CRÓNICAS 10ª Xda DA 3ª DIVISIÓN GRUPO NORTE : VITORIAS DO BERGANTIÑOS E FABRIL E EMPATE DO PAIOSACO.

 

CRÓNICAS EQUIPOS COSTEIROS

Viveiro CF 0-4 Bergantiños CF

Recital de fútbol do Bergantiños no “Cantarrana”, onde marcou 4, con “har-trick” de Martín Lamelas e un de Duque, e puideron ser máis. Os de Lemos desarbolaron de principio a fin ao equipo viveirense, que nunca deu a sensación de ser capáz de meterse no encontro ante a superioridade bergantiñana. Os carballeses seguen así persionando ao UD Somozas que gañaba pola mínima ao CD As Pontes.

GOLES: 0-1, Duque. 10´; 0-2, Martín Lamelas, 23´; 0-3, Martín Lamelas, 65`; 0-4, Martín Lamelas, 70´.

SD Fisterra 1-2 Fabril

No duelo de amigos, Valerón e Manuel Pablo derrotaron a Jaime Sánchez, nun choque o que tivo duas partes ben diferenciadas. Na primeira co vento a favor os fisterráns foron superiores ante un Fabril que “achicaba auga”. Álex Ramos pasada a media hora de xogo acadaba o premio do gol chegando dende a trás e de forte dereitaso, ante o que non podía facer nada o meta fabrilista Alberto que foi o responsable de que os fisterráns non se foran o descanso con maior ventaxe. Na segunda metade o Fabril tomou a manixa do xogo e trocou totalmente de faciana. Adri Castro puido poñer o empate nada máis comezar, pero foi no 65 cando un recén incorporado Peke era derribado no área por Aarón López. O penalti do empate materializábao Adri Castro. O gol da vitoria tamén chegaría a balón parado. Javi Sánchez, qe acababa de entrar, (68´),  de falta lonxana facía o segundo. que lle daría a vitoria aos fabrilistas. O equipo coruñés acabaría o encontro cun menos por expulsión de Juan Rodríguz, que vía o segundo cartón amarelo no 83.

UD Paiosaco 2-2 Racing Vilalbés

Necesitaba imperiosamente o equipo de Peisaco unh vitoria para cortar a mala racha que está a vivir e a saida do equipo non puido ser peor, pois aos 3 minutos de xogo adiantábanse os vilalbeses por medio de López, e peor se poñían as cousas cando Cuadrado batía por segunda vez a Ramita, aos 22 minutos de xogo. Puido pechar o encontro antes do descanso o equipo visitante, pero non se movería o marcador. Xa na segunda metadeo equipo peisaqués foi outro e conseguiría meterse no encontro aos 50 minutos de xogo cun tanto de Jesus. Non deron o brazo a torcer os da Porta Sanra e cando parecía que se ían a escapar os puntos apareceu Tani para poñer as táboas no marcador, (87´).

RESULTADOS

Viveiro CF 0-4 Bergantiños CF

SD Fisterra 1-2 Fabril

UD Paiosaco 2-2 Racing Vilalbés

Polvorín 0-0 Agrupación Estudiantil

UD Somozas 1-0 CD As Pontes

Silva SD 2-1 CSD Arzúa

CLASIFICACIÓN

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies