-Crónicas 10ª Xornada-
Xornada prolífica en goles cun total de 36, con goleadas en 6 dos 8 encontros, e cunha nova destacada a do empate do Volantes de Baño que suma o seu primeiro punto da tempada e que mellor maneira de facelo ca no derbi ante o veciño Muros, 8para os de Baño, claro). A inesperada derrota do Mazaricos en Coristanco, (4-1), nun choque no que os mazariquenses mereceron máis, /segundo nos contan), fai que o Castríz, sexa máis lider, agora con 4 puntos sobre o segundo que pasa a ser o Porteño, que arroiaba ao Monte Louro, (5-0). Por abaixo dos 7 últimos só puntuaron o Muros e o Volantes polo empate antre ambos. O Baiñas, Camelle e Cee levaban 6 o lombo e o Monte Louro 5. No medio da táboa o Camariñas cortaba a racha positiva de 3 encontros sen perder do Ponteceso cunha vitoria pola mínima no Pinguel.
Desexarlle que non sexa nada a Adrián do Baiñas que foi ingresado tras problemas respiratorios durante o Muxía-Baiñas.
Os comentarios dos adestradores que ainda non nos chegaron iremos poñéndoos segundo nos cheguen polo que as crónicas están ainda abertas.
CF Porteño 5-0 UD Monte Louro
Jesús Cousillas, (2º Adestrador do CF Porteño) : “Primeiro tempo igualado, intenso con dous equipos bos fisicamente. Tivemos nós algunha ocasión en especial unha de Chipi que se foi por pouco. No descanso falouse que a acitude era mellorable, e antre que eles baixaron un pouco e nós demos unha marcha máis e tralo penalti, que houbo que repetir e tras paralo marcouse no rexeite, xa fomos un vendaval. Marcou de falta Mayor, despois Alan e Chipi por partida dobre. Non é por dicir pero na segunda metade puxéronse as pilas e fixeron as cousas moi ben, ante un equipo que a pesar do resultado gustoume”.
David González “Bibi!, (Adestrador do UD Monte Louro) : “O partido foron duas partes ben diferentes unha primeira igualada onde non estivemos mal e o descanso iríamos 0-0. E unha segunda parte onde nos condiciona unha man non intencionada do noso capitán, co árbitro ve intencionada. Algún día espero entender o das mans ou pitar todas ou ningunha porque sinón e de risa. Esa xogada lastrounos bastante e o Porteño ten moi bo equipo e gañounos xustamente e con comodidade. Andamos nunha racha negativa e intentaremos darlle a volta e conseguir cambiar a situación”.
Goles : 1-0, Chipi, (50´); 2-0, Mayor (73´); ´3-0, Alan, (78´); 4-0, Chipi, (81´); 5-0, Chipi, (86´).
Incidencias : O colexiado Iván Guerra expulsou con dobre cartón ao xogador visitante, Farinós, (88´e 90´). Amosoulle aos locais 4 cartóns amarelos e aos visitantes 6.
Outes FC 3-0 Corme CF
Álex Romero “Aliños”, (Adestrador do Outes FC) : “Penso que levamos o control do partido durante os primeiros 30 minutos, presionando ben a saída de balón do Corme e gañando o segundo balón cando os forzamos á saída directa. Neste tempo fomos capaces de acadar unha renda de dous goles. Logo o partido igualouse, o Corme tivo unha boa ocasión morrendo a primeira metade e outra moi clara na segunda que atallou Dani cunha boa intervención. Nunha contra cando apareceron os espazos, acadamos o terceiro gol que xa decantou o encontro ao noso favor”.
Adrián Javier Lema, (Adestrador do Corme CF) : “A espera…”.
Goles : 1-0, Adrián, (23´); 2-0, Ryam, (26´); 3-0, Yago, (75´).
CD Muros 1-1 Volantes de Baño FC
Ángel Sanandrés, (Adestrador do CD Muros) : “Partido con unha parte para cada equipo. A primeira para os Volantes que dominou e tivoo chegadas e ocasións, e nun corner ben sacado meteron o 0-1 de cabeza. Logo nos os últimos dez minutos tivemos algunha chegada a +area rival pero fómonos así o descando. O segundo tempo xa foi noso con moitas chegadas e ocasións, nas que ben o porteiro o longueiro ou a defensa dos Volantes desbarataban as ocasións, logo tamén nun corner remata Xavi e empatamos o partido. Seguimos empuxando e tendo ocasións, algunha delas moi clara, pero o balón non quixo entrar. Xusto empate nun derbi que coma sempre son partidos moi intensos e moi difíciles. Noraboa a Gus polo gran traballo que fai, e nós a seguir traballando nesta liña e mellorar cada día”.
Gustavo Figueiras, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : “Un partido moi igualado, a primera parte dominámola nós tendo 5 ocasións moi claras, e gracias a Xandre o porteiro do Muros non fomos o descanso gañando por máis. O noso gol foi na salida dun corner que rematou Borja no primeiro pao anticipándose o central. A verdade é que fixemos unha moi boa primeira parte combinando con paredes rápidas e chegando en moitas ocasións, pero na segunda o Muros apretounos máis arriba cunha presión elevada e gracias a eso fixéronse co control no medio campo, e nós só podíamos sair a contra, e o seu gol tamén foi na saida dun corner que rematou Xavi”.
Goles : 0-1, Borja, (11´); 1-1, Xavi Abeijón, (79´).
O Cabana deulle un repaso ao Camelle nas Redondas.
Cabana SD 6-0 SD Camelle
Pablo Rodríguez, (Adestrador do Cabana SD) : “O partido non tivo moita historia máis intensidade pola nosa parte que pola do Camelle que apenas tivo ocasións. Os 6 minutos gol de Aarón no que era un centro que lle sae pechado a portería e entra pola escadra. No 27 o primeiro de Miguelito, e no 39 outro del mesmo, os dous en balóns longos as costas da defensa, que sufria moito. Xa na segunda parte no 60 outra xogada de Miguelito sírvelle a Pablo e o gol casi a porta baleira. No 75 o terceiro de miguelito, que se foi de tres defensas e ata do porteiro para entrar ca pelota na portería, e 85 Aarón, facía o segundo da sua conta, e 61 do equipo, desta vez si dun forte disparo na frontal que pilla distraido o porteiro que contaba cun cetro máis que con un tiro”.
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “O peor partido que fixemos desde que estou aquí de entrenador. Pasáronnos por enriba sin mirar para atrás, non fomos capaces de entrar no partido, e só tiramos un tiro a porta. Eles marcaron 3 goles na primeira parte e que puideron ser moitos máis, e outros 3 na segunda que tamén puideron ser moitos máis. Fixéronnos moito dano con balóns en profundidade pola velocidade dos seus extremos e polas continuas paredes. Poucos goles levamos co que puido ser. Mal partido, dos que tamén se aprende. Toca facer borrón e conta nova, e intentar cambiar a mala dinámica que levamos”.
Goles : 1-0, Aarón, (50´); 2-0, Miguelito, (27´); ´3-0, Miguelito, (39´); 4-0, Pablo, (60´); 5-0, Miguelito, (75´); 6-0, Aarón, (85´).
SD Castríz 6-2 UC Cee
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz) : “Partido marcado pola densa néboa presente durante os 90 minutos, que xeraba un ambiente moi bonito pero dificultaba moito a labor de todos. Non nos esperabamos un Cee tan replegado e o plantexamento de Rafa, cos 11 xogadores en campo propio, cambiounos todo o que tiñamos preparado para o partido, funcionándolle moi ben ó Cee ata que fomos capaces de correxilo. Acertamos a ter varias ocasións de peligro no inicio do partido, ata que Fabián, nunha xogada individual desde a liña defensiva, provocou un penalti e anotouno el mesmo. O Cee non cambiou a pesar de ir co marcador en contra. Nós empezamos a bater unha e outra vez contra o seu muro defensivo e eles cada vez progresaban máis cos seus contraataques, nivelando o partido no xogo e no resultado, cun tiro lonxano que desviou un defensa noso e engañou a David o noso porteiro. De aí ata casi o descanso seguiría a misma tónica, cando nunha boa xogada colectiva nosa, Samuel Rodo centrou e Adrián García rematou de cabeza pola escadra. Este gol fíxolle moito dano ó Cee.
No tempo de lecer fixemos os axustes tácticos necesarios para atacar con éxito un bloque baixo como o de onte do Cee, e moi pronto na reanudación lograríamos romper o partido, cun tanto de penalti de Sebas, cometido sobre Iván Facal, e unha falta directa do propio Iván Facal pouco despois. Co 4-1 e a dinámica do encontro cambiada, apareceron espacios para os dous equipos e ambos puidemos sumar máis goles dos que fixemos nese tramo. Para eles anotou Bruno (con Ezequiel, dous dos mellores xogadores da Costa), e para nós Adrián García con dous disparos desde fóra de área, o segundo un golazo coa perna mala pola escadra, para completar o seu hat-trick”.
Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “A espera…”.
Goles : 1-0, Fabián, (15´de penalti); 1-1, Fraga, (25´); 2-1, Adrián, (44´); 3-1, Iván, (46´); 4-1, Sebas Rial, (54´de penalti); 4-2, Bruno, (60´); 5-2, Adrián, (67´); 6-2, Adrián, (77´).
O Coristanco tirou de pegada para tumbar ao Mazaricos.
SD Coristanco 4-1 CF Mazaricos
Carlos “Kalipo”, (Adestrador do SD Coristanco) : “A espera…”.
Marcos Rodríguez, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido surrealista polo resultado, se non fixemos o mellor partido da tempada, foi o segundo mellor. Moi bo fútbol, do que me gusta a min, con moito ritmo, roubábamos moi alto, pero nas tomas de decisións, os tiros pegaban neles ante un equipo moi ben repregados. Chegábamos ben para a hora do último pase non estábamos moi acertados. Para min a nosa primeira metade foi en canto a xogo, espectacular e tódolos sentidos. Eles pasan unha vez do medio campo balón o dianteiro que está moi listo e no man a man co meu central, puntea eo meu central aroiao e penalti moi craro. Na segunda metade sigo co mesmo equipo pois non había que cambiar nada. O seu porteiro parada tras parada estivo espectacular e conseguimos empatar. O noso porteiro escpáselle o balón das mans pola auga e o dianteiro deles moi atento aproveita e marca. Nós seguimos xogando igual e nunlance do encontro quedan cun menos. Nós arriscamos un pouquiño e pasamos a liña de tres, pero cóllennos a contra un par de veces, non fallaron. Os puntos son para quen marca. Nós fixemos un gran partido pero os puntos leváronos eles. Son dos que penso que xogando así como o fixemos temos máis posibilidades de gañar”.
Goles : 1-0, Diego, (37´de penalti); 1-1, Sueiro, (55´); 2-1, David, (65´); 3-1, David, (72´); 4-1, David, (85´).
Incidencias : O colexiado Mario Balsa expulsou no 68´a Jonathan con vermello direto. Ademáis amosoulle 5 cartóns amarelos aos coristanqueses e 5 aos mazariquenses.
Ponteceso SD 0-1 Camariñas FC
Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Foi un xogo con alternativas para as dúas equipas. O Camariñas estivo mellor no primeiro tempo, levou o peso do xogo e tivo varias oportunidades para incluso sentenciar. Na segunda parte nos melloramos e tamén tivemos as nosas opcións para consegui-la igualada pero non puido ser. Destacar que aínda con un montón de baixas démo-la cara ponhendo varios xuvenís que nos axudaron moito. Felicitar o Camariñas pola vitoria e a seguir remando. Non queda outra”.
Julan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Importante vitoria para cortar Unha mala racha que levàbamos. Partido no que na primeira parte estivemos moi ben conseguindo o gol que a postre nos dou a vitoria, e no que puidemos marcar máis para medio sentenciar o partido. Na segunda parte o Ponteceso creunos problemas sobre todo a balón parado, e debido a que en ataque fallamos para matar o partido, acabamos pasando apuros pero finalmente conseguimos a vitoria que era moi importante para nós”.
Goles : 0-1, Djibril, (23´).
Manu Nogueira fixo dous dos goles muxiáns.
CF Muxía 6-0 CD Baiñas
Nando Waldomar, (Adestrador do CF Muxía) : “Foi un partido no que tivemos o control do balón, houbo fases do xogo nas que combinamos moi ben, conseguindo crear perigo polas bandas. A nivel defensivo estivemos concentrados, realizando boas axudas e gañando moitos duelos individuais. En resumo, fixemos un bo partido pero aínda queda moito por mellorar. A actitude do equipo é boa, nótase o esforzo dos xogadores para poder competir os partidos de mellor maneira”.
Ángel Insua “Rosqui”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Onte fomos a Muxia con 12 xogadores de campo e dous porteiros, dos cales tres estaban tocados. Sabíamos que ainda estando todos é un campo complicado, pois o Muxía ten un gran equipo. Non fomos capaces de competir, prácticamente o partido acabou co 2-0 da primeira parte. Os 20 min Maikol sentiu unhas molestias e non tiñamos cambios pois un dos 12 chegou co partido empezado polo traballo. Aguantamos con él en Punta e a espera do descanso. Xa no descanso tuvemos que facer dous cambios entrenando Maikel por Oreiro (o Porteiro a xoghar delantero) e Rodrigo por Adrián. Tendo que quedar Maikol no campo coas molestias hasta que dei entrada a Ruli que tamen estaba lesionado para completar os últimos 20 min. Foi un partido donde o Muxía xoghou a pracer donde a goleada foi xusta. Estamos con Xogadores lesionados de larga duración, xogadores que abandonan, xogadores lesionados e xogadores tocados….e Unha situación complicada, estamos a ver si conseguimos reforzar a plantilla…Xogaron: Maikel, Raúl, Héctor, Manuel, Charlie, Santi, Adrian, Maikol, Cristian, Oreiro e Fabián. Tamen xogaron Rodrigo, Joel e Ruli”.
Incidencias : Infórmanos Rosqui que : “Adrián tuvo que ir o Hospital pois sentiuse mareado e con falta de respiración, con presión no peito por eso o cambiamos, estuveron facendolle probas e de momento está ben. Esta a espera de ver si deben facer mais probas”…O noso maior desexo de que non sexa nada máis ca un susto.
Goles : 1-0, Manu Nogueira, (3´); 2-0, Fran Moreira, (14´); ´3-0, Mauro, (51´); 4-0, Manu Nogueira, (57´); 5-0, Manuel, (65´); 6-0, Iago Muiño, (60´).
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
CALENDARIO COMPLETO COS RESULTADOS DO XOGADO : PREME AQUÍ
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores
-Foto Mazaricos : Jorge Villar “Gorrión”
-Fotp Muxía : Marina Busto