán) : “Chegaba o lider da categoria o Carral e xa dende o inicio se viu que iba ser un partido de poder a poder, porque no primeiro minuto a Sd xa dispuxo da primeira ocasión para adiantarse nun tiro de Alexandre que saiu fora. A réplica tivoa Gerardo nas suas botas nun tiro que sae alto por moi pouco. A Sd impoñia un ritmo alto nos primeiros minutos e nun balón longo milimétrico de Raúl Añón sobre Alexandre, este controla para sacar un forte disparo e adiantar o equipo sofanista no 8′. A Sd queria ser o dono do encontro e nos primeiros 10′ tirou a meta defendida por Manu Cedron ata en 5 ocasións. O Viveiro demostraba tamen o seu potencial con Xaime distribuindo o xogo e con Marino e sobre todo Gerardo creandolle problemas a defensa sofanista, con un gol anulado o Viveiro por fora de xogo e por varias faltas sobre a meta de Alex Lopez e onde sempre creaban perigo.

No 31′, unha internada de Gerardo por banda dereita que cede a Xaime e falla o seu tiro dende case o punto de penalti. No 39′, chegou o empate do Viveiro onde recibe Gerardo entre liñas e demostrando a sua clase saca un pase de rabona, unha das suas especialidades, para poñer un balón a Arturo que se interna na área e bate por baixo a Álex López, resultado co que se chegaria o descanso.

Na reanudación o partido seguíu sendo unha loita por adiantarse no marcador, xa con Parafita no campo para intentar ter mais solucións a hora de rematar xogadas. Pero foi o Viveiro o que estivo mais acertado e no 54′ outro pase de Gerardo sobre Marino que volve a batir a Alex con un bo tiro cruzado e poñer o 1-2. No 64′, producese a expulsión de Alexandre. Cun home menos a Sd seguíuno intentando, e coa entrada no terreo de xogo de Luis creáronse varias ocasións dende a banda esquerda, pero que non se acertaron a rematar. Foi no treito final cando de novo Gerardo, tras gañar varios rexeites pon o definitivo 1-3 no marcador co que se chegaría o final do partido”.

 

FICHA TÉCNICA

 

++++

 

Xallas FC 2-3 San Tirso SD

Adrián Lema, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido que o Xallas saleu enchufado e con moita intensidade. Nunha contra o San Tirso marcou, pero o Xallas competía e quería cambiar o rumbo, e loitaba todos os balóns. Pero na primeira parte non foi capáz de igualar ainda que tivo varias ocasións. Na segunda parte fomos capaces de cambiar certas cousas e xa nos primeiros minutos marcou Jordan, seguíamos levando o peso do partido e tiñamos as ocasións, e así foi Juan de Celia, nunha individualidade fanlle falta na área, e Álex Blanco marca o penalti sinalado. Despois de ter o marcador a favor fómonos un pouco abaixo e con 2 penaltis marca o San Tirso. Ainda así tivemos algunha ocasión clara para sacer algo positivo “.

 

FICHA TÉCNICA

 

CLASIFICACIÓN 

(Equipos “Zona Pirata”)

SD Fisterra : 2º con 21 puntos a 4 do lider Viveiro

SD Sofán : 12º con 13 puntos

Atlético Arteixo : 11º con 13 puntos

CF Noia : 9º con 14 puntos

Laracha CF : 18º con 7 puntos

Xallas FC : 20º con 2 puntos

 

-Foto e texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.